Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48169

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato de telefonía e datos (expediente 2017/C004/000015).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Intervención.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

iv) Teléfono: 981 69 14 78.

v) Telefax: 981 69 17 86.

vi) Correo electrónico: ana.linares@oroso.es.

vii) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com.

viii) Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2017/C004/000015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: servizos de telefonía e datos do Concello de Oroso.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

d) Prazo de execución e prórroga: ver o artigo 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con pluralidade de criterios de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación: ver o artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación: véxase o artigo 7.2 do prego de cláusulas administrativas.

5. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 107.162,50 euros.

7. Requisitos específicos do contratista: véxanse as cláusulas 3 e 4 do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

i) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 2 de outubro de 2017

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde