Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT Vimianzo-PE Muxía, nos concellos de Vimianzo e Muxía (expediente IN407A 2007/396-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 31 de outubro de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2007/396-1.
Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.
Denominación da instalación: LAT Vimianzo-PE Muxía.
Concellos: Vimianzo e Muxía.
Predio |
Concello |
Lugar |
Titular proposto |
Data de ocupación |
134-1 |
Muxía |
Cachelo |
Herdeiros de José Celestino Pereira Vilar |
22.9.2017 |
159 |
Muxía |
Portela Nonim |
José María Domínguez Bello |
22.9.2017 |