Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2018 Páx. 10756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, de notificación da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación LMT derivada Santiago da Veiga (Sarria).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no BOE», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica denominada LMT derivada Santiago da Veiga, que terá lugar na casa do concello de Sarria como punto de reunión, segundo o calendario e os datos que se sinalan no anexo que se xunta.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 6 de febreiro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 008/2016 AT.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT derivada Santiago da Veiga.

Concello: Sarria.

Predio

Polígono

Parcela

Titular

Data do acto

Hora

15

14

709

Alejandro Daniel Rguez. Saavedra

6.3.2018

11.00

31

502

345

José Penela Castro

6.3.2018

12.00