Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 6 de setembro de 2018 pola que se notifica o Acordo do 28 de xuño de 2018 mediante o que se resolve o recurso de reposición contra a fixación do prezo xusto do predio número 1, sito en Marín, relativo ao proxecto 01713 (expediente 2018/000007).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Ana María Arias González o Acordo do 28 de xuño de 2018 mediante o cal se resolve o recurso de reposición contra a fixación do prezo xusto do predio número 1, sito en Marín, relativo ao proxecto 01713 (expediente 2018/000007), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou da publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 e de conformidade cos artigos 10.1.i ) 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición da interesada nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2018

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01713 Execución da vía e adecuación ao planeamento na rúa Concepción Arenal. Expte. 367/16. Tm Marín.

Nº de expediente: 2018/000007.

Persoa que se vai notificar: Ana María Arias González.

Expropiante: Concello de Marín.

Expropiados: Hros. Antonio Arias Pazos.

Beneficiario: Concello de Marín.

Predio nº: 1.

Concello: Marín.

Provincia: Pontevedra.

Valoración da resolución do Xurado: 5.155,58 €.