Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2018 Páx. 49016

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a concesión de catro bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega, da lista de persoas suplentes.

Mediante a Resolución do 19 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, aprobáronse as bases reguladoras e convocáronse 100 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega (DOG núm. 45, do 5 de marzo).

Por Resolución do 27 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, resolveuse a dita convocatoria das bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, concedendo a bolsa a un total de 100 beneficiarios (DOG núm. 167, do 3 de setembro) que figuran no anexo I da devandita resolución.

No artigo 2 desa Resolución do 27 de agosto de 2018, recóllese que dado que o número de persoas matriculadas foi superior ao número de bolsas convocadas, establécese segundo o establecido no artigo 16.2.b) da resolución, unha lista de persoas suplentes que se relacionan no anexo II, formada por aquelas persoas solicitantes que acreditaron estar matriculadas nun máster e non foron adxudicatarias da bolsa para o caso de renuncia ou baixa dalgunha das persoas adxudicatarias.

Dado que tres persoas beneficiarias da bolsa, presentaron a súa renuncia, con data do 26 de setembro de 2018 publicouse a Resolución do 19 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración (DOG núm. 184), pola que se resolveu a concesión de tres bolsas de excelencia para a mocidade do exterior ás tres primeiras persoas da lista de suplentes.

Con posterioridade, Dennys Graceffi Monteagudo, Daniela Alonso Merchán, Sandra Suárez Sánchez e Cecilia Pallas Lorenzo, que tamén foron beneficiarias desta convocatoria de bolsas, presentaron escrito de renuncia.

De conformidade co disposto nos artigos 11 e 16 da Resolución do 19 de febreiro de 2018, a Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno como órgano instrutor do procedemento, unha vez recibidas as renuncias á bolsa presentadas polas persoas antes referenciadas, á vista da lista de suplentes, e unha vez verificada a aceptación da adxudicación da bolsa segundo a orde de puntuación, formulou a correspondente proposta de resolución para a concesión da bolsa ás catro persoas da lista de suplentes que lles correspondía.

Vista a lista de suplentes e verificada a súa aceptación da adxudicación da bolsa e tamén á vista da proposta de resolución da Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno e de conformidade co establecido na resolución da convocatoria,

RESOLVO:

Artigo 1

Conceder a bolsa ás persoas da lista de suplentes que se relacionan no anexo desta resolución para cursar os másteres que se sinalan na correspondente universidade galega, así como o importe que en cada caso lles corresponde.

O pagamento da bolsa realizarase na conta bancaria indicada polas persoas beneficiarias nos prazos establecidos e unha vez presentada a documentación xustificativa segundo o establecido no artigo 20 da resolución.

Artigo 2

As persoas beneficiarias destas bolsas están obrigadas ao cumprimento do establecido no artigo 21 da resolución da convocatoria. Os incumprimentos das ditas obrigas poderán dar lugar ao reintegro parcial ou total, nos termos recollidos no artigo 22 da dita resolución.

Contra esta resolución cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Apelidos

Nome

DNI/pasaporte

País de residencia

Máster

Universidade

Créditos

Anualidade

2018

Anualidade

2019

Importe total

1

Martínez Páez

Melissa Cecilia

*****1847

Uruguai

Edificación Sostible

UDC

60

5.000,00 €

2.650,00 €

7.650,00 €

2

González Pertusio

José Alejandro

*****3319

Venezuela

Dirección de Proxectos

USC

60

5.000,00 €

2.650,00 €

7.650,00 €

3

Seoane Bouzas

Adriana

*****8802

Brasil

Comercio Internacional

UVIGO

60

5.000,00 €

2.650,00 €

7.650,00 €

4

González Marcote

Fernando Raúl

*****5237

Arxentina

Dirección e Administración de Empresas

UDC

60

5.000,00 €

2.650,00 €

7.650,00 €