Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2019 Páx. 12848

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2016/877-1, nos concellos de Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada liña de evacuación do parque eólico Pena Forcada-Catasol II, nos concellos de Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas (expediente IN407A 2016/877-1), acto que terá lugar nos propios predios segundo o calendario e os datos que se indican no anexo que máis abaixo se detalla para, posteriormente, proceder á redacción final das ditas actas nas dependencias municipais que sinalen os propios concellos.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 21 de febreiro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/877-1.

Entidade beneficiaria: Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U.

Denominación da instalación: liña de evacuación do parque eólico Pena Forcada-Catasol II.

Concellos: Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas.

Predio

Concello

Titularidade proposta

Data

Hora

77

Laxe

Veciños de Coens

20.3.2019

10.40