Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2018 Páx. 48993

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de novembro de 2018, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se sinala a data para a formalización das actas de ocupación do expediente de expropiación da obra do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA na estrada AC-550, p.q. 80+400, clave AC/17/092.06, no termo municipal de Porto do Son.

En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este servizo resolveu proceder a efectuar o pagamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación correspondentes aos expedientes de expropiación forzosa instruídos con motivo das obras do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA na estrada AC-550 p.q. 80+400, no termo municipal de Porto do Son, aos propietarios das fincas cuxa relación figura exposta no taboleiro de anuncios do Concello referido, que se efectuará proximamente mediante transferencia bancaria.

No caso de non ter presentado o certificado de titularidade de conta bancaria, con códigos IBAN e BIC, e a copia do DNI, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos, conforme o disposto no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957.

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957 convócanse ao acto de formalización das actas de ocupación que terá lugar:

Concello: Porto do Son.

Lugar: salón de plenos do Concello de Porto do Son.

Data: 13 de decembro de 2018, das 11.00 ás 12.00 horas.

No mesmo acto ofertaranse aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, advertíndolles aos titulares que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado e que non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, polo que deberán achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros e que deberán identificarse co documento nacional de identidade.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase o anuncio no Boletín Oficial del Estado, o que servirá de notificación aos propietarios descoñecidos e dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben se, tentada esta, non se puidese efectuar.

A Coruña, 6 de novembro de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña