Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2018 Páx. 48721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2018, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se acorda realizar o pagamento do prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola obra proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-130, treito Mugardos-Ares, punto quilométrico 0+320-3+980, clave AC/16/085.06, no concello de Mugardos.

En cumprimento do artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, acordo facer o pagamento do prezo xusto por mutuo acordo dos bens e dereitos afectados pola obra proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-130, treito Mugardos-Ares, p.q. 0+320-3+980, clave AC/16/085.06, no concello de Mugardos, que se relacionan no anexo.

O pagamento realizarase mediante transferencia bancaria a quen figura como titular na acta previa. No suposto de cambio na titularidade da propiedade que figura na acta previa, deberán achegar documentación que acredite a transmisión da propiedade e DNI do novo titular.

A contía que se deberá pagar será o resultado de deducir do prezo xusto o importe correspondente ao depósito previo. Para proceder ao pagamento, os titulares dos bens e dereitos afectados deben proporcionar un certificado de titularidade da conta bancaria co número de conta completo (incluído IBAN), dentro dos quince (15) días naturais, no cal todos os propietarios figuren conxuntamente como titulares. No caso de que no dito período non se proporcione a documentación, a transferencia aos titulares non se poida levar a cabo e/ou a propiedade dos bens e dereitos afectados non se acreditase suficientemente, o importe do prezo xusto depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia.

A documentación requirida debe presentarse por calquera dos seguintes medios: nas oficinas de asistencia en materia de rexistros, nas oficinas postais dirixidas ao Servizo de Infraestruturas da AGI da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 8ª planta, 15071 A Coruña), mediante presentación electrónica no enderezo
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A, ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos cales se ignore o seu domicilio ou ben a quen, tentada a súa notificación, non se puido efectuar.

A Coruña, 28 de setembro de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Predio

Letra

Apelidos

Nome

3

Cartelle Roca

Antonio

3

Gómez Martínez

Obdulia

5

Sastre Martín

Agustín

5

Sánchez Pena

Isabel

6

Salgado Sousa

Manuel

6

Cartelle Vilar

Eva

10

Silven Otero

Juan José

10

Montes García

María Cristina

11

Varela Rey

María del Carmen

11

Fernández Tizón

Román

16

López García

Dolores

16

Vilasánchez López

Francisco Javier

17

A

Feal García

Eva María

18

Feal García

Eva María

19

García Castro

Manuela

19

Feal Campos

José Antonio

19

A

García Castro

Manuela

19

A

Feal Campos

José Antonio

20

García Castro

Manuela

20

Feal Campos

José Antonio

21

Payo Díaz

Benito

21

Payo Díaz

Josefa

22

Feal Campos

Luis

30

Martínez Gómez

Manuel Ángel

30

Bardanca López

Josefina

36

Gallego Saavedra

María del Carmen

36

Gallego Saavedra

Juan Gregorio

36

Gallego Saavedra

Santiago

38

Martínez Rivera

Antonio