Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43442

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 6 de setembro de 2018 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2018000526 e sete máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2018

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01556. Modificado nº 1 da ampliación da plataforma e mellora do trazado na Cp 7103 de Laranga a Olveira por Seráns, p.q. 0,000 ao p.q. 6,100. Tm Porto do Son.

Concello: Porto do Son.

Provincia: A Coruña.

Expropiante: Deputación Provincial da Coruña.

Beneficiaria: Deputación Provincial da Coruña.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Manuel Santos Rego

Manuel Santos Rego

Miguel Brión Brión

Hdros. José Lema Muñiz

Francisco Santos Suárez

Francisco Santos Suárez

Hdros. José Brión Queiruga

Hdros. José Brión Queiruga

28.6.2018

28.6.2018

28.6.2018

28.6.2018

28.6.2018

28.6.2018

28.6.2018

28.6.2018

2018000526

2018000527

2018000532

2018000534

2018000538

2018000544

2018000545

2018000546

14 CO

19 CO

47 CO

53 CO

81 CO

114 CO

115 CO

116 CO

2.156,36

351,04

35,25

43,75

70,28

36,38

4,04

72,77