Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2018 Páx. 31730

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 13 de xuño de 2018 pola que se notifica o Acordo do 26 de abril de 2018 que fixa o prezo xusto do predio número 76, sito na Teixeira, relativo ao proxecto 01726 (expediente 2018/000213).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a José Alberto Gómez Ramos o Acordo do 26 de abril de 2018 que fixa o prezo xusto do predio número 76, sito na Teixeira, relativo ao proxecto 01726 (expediente 2018/000213), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01726-Acondicionamento e mellora integral da estrada provincial Ou-0606 Valilongo-A Teixeira. Clave: 133/pos/2016. TM A Teixeira.

Nº de expediente: 2018/000213.

Persoa que se vai a notificar: José Alberto Gómez Ramos.

Expropiante: Deputación Provincial de Ourense.

Expropiado: José Alberto Gómez Ramos.

Beneficiario: Deputación Provincial de Ourense.

Predio nº: 76.

Concello: A Teixeira.

Provincia: Ourense.

Valoración da resolución do Xurado: 23,25 €.