Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2018 Páx. 11442

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2018 pola que se dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 15 de xuño de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 119, do 23 de xuño) pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a programación de accións formativas realizadas polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para a realización de actividades de formación continua na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2017.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17, punto b), da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.

Na súa virtude, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal, por delegación da conselleira,

RESOLVE:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 15 de xuño de 2017 (DOG nº 119, do 23 de xuño) pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a programación de accións formativas realizadas polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para a realización de actividades de formación continua na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2017.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2018

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2016, DOG nº 223, do 23 de novembro)
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Convocatoria:

Orde do 15 de xuño de 2017 (DOG nº 119, do 23 de xuño) pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a programación de accións formativas realizadas polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para a realización de actividades de formación continua na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2017.

Programa e crédito orzamentario:

Esta orde financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.422L.770.0, código de proxecto 2016-00213, por un total de 31.309,58 euros. Financiarase integramente con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao 75 %.

Finalidade:

Programación de accións formativas, efectuadas polas entidades colaboradoras desta Consellería do Medio Rural, para a realización de actividades de formación continua profesional, orientadas a persoas con relación profesional ou con expectativa de incorporación nos sectores produtivos da agricultura, da gandaría, da industria agroalimentaria e da cadea forestal-madeireira na Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios/as e subvención:

Expediente

NIF/CIF

Nome

Axuda

MR204A-2017/1

B70253158

Mª Jesús Castro Moledo

870,73 €

MR204A-2017/4

G32246951

Fundación Coren

1.675,00 €

MR204A-2017/7

B32440919

Cabo Formación, Negocios y Certificaciones, S.L.

1.750,00 €

MR204A-2017/11

G15556707

Aselaga

7.126,79 €

MR204A-2017/13

G32349169

Asociación Agrogandeira Ourensán

8.387,09 €

MR204A-2017/14

G27310044

Asociación Profesional Gandeiros de Lugo

9.019,46 €

MR204A-2017/18

G27023951

Sindicato Labrego Galego

975,51 €

MR204A-2017/28

B27239136

Estudios Rafer, S.L.

900,00 €

MR204A-2017/31

G32026056

Apetamcor

605,00 €