Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8550

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2018 pola que se notifica o Acordo do 26 de outubro de 2017 que fixa o prezo xusto do predio número 89 Co, sito en Coristanco, relativo ao proxecto 01616 (expediente 2017/000264).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula a Celia Elisa Lorenzo Rodríguez e 5 máis o Acordo do 26 de outubro de 2017 que fixa o prezo xusto do predio número 89 Co, sito en Coristanco, relativo ao proxecto 01616 (expediente 2017/000264), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada poderá tamén interpor directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2018

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01616-vía de alta capacidade Carballo-Berdoias. Clave: Ac/06/140.01.75-pc.

Nº de expediente: 2017/000264.

Persoa a quen se vai a notificar: Celia Elisa Lorenzo Rodríguez e 5 máis.

Expropiante: CMATI Servizo de Infraestruturas da Coruña.

Expropiado: Celia Elisa Lorenzo Rodríguez e 5 máis.

Beneficiario: Autoestrada Costa da Morte, S.A. (Soc. Conc. Xunta de Galicia).

Predio nº: 89 Co.

Concello: Coristanco.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do Xurado: 363,75 €.