Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2019 Páx. 11182

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público do ano 2018.

A Xunta de Goberno Local en sesión que tivo lugar o día 18 de outubro de 2018 adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público do ano 2018 do Concello de Vilanova de Arousa nos termos que se reflicten no anexo deste acordo.

Segundo. O prazo máximo para a convocatoria dos procesos selectivos incluídos nesta oferta de emprego público será o día 31 de decembro de 2019. En todo caso, deberán desenvolverse dentro do prazo máximo e improrrogable de tres anos contados a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra segundo o establecido no artigo 48.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

ANEXO

Persoal funcionario:

Denominación do posto: arquitecto/a. Número de postos: 1. Subgrupo: A1. Escala/subescala: Admón. especial. Técnica superior. Tipo de provisión: concurso-oposición.

Denominación do posto: técnico superior de FP admón. de sistemas informáticos e/ou telecomunicacións. Número de postos: 2. Subgrupo: B. Escala/subescala: Admón. especial. Técnica informática. Tipo de provisión: concurso-oposición.

Denominación do posto: auxiliar administrativo/a. Número de postos: 2. Subgrupo: C2. Escala/subescala: Admón xeral. Auxiliar. Tipo de provisión: concurso-oposición.

Persoal laboral:

Denominación do posto: encargado de obras e servizos. Número de postos: 1. Subgrupo: C2. Categoría profesional: encargado de obras e servizos. Tipo de provisión: promoción interna horizontal.

Denominación do posto: operario/a. Número de postos: 6. Subgrupo: disposición adicional 7ª do EBEP (Lei 7/2007) (antes E). Categoría profesional: operario/a. Tipo de provisión: concurso-oposición.

Denominación do posto: limpador/a (tempo completo). Número de postos: 4. Subgrupo: disposición adicional 7ª do EBEP (Lei 7/2007) (antes E). Categoría profesional: limpador/a. Tipo de provisión: concurso-oposición.

Denominación do posto: conserxe-limpador CEIP. Número de postos: 2. Subgrupo: disposición adicional 7ª do EBEP (Lei 7/2007) (antes E). Categoría profesional: conserxe-limpador. Tipo de provisión: concurso-oposición.

Proceso de funcionarización de persoal laboral fixo:

Denominación do posto: auxiliar administrativo/a. Número de postos: 1. Subgrupo: C2. Escala/subescala: Admón. xeral. Auxiliar. Tipo de provisión: promoción interna.

Denominación do posto: ordenanza-axente notificador/a. Número de postos: 1. Subgrupo: disposición adicional 7ª do EBEP (Lei 7/2007) (antes E). Tipo de provisión: promoción interna.

Vilanova de Arousa, 4 de febreiro de 2019

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde