Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2018 Páx. 32236

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente de expropiación 011/2010 AT, nos concellos de Castro de Rei, Pol e A Pastoriza.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, nos se puidese practicar...» mediante este anuncio infórmase da consignación dos prezos xustos determinados polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación denominada «LAT 132 KV subestación Ludrio-subestación Meira» nos concellos de Castro de Rei, Pol e A Pastoriza, correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Lugo, 20 de xuño de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo