Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2017 Páx. 46601

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 22 de setembro de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 7 de marzo de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente aos exercicios de 2017 e 2018 (código de procedemento TR301K).

A Orde do 7 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente aos exercicios de 2017 e 2018 (código de procedemento TR301K) (DOG núm. 59, do 24 de marzo de 2017), establece na súa disposición adicional primeira que os créditos para o financiamento da orde poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de formación para o emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de subvencións de Galicia.

Na disposición adicional cuarta determina que poderán ditarse resolucións complementarias cando existan fondos provenientes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas, de incrementos das cantidades asignadas á comunidade autónoma pola Administración do Estado ou doutros remanentes dos módulos. Neste caso, agás que se acuda a unha convocatoria complementaria, non poderán terse en conta outras solicitudes nin outras inscricións/acreditacións distintas ás tidas en conta para a resolución inicial.

En consecuencia, ao existiren outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins como consecuencia do aumento da dotación de fondos finalistas realizados pola Conferencia Sectorial, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 7 de marzo de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente aos exercicios de 2017 e 2018, coa finalidade de ampliar a subvención ao maior número de beneficiarios posibles.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron concedidas,

RESOLVO:

Artigo 1

Amplíase o importe total das axudas que se conceden ao abeiro da Orde do 7 de marzo de 2017, nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, con créditos incorporados procedentes de fondos finalistas da mesma aplicación e proxecto que o crédito inicial:

Aplicación

Proxecto

Importe (€)

Inicial

2017

2018

09.41.323A.460.1

2013 00545

5.212.596,00

2.485.248,00

09.41.323A.471.0

2013 00545

26.636.878,00

5.877.766,00

09.41.323A.481.0

201300545

10.444.679,00

5.222.339,00

Ampliación

09.41.323A.471.0

2013 00545

1.500.000,00

09.41.323A.481.0

2013 00545

500.000,00

Total

09.41.323A.460.1

2013 00545

5.212.596,00

2.485.248,00

09.41.323A.471.0

2013 00545

26.636.878,00

7.377.766,00

09.41.323A.481.0

201300545

10.444.679,00

5.722.339,00

Artigo 2

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria