Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2017 Páx. 51592

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 25 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, en procedementos de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación 026/2008 AT no concello de Sober.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificado nº 1 LMT, CT e RBT Cimadevila-Bolmente, no concello de Sober, correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Lugo, 25 de outubro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 026/2008 AT.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: Modificado nº 1 LMT, CT e RBT Cimadevila-Bolmente.

Concello: Sober.

Predio

Polígono

Parcela

Titular proposto

Data ocupación

21

48

564

Hrdos. de Concepción Llano Vázquez

1.11.2017

23

48

565/576

Hrdos. de Concepción Llano Vázquez

1.11.2017

30 A

56

16

Nicasio Álvarez Rodríguez

1.11.2017