Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2018 Páx. 39530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación SEM 2015/50, nos concellos de Arteixo e A Coruña.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación denominada poliduto e instalacións auxiliares para descarga de cru no porto exterior de Punta Langosteira, nos concellos de Arteixo e A Coruña (expediente SEM 2015/50), acto que terá lugar nas dependencias municipais correspondientes segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 20 de agosto de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SEM 2015/50.

Entidade beneficiaria: Repsol Petróleo, S.A.

Denominación da instalación: poliduto e instalacións auxiliares para descarga de cru no porto exterior de Punta Langosteira.

Concellos: Arteixo e A Coruña.

Predio

Concello

Titularidade proposta

Lugar

Data

Hora

C-CO-28

A Coruña

Herdeiros de Emilio Rodríguez Figueroa

Centro Cívico Municipal A Silva

13.9.2018

12.45