Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2018 Páx. 43264

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, do requirimento de consignación do prezo xusto dos predios afectados polo procedemento de expropiación da concesión da explotación Ampliación As Revas, número 5873.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puido practicar, mediante o presente anuncio requírese a Mercantil Pizarras Veira do Río, S.L. a consignación do prezo xusto dos predios 550, 551 e 552 do polígono 503, do Concello de Mondoñedo, afectadas pola explotación mineira CE Ampliación As Revas nº 5873.

O interesado podrá recoller a notificación do requrimiento na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situada no Edificio Administrativo, rolda da Muralla, 70, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencimiento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 12 de setembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo