Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2018 Páx. 38176

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de xullo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións de valorización das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN500B).

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 150, do 7 de agosto de 2018, é preciso efectuar as seguintes correccións:

Engadir nesta resolución o anexo VIII de medidas informativas e publicitarias do financiamento público do proxecto, ao cal se fai referencia no número 1.f) do artigo 24 da dita resolución.

ANEXO VIII

Conforme o establecido no artigo 24.1.f) da resolución, os beneficiarios das axudas deberán comunicar o carácter público do financiamento do proxecto. Deberán colocar polo menos un panel (dun tamaño mínimo A3) ou unha placa con información sobre o proxecto, co deseño que figura neste anexo, onde se destaque a axuda financeira recibida nun lugar ben visible para o público. Cando o obxecto da axuda sexa maquinaria, equipamento informático, de telecomunicacións ou calquera outro ben no cal, pola súa estrutura ou tamaño, non sexa posible identificar unha situación adecuada, o cartel ou placa poderá ser substituído por un adhesivo ou impresión.

missing image file