Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2018 Páx. 31732

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 13 de xuño de 2018 pola que se notifican os acordos mediante os que se resolven os recursos de reposición contra a fixación do prezo xusto de varios predios (expediente 2017000276 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial do Estado (BOE) de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 e de conformidade cos artigos 10.1.i ) 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01654, Cs e LMTS de evacuación da fotovoltaica Monte Sangal. Expediente IN407A 2014/78-4. Tm Cerdedo.

Concello: Cerdedo.

Provincia: Pontevedra.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Deleg. Prov. de Pontevedra. Oficina de Vigo.

Beneficiaria: Compañía Fotovoltaica O Sangal.

Acto notificado: resolución de recurso de reposición.

Persoas a quen se notifica

Data do acto que se notifica

Nº de expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Ramiro González Rico

Ramiro González Rico

Ramiro González Rico

26.4.2018

26.4.2018

26.4.2018

2017000276

2017000277

2017000278

1

2

3

   209,18

1.226,91

   153,62