Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 3 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN661A 2016/1, nos concellos de Mañón e Ortigueira.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada repotenciación do parque eólico Serra da Panda, nos concellos de Mañón e Ortigueira (expediente IN661A 2016/1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 3 de xullo de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2016/1.

Entidade beneficiaria: Iberdrola Renovables Galicia, S.A.

Denominación da instalación: repotenciación do parque eólico Serra da Panda.

Concellos: Mañón e Ortigueira.

Predio

Concello

Titularidade proposta

Data de ocupación

45

Mañón

Descoñecida

29.6.2018

47

Mañón

Descoñecida

29.6.2018