Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2018 Páx. 52678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do parque eólico da Pastoriza (expediente LU-11/123-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica do parque eólico da Pastoriza, segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoal debidamente autorizado, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 7 de decembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente LU-11/123-EOL.

Denominación: parque eólico da Pastoriza.

Convocatoria levantamento actas previas: 11, 14, 15 e 16 nos concellos de Mondoñedo, A Pastoriza e Riotorto.

Predio

Propietario

Pol.

Parc.

Data do acto

Hora

Concello

88

Venancio González Seivane

12

131

15.1.2019

11.15

A Pastoriza

89

Venancio González Seivane

12

130

15.1.2019

11.15

A Pastoriza

90

Venancio González Seivane

12

129

15.1.2019

11.15

A Pastoriza

210

Antonio Rodríguez Lodos

7

1341

11.1.2019

9.15

Riotorto

26

José Ramón Rego Carballeira

2

150

14.1.2019

12.15

Riotorto