Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 22 de marzo de 2019 Páx. 15611

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de marzo de 2019 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a // axudante/a de cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Unha vez presentada a renuncia dunha vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a axudante/a cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Irene Mosquera Rex como vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a axudante/a cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal suplente do dito tribunal a Paula Oliete Trillo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda