Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51144

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 18 de maio de 2017 pola que se convoca a concesión de subvencións para as persoas adquirentes, adxudicatarias ou promotoras individuais para uso propio de vivenda que conten co financiamento cualificado do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012.

A Orde do 18 de maio de 2017 convoca a concesión de subvencións para as persoas adquirentes, adxudicatarias ou promotoras individuais para uso propio de vivenda que conten co financiamento cualificado do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 24 de maio).

O seu artigo 3 establece que as devanditas subvencións se farán efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.80.451B.780.1 do orzamento de gastos do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para o ano 2017, por importe de 499.000 €, e que esta contía poderá ser obxecto de ampliación, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que terá efecto logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 30 do regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

O crédito destinado inicialmente a esta convocatoria resulta insuficiente polo número de solicitudes formuladas e na aplicación orzamentaria correspondente existe crédito dispoñible, polo que se considera oportuno ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente para a concesión das mencionadas subvencións.

Polo exposto, en virtude das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar a dotación orzamentaria para a anualidade 2017 da Orde do 18 de maio de 2017, pola que se convoca a concesión de subvencións para as persoas adquirentes, adxudicatarias ou promotoras individuais para uso propio de vivenda que conten co financiamento cualificado do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012.

O incremento da dotación será de 70.000 €, con cargo á aplicación orzamentaria 08.80.451B.780.1 do orzamento de gastos do IGVS para o ano 2017, polo que a contía máxima das subvencións que se poderá conceder queda establecida en 569.000 €.

Esta ampliación non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido no artigo 6 da referida orde, nin supón o inicio dun novo cómputo do prazo máximo para resolver.

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo