Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2018 Páx. 28610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 30 de maio de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración nos expedientes de expropiación IN6661A 2004/9-1 e IN661A 2007/2-1, no concello de Muxía.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase do traslado das follas de valoracións da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados polas instalacións denominadas parque eólico Muxía I e parque eólico Muxía II, no concello de Muxía (expedientes IN6661A 2004/9-1 e IN661A 2007/2-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 30 de maio de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expedientes: IN6661A 2004/9-1 e IN661A 2007/2-1.

Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.

Denominación das instalacións: parque eólico Muxía I e parque eólico Muxía II.

Concello: Muxía.

Predio

Lugar

Titularidade

503

Agra Nova

Caridad Louzán Rodríguez

903

Prado de Serra

Francisco Rodríguez Vázquez

1113

Trozo da Croa

Mª Elena Rodríguez Touriñán