Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 50951

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2017 pola que se adhire unha entidade financeira ao convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 euros, subscrito coas entidades financeiras adheridas e as sociedades de garantía recíproca (liña pequenas empresas).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 1 de xuño de 2017, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas empresas de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 euros, instrumentadas mediante convenio de colaboración coas entidades financeiras e coas sociedades de garantía recíproca (liña pequenas empresas). As bases foron publicadas mediante Resolución do 14 de xullo de 2017 (DOG nº 142, do 27 de xullo).

Xunto co texto das devanditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Con data do 19 de outubro de 2017 ratifícase a adhesión da entidade financeira Banco Santander, S.A., polo que cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12.a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e do artigo 11.1.a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Igape,

RESOLVO:

Engadir a entidade financeira Banco Santander, S.A. á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas empresas de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 euros, asinado o 14 de xullo de 2017.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica