Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 5 de abril de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN661A 2016/1, no concello de Mañón.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada repotenciación do parque eólico Serra da Panda, nos concellos de Mañón e Ortigueira (expediente IN661A 2011/1), acto que terá lugar sobre o terreo segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 5 de abril de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2016/1.

Entidade beneficiaria: Iberdrola Renovables Galicia, S.A.

Denominación da instalación: repotenciación do parque eólico Serra da Panda.

Concellos: Mañón e Ortigueira.

Predio

Concello

Pol.

Parc.

Titularidade proposta

Data

Hora

45

Mañón

26

666

Descoñecida

24.5.2018

11.30

47

Mañón

26

664

Descoñecida

24.5.2018

11.45