Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 6 de setembro de 2018 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2018000466 e sete máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2018

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01555. Ampliación da plataforma e mellora do trazado na Cp 7103 de Laranga a Olveira por Seráns, p.q. 0,000 ao p.q. 6,100. Tm Porto do Son.

Concello: Porto do Son.

Provincia: A Coruña.

Expropiante: Deputación Provincial da Coruña.

Beneficiaria: Deputación Provincial da Coruña.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Hdros. José Benito Resua Bandín

Hdros. Ramona González Queiruga

Vicente Sobrido Ageitos

Hdros. Manuela Enriquez Salido e 4 máis

Hdros. José Benito Resua Bandín

Hdros. José Benito Resua Bandín

Miguel Brión Brión

Gumersinda Montemuíño Pérez

28.6.2018

28.6.2018

28.6.2018

28.6.2018

28.6.2018

28.6.2018

28.6.2018

28.6.2018

2018000466

2018000473

2018000481

2018000497

2018000501

2018000502

2018000512

2018000524

12

42 B

63

158

185

186

268

351

2.782,08

809,72

1.495,34

487,96

1.065,90

887,04

42,25

53,04