Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49279

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de prazas de persoal laboral temporal.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria para cubrir postos de traballo mediante contrato temporal de remuda ao 75 % da xornada:

– Dúas prazas de técnico/a económico-financeiro/a-concurso de méritos.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, praza da Estrela, nº 1.

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro Xeral da Autoridade Portuaria de Vigo, nos rexistros a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, ou telematicamente a través de https://sede.apavigo.gob.es. Se o último día do prazo coincide en sábado, domingo ou festivo, este rematará no seguinte día hábil.

Vigo, 16 de outubro de 2017

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo