Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2018 Páx. 47119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 15 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, de convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do parque eólico de Carracedo (expediente LU-11/126-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convocánse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica do parque eólico de Carracedo, segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 15 de outubro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente LU-11/126-EOL.

Denominación: parque eólico Carracedo.

Convocatoria levantamento actas previas: 5 de novembro as 12.00 no Concello da Pastoriza (Lugo).

Predio

Propietaria

Anotación correo

Zona

Polígono

Parcela

14

Fe Muíña Fernández

Descoñecida

12

2

151