Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada recuamento LMT, CES-705 entre CT Vilanova e derivada CT O Asadiño, no concello de Abegondo (expediente IN407A 2015/545-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 12 de xullo de 2018
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2015/545-1.
Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación da instalación: recuamento LMT, CES-705 entre CT Vilanova e derivada CT O Asadiño.
Concello: Abegondo.
Predio |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
4/1 |
Descoñecida |
30.7.2018 |
7 |
Descoñecida |
30.7.2018 |