Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46613

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publica a Resolución do 7 de agosto de 2018 pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as como residentes na residencia xuvenil Altamar, para o curso académico 2018/19.

No Diario Oficial de Galicia núm. 111, do 12 de xuño, publícase a Orde do 30 de maio de 2018 pola que se convocan prazas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2018/19, en réxime de concorrencia competitiva.

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias son as seguintes:

Cidade

Residencia

Número de prazas

Lugo

Centro Residencial Xuvenil LUG

74 Home/muller

Ourense

Florentino López Cuevillas

55 Home/muller

Vigo

Altamar

91 Home/muller

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 7 e 11.5 da referida Orde do 30 de maio de 2018, que a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no enderezo http://xuventude.xunta.gal

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación da Resolución definitiva do 7 de agosto de 2018 pola que se aproba a relación da lista de admitidos/as e lista de agarda para a Residencia Xuvenil Altamar de Vigo, para o curso académico 2018/19, e na páxina web
http://xuventude.xunta.gal. O texto completo non se publica no Diario Oficial de Galicia na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para o coñecemento íntegro da resolución, notificouse persoalmente a cada persoa interesada.

Segundo. A adxudicación de prazas vacantes con posterioridade á resolución realizarase, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 11.3 da orde de convocatoria.

Terceiro. A Resolución do 7 de agosto de 2018 pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da resolución, ou impugnalas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución (artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

Vigo, 3 de outubro de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo