Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2018 Páx. 48874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2018, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se acorda realizar o pagamento do prezo xusto por mutuo acordo dos bens e dereitos afectados pola obra Proxecto de construción dun novo enlace da AP-9 coa cidade de Santiago de Compostela, no punto quilométrico 70+000 (clave AC/16/108.01), no concello de Santiago de Compostela.

En cumprimento do artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, acordo facer o pagamento do prezo xusto por mutuo acordo dos bens e dereitos afectados pola obra Proxecto de construción dun novo enlace da AP-9 coa cidade de Santiago de Compostela, no punto quilométrico 70+000 (clave AC/16/108.01), no concello de Santiago de Compostela que se relacionan no anexo.

O pagamento realizarase mediante transferencia bancaria a quen figura como titular na acta previa. No suposto de cambio na titularidade da propiedade que figura na acta previa, deberán achegar documentación que acredite a transmisión da propiedade e DNI do novo titular.

A contía pagadoira será o resultado de deducir do prezo xusto o importe correspondente ao depósito previo. Para proceder ao pagamento, os titulares dos bens e dereitos afectados deben proporcionar un certificado de titularidade da conta bancaria co número de conta completo (incluído IBAN e BIC) dentro dos quince (15) días naturais, no cal todos os propietarios figuren conxuntamente como titulares. No caso de que no devandito período non se proporcione a documentación, a transferencia aos titulares non se poida levar a cabo e/ou a propiedade dos bens e dereitos afectados non se acredite suficientemente, o importe do prezo xusto depositarase na caixa xeral de depósitos.

A documentación requirida debe presentarse por calquera dos seguintes medios: nas oficinas de asistencia en materia de rexistros, nas oficinas postais dirixidas ao Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, 15071 A Coruña), mediante presentación electrónica no enderezo https://sede. xunta. gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A, ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos cales se ignore o domicilio, ou ben a quen, tentada a súa notificación, non se lle puido practicar.

A Coruña, 2 de outubro de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Predio

Letra

Apelidos

Nome

56

Antelo Torres

Daniel

7

Baluja Puente

María

46

Castañón Quiñoy

Ricardo

47

Castañón Quiñoy

Ricardo

17

Castelao Ramos

Arturo

23

Castelao Ramos

Arturo

70

Montoiro Baluja

Hrdos. Jesús

28

Montoiro Pereira

Mónica e Rosa Ana

67

Montoiro Pereira

Mónica e Rosa Ana

93

Montoiro Rivas

Andrés

93

CO

Montoiro Rivas

Andrés

40

Montoiro Rivas

José

40

CO

Montoiro Rivas

José

42

Montoiro Rivas

Santiago

42

CO

Montoiro Rivas

Santiago

92

CO

Montoiro Vigo

Sara

38

Mosteiro Sixto

Jesusa

6

CO

Mourullo Botana

Josefa

18

CO

Otero Fernández

Consuelo

24

Otero Otero

Margarita

72

Otero Otero

Margarita

80

Otero Otero

Margarita

44

Otero Puente

Consuelo

32

Pejito Iglesias

Dolores

96

Puente Fontao

Manuel e outros

21

Seoane Varela

María Luísa

20

Varela Munín

José M.