Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 25 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador en materia de residuos LU-RES 2016/104.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola instrutora do expediente sancionador LU-RES 2016/104.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70-2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 25 de setembro de 2017

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 12.5.2017)
Mª Eugenia Gasalla Valle
Xefa do Servizo de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: LU-RES 2016/104.

Interesada: Adriana Tarrío García.

Acto notificado: proposta de resolución.