Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 22 de abril de 2019 Páx. 19389

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 1 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para o fomento do desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e a competitividade no sector da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

O Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (en diante, disposicións comúns dos fondos EIE); e o Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, constitúen o marco de financiamento comunitario para o período 2014-2020 que, entre outros, ten como obxectivo apoiar actuacións que fomenten un sector da pesca e acuicultura sustentables e respectuosos co ambiente para acadar os obxectivos da política pesqueira común (PPC) en consonancia cos obxectivos da estratexia de Europa 2020. Por outra banda, mediante a Decisión do 13.11.2015, a Comisión aprobou o programa operativo para España do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para efectos de concesión de axudas do devandito fondo neste Estado membro, de maneira que este contribúa á estratexia da UE para un crecemento intelixente, sustentable e integrador e á consecución dos obxectivos temáticos seleccionados e as prioridades da Unión.

O Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, establece as medidas financeiras da Unión para a aplicación da política pesqueira común, das medidas pertinentes relativas ao dereito do Mar, do desenvolvemento sustentable das zonas pesqueiras e acuícolas e da pesca interior, e da política marítima integrada. Este regulamento establece ademais, no seu artigo 6, as prioridades do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca entre as que se atopan o apoio á innovación e ao desenvolvemento tecnolóxico no sector da pesca e da acuicultura.

Por outra banda, a Estratexia galega da acuicultura (Esga) é o documento de articulación que rexerá a planificación e a xestión da actividade acuícola cun horizonte situado no ano 2030. A Esga establece as liñas de acción no territorio galego que se pretenden desenvolver na acuicultura, en consonancia coas disposicións do Plan estratéxico plurianual da acuicultura española.

Ante este novo marco comunitario, cómpre publicar as bases reguladoras que establezan o procedemento para a concesión de determinadas axudas ao abeiro da normativa antes citada e, ao mesmo tempo, realizar a convocatoria destas axudas para o ano 2019, coa finalidade de fomentar o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e a competitividade no sector da acuicultura a través da I+D+i, impulsando as relacións entre a comunidade científica e o sector produtor.

Preténdese dar resposta á necesidade principal de impulsar o uso de tecnoloxías e avanzar coa innovación en todos os ámbitos da acuicultura mediante accións innovadoras, incluídas no artigo 47 do Regulamento (UE) nº 508/2014, en campos como a alimentación, pensos sustentables, enerxías renovables e aspectos ambientais, novos sistemas de cultivo, xestión de residuos bioxénicos ou a mellora das tecnoloxías de cultivo.

En consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, oído o sector interesado, en virtude das competencias que ten atribuída a Consellería do Mar en materia de acuicultura, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde, con código de procedemento PE205I, ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas destinadas á realización de proxectos que fomenten o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e a competitividade no sector da acuicultura (artigo 47 do Regulamento (UE) nº 508/2014) e que teñan como obxectivo:

a) O desenvolvemento de coñecementos técnicos, científicos ou organizativos nas explotacións acuícolas, que reduzan o impacto no ambiente, reduzan a dependencia da fariña e o aceite de peixe, impulsen un uso sustentable dos recursos na acuicultura, melloren o benestar dos animais ou faciliten novos métodos de produción sustentable.

b) O desenvolvemento ou introdución no mercado de novas especies acuícolas, produtos novos ou substancialmente perfeccionados, procesos novos ou perfeccionados, ou sistemas de xestión e organización novos ou perfeccionados.

c) O estudo da viabilidade técnica ou económica de produtos ou procesos innovadores.

Artigo 2. Marco normativo

No non previsto nesta orde observarase o que establece o Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca; Regulamento (UE) nº 1303/2013 relativo ás disposicións comúns dos fondos EIE; o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro e posteriores modificacións; o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e os do seu regulamento de execución; e a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; e demais normativa de aplicación.

Artigo 3. Crédito orzamentario

1. O período de elixibilidade do actual programa operativo (2014-2020), abrangue desde o 1 de xaneiro de 2014 ata o 31 de decembro de 2023, segundo dispón o artigo 65 punto 2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas aos fondos EIE.

2. O importe fixado na presente convocatoria, así como as aplicacións a que se impute, poderase ampliar no caso de que exista crédito dispoñible derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, de remanentes doutras convocatorias ou en calquera dos casos e coas condicións establecidas no número 2 do artigo 30 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro), sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto.

3. En todo caso, o incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se for o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

4. As axudas mencionadas contan co financiamento do FEMP nun 75 % e do Estado membro (Comunidade Autónoma de Galicia) nun 25 %.

5. Poderanse adquirir compromisos de carácter plurianual de acordo co artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

6. As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria que figura no cadro que se insire que figura dotada no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2019 aprobado pola Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019. Os importes máximos das subvencións que se concedan nos ditos exercicios orzamentarios ascenderán ás seguintes contías:

Aplicación orzamentaria

Ano 2019

Ano 2020

Total

15.02.723A.770.0

505.000 €

505.000 €

1.010.000 €

Artigo 4. Beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas acuícolas ou organizacións destas con ámbito de actuación autonómico, legalmente constituídas e inscritas no correspondente rexistro, que desenvolvan proxectos de innovación en colaboración con organismos científicos ou técnicos recoñecidos polo Estado ou pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Para os efectos desta orde, considéranse empresas acuícolas, as persoas físicas ou xurídicas, titulares de establecementos que se dedican á realización de actividades de acuicultura en calquera ou todas as súas fases de explotación, cría, cultivo ou reprodución, situados nas zonas terrestre, marítimo-terrestre ou marítima, que teñan as súas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os proxectos deben ser levados a cabo en colaboración cun organismo científico ou técnico recoñecido que actuará como entidade subcontratada. Para tales efectos, terán esta consideración:

a) Os incluídos nun rexistro creado, de acordo co Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e créase o rexistro de tales centros.

b) Os organismos das comunidades autónomas recoñecidos como tales pola normativa autonómica.

c) Os organismos públicos de investigación, definidos no artigo 47 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

d) As universidades públicas e privadas.

e) Outras entidades do sector público que desenvolvan actividades de I+D+i.

Artigo 5. Requisitos das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde estarán suxeitas aos seguintes requisitos:

a) Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.

b) Non concorrer nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Non ter cometido infracción grave:

Da política pesqueira común definida como tal en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello.

Do Regulamento (UE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control; durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011, suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.

d) No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das comunidades europeas (DOUE serie C 316, do 27 de novembro de1995).

e) Non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

f) Non ser unha empresa en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2014/C249/01).

g) Non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, con carácter xeral serán inadmisibles as solicitudes presentadas por un operador que cometese un dos delitos recollidos no artigo 3 durante un período de 12 ou 24 meses en función de se foi cometido por neglixencia grave ou con dolo. No caso de delitos recollidos no artigo 4 da citada directiva, o período de inadmisibilidade será, con carácter xeral, de 24 meses.

h) Estar en posesión dun seguro de responsabilidade civil do establecemento que garanta posibles danos a terceiros.

i) Estar en posesión das preceptivas concesións, autorizacións, permisos ou licenzas para levar a cabo o proxecto previsto ou ter presentadas as súas solicitudes. En todo caso, os documentos presentados para a solicitude da subvención deberán ser copias dos presentados para a obtención dos permisos.

j) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

k) Ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

As posibles persoas beneficiarias, ao formalizar a súa solicitude, someteranse voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establezan para as axudas en materia de acuicultura tanto para o pagamento das subvencións como para a concesión e demais requisitos exixibles pola normativa vixente que sexa de aplicación.

Artigo 6. Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias destas axudas están obrigadas a:

a) Executar as actuacións obxecto da subvención dentro do prazo conferido para o efecto, e con cumprimento das condicións establecidas na respectiva resolución de concesión e demais normativa de aplicación.

b) Axustar os custos subvencionables do proxecto ao valor de mercado.

c) No caso de axudas concedidas a bens inscribibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura e no rexistro público correspondente o importe da subvención concedida e o período durante o cal os bens subvencionados quedan adscritos ao fin concreto recollido na subvención.

d) Durante os cinco anos seguintes ao pagamento final á persoa beneficiaria, que será a data contable do último pagamento, esta non pode:

– Cesar a actividade produtiva nin, no caso de agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica, disolverse ata que transcorra o devandito prazo.

– Relocalizar a actividade produtiva fóra de Galicia.

– Cambiar a propiedade da infraestrutura ou dun elemento da infraestrutura de forma que proporcione unha vantaxe indebida e sen autorización expresa do órgano concedente.

– Producir cambios substanciais que afecten a natureza, os obxectivos ou as condicións de execución da operación, de modo que se menoscaben os seus obxectivos orixinais.

A Consellería do Mar, solicitará o reintegro da axuda de forma proporcional ao período durante o cal se incumprisen os requisitos, segundo o disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

e) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente ou calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto nacionais como comunitarios, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

f) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos desde a data contable do último pagamento, para os efectos de comprobación e control. Cando proceda, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos exixidos na lexislación aplicable ás persoas beneficiarias.

g) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.

h) Comunicarlle á Consellería do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente, tanto públicos como privados.

i) Comunicarlle á Consellería do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os cales foi concedida a axuda.

j) Dar a adecuada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado, con expresa mención á participación do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca, cando a axuda sexa de 100.000,00 euros ou superior ou cando o proxecto se considere relevante segundo se indique na resolución de concesión.

k) Durante os cinco anos seguintes ao pagamento final á persoa beneficiaria, esta non poderá ter cometido unha infracción grave da PPC nin do Regulamento (UE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, nin estar incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que enarboren o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008.

l) Se a realización do proxecto comporta a xeración de residuos deberanse cumprir as condicións sinaladas, para cada tipo de residuo, na normativa sectorial.

Artigo 7. Investimento máximo subvencionable e intensidade da axuda

1. As axudas reguladas nesta orde teñen carácter de subvencións de capital e non constitúen axudas de Estado.

2. A contía das axudas será establecida segundo o indicado no artigo 95 e anexo I do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014:

Tipo de solicitante

Intensidade axuda xeral

Excepcións: proxectos de interese colectivo, con beneficiario colectivo e con características innovadoras a escala local

Pemes

50 %

100 %

Grandes empresas

30 %

----

Organizacións de produtores, asociacións de organizacións de produtores ou asociacións interprofesionais

75 %

100 %

Outras organizacións de beneficiarios colectivos

60 %

100 %

3. Terase en conta a definición de peme da Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, segundo a cal son microempresas, pequenas e medianas empresas (peme), as empresas con menos de 250 empregados e cun volume de negocios anual igual ou inferior a 50 millóns de euros ou un balance xeral anual igual ou inferior a 43 millóns de euros.

As empresas deberán cumprir os criterios de independencia segundo o indicado na mencionada recomendación. Así mesmo, para o cálculo dos efectivos (número de persoas ocupadas) e dos importes financeiros, terase en conta o indicado na mesma recomendación.

4. No marco do disposto no artigo 95 e anexo I do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, entenderase como «Beneficiario colectivo» a referencia a unha organización recoñecida que representa os intereses dos seus membros, dun grupo de interesados, ou do público en xeral. Con todo, para ser elixible para o tratamento preferente definido polo artigo 95, as accións levadas a cabo por estas organizacións requirirá o «interese colectivo» dos seus membros, dun grupo de interesados ou do público en xeral. É dicir, tales accións deben abarcar máis que a suma dos intereses individuais dos membros deste colectivo beneficiario. En particular, débese garantir que o beneficiario é a organización colectiva en si e non os seus membros.

No que respecta á «innovación a nivel local», considérase a innovación, nun contexto local, se o método xera novas formas de pensar e facer novos mercados, novos produtos, servizos, métodos de traballo e a innovación social. O carácter innovador, significa que deben ter como obxectivo a introdución de novas ideas na zona. A innovación pode adoptar diferentes formas: novos servizos, novos produtos, novos métodos de organización, a innovación social, etc. A innovación debe avaliarse en función da situación local e en termos da súa eficacia en comparación cos métodos e as solucións existentes aplicados nese territorio, é dicir, unha acción que é innovadora nun determinado lugar pode ser xa utilizado noutro lugar.

5. O importe do investimento subvencionable será o que se obteña da valoración dos custos do proxecto con criterios técnico-económicos, obxectivos e homoxéneos.

Artigo 8. Compatibilidade das axudas

Os gastos cofinanciados pola presente orde serán compatibles con outras liñas de axudas, sempre que a suma de todas elas non supere o límite da intensidade máxima de axuda pública prevista no artigo 95 e anexo I do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014.

Non obstante, a obtención concorrente de axudas outorgadas para a mesma finalidade polas administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, cando o importe total das subvencións percibidas por cada persoa beneficiaria supere os límites que se indican na epígrafe anterior, dará lugar á redución proporcional que corresponda no importe das subvencións, ata axustarse a ese límite na última subvención que se conceda.

Artigo 9. Certificación de non inicio

1. As actuacións para as que se solicita axuda non poderán estar iniciadas antes de que se acredite, unha vez presentada a solicitude, o non inicio delas por parte dos servizos da Consellería do Mar.

2. No caso de que orzamento do proxecto inclúa conceptos inmateriais, o non inicio deles acreditarase mediante as correspondentes facturas, que deberán ser de data igual ou posterior á de presentación de solicitude.

3. A realización da certificación de non inicio en ningún caso implica dereito nin mérito para a concesión da axuda.

4. A realización da certificación de non inicio poderá dar lugar ao pagamento das correspondentes taxas, establecidas para tal efecto na Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación.

Artigo 10. Proxectos obxecto de subvención

1. As axudas obxecto desta orde están destinadas á realización de proxectos que fomenten o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e a competitividade no sector da acuicultura e que teñan como obxectivo:

a) O desenvolvemento de coñecementos técnicos, científicos ou organizativos nas explotacións acuícolas, que reduzan o impacto no ambiente, reduzan a dependencia da fariña e o aceite de peixe, impulsen un uso sustentable dos recursos na acuicultura, melloren o benestar dos animais ou faciliten novos métodos de produción sustentable.

b) O desenvolvemento ou introdución no mercado de novas especies acuícolas, produtos novos ou substancialmente perfeccionados, procesos novos ou perfeccionados, ou sistemas de xestión e organización novos ou perfeccionados.

c) O estudo da viabilidade técnica ou económica de produtos ou procesos innovadores.

Artigo 11. Gastos subvencionables

1. Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do proxecto para o cal foron concedidos.

2. Os proxectos para os que se solicite axuda non poderán estar iniciados nin pagados antes de que se acredite o non inicio deles nos termos indicados no artigo 9 desta orde.

3. Só se admitirán aqueles gastos que fosen efectivamente realizados e pagados nos seguintes prazos:

Primeira anualidade: 2019

Investimentos materiais

Desde da data de realización da acta de non inicio ata a data límite de xustificación da primeira anualidade establecida na resolución de concesión da axuda ou a súa modificación, de ser o caso

Investimentos inmateriais

Desde a data de presentación da solicitude ata a data límite de xustificación da primeira anualidade establecida na resolución de concesión da axuda ou a súa modificación, de ser o caso

Segunda anualidade: 2020

Investimentos materiais e inmateriais

A partir da data límite de xustificación da primeira anualidade ata a data límite de xustificación da segunda anualidade establecida na resolución de concesión da axuda ou a súa modificación, de ser o caso

4. Consideraranse gastos subvencionables os seguintes conceptos:

a) Persoal:

1) Custos de persoal propio da empresa ou organización solicitante (persoal investigador, técnico persoal auxiliar que realice actividades de investigación) na porcentaxe do salario líquido que se perciba imputada exclusivamente ao desenvolvemento do proxecto. Non serán subvencionables os custos de persoal administrativo relacionados con tarefas de xestión do proxecto. O persoal deberá ter relación contractual laboral coa empresa beneficiaria da subvención ou ser socio da empresa ou organización que traballe baixo o réxime de autónomos.

O custo de persoal propio será como máximo o 40 % do custo subvencionable total do proxecto.

2) Persoal contratado polo beneficiario exclusivamente para a realización do proxecto: ata un 100 % do salario líquido que se perciba. A contratación de este persoal será acorde coa súa titulación. A retribución bruta do persoal contratado non poderá ser superior ao importe vixente, no ano de contratación, correspondente ao grupo de titulación segundo o V convenio único para o persoal laboral da Xunta de Galicia. Os mencionados importes figuran no anexo XIII.

b) Gastos de equipamento e material instrumental de nova adquisición.

Se o equipamento e material se dedican exclusivamente á actuación subvencionada e a súa vida útil se esgota ao termo do período de execución, será subvencionable o custo de adquisición.

Se o equipamento e material non se utilizan exclusivamente para o proxecto, por exceder a súa vida útil a duración deste, só serán subvencionables os custos de amortización que correspondan á duración do proxecto. A cota de amortización calcularase segundo o disposto na Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades e no Real decreto 634/2015, do 10 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre sociedades. O método de cálculo incluirase na proposta. Non se financiarán os custos de amortización de aparellos e equipos que se adquiriron con axuda doutras subvencións públicas.

As novas licenzas e as renovacións de licenzas de software atópanse dentro da categoría de material inventariable, considéranse gastos subvencionables se son de uso específico para o proxecto e non de uso xeral.

Admitiranse gastos de leasing, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

1) Deberá existir un compromiso oficial por escrito de adquisición do activo ao finalizar o contrato de leasing.

2) Soamente serán subvencionables os custos na medida e durante o período que se dediquen ao proxecto.

3) As cotas de arrendamento subvencionables deberán ser constantes ou crecentes e comezar posteriormente á data de presentación da solicitude da subvención, podendo imputarse só as cotas pagas dentro do período de xustificación de cada anualidade.

4) Non serán gastos subvencionables a marxe do arrendador, os custos de refinanciamento dos intereses, os gastos xerais e os gastos de seguro.

c) Gastos de materiais, subministracións e produtos similares exclusivamente destinados ás actividades de investigación. Os gastos de material de oficina e consumibles informáticos non se financiarán neste concepto.

d) Custos de subcontratación cos organismos definidos no artigo 4 desta orde, nos termos establecidos no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A persoa beneficiaria poderá subcontratar, como máximo, ata o 50 % do importe da actividade subvencionada.

O contrato entre a persoa solicitante e o organismo subcontratado deberá ser autorizado pola Consellería do Mar. En caso de concesión da axuda e para os efectos de dar cumprimento ao disposto no artigo 27.3 da citada Lei 9/2007, este contrato entenderase autorizado pola Consellería do Mar desde a data de inicio da súa execución, sempre que esta sexa posterior á de entrega da solicitude do proxecto.

En ningún caso poderá concertarse polo beneficiario a execución total ou parcial das actividades subvencionadas con:

1) Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto de contratación.

3) Intermediarios ou asesores en que os pagamentos se definan como unha porcentaxe de custo total da operación, salvo que o devandito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou os servizos prestados.

4) Persoas ou entidades vinculadas co beneficiario, salvo que concorran as seguintes circunstancias:

1ª. Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

2ª. Que se obteña a previa autorización do órgano concedente nos termos que se fixen nas bases reguladoras.

5) Persoas ou entidades solicitantes de axuda ou subvención na mesma convocatoria e programa que non obtivesen subvención por non reuniren os requisitos ou non acadaren a valoración suficiente.

e) Servizos tecnolóxicos externos: aquelas actividades distintas á investigación prestadas por terceiros de forma puntual, tales como análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias, consultorías, asistencias técnicas e servizos equivalentes.

5. A elixibilidade das operacións basearase nos criterios de selección sinalados no artigo 113.a) do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e aprobados polo Comité de Seguimento, e que segundo se indica na citada norma, serán revisados de conformidade coas necesidades de programación.

Artigo 12. Gastos non subvencionables

1. En todo caso, non serán subvencionables os seguintes gastos:

a) As modificacións ou melloras menores.

b) As melloras non substanciais de procedementos habituais ou rutineiros. É necesario que o proxecto teña un carácter innovador.

c) Os cambios estacionais regulares.

d) Unha adaptación ás necesidades dun cliente específico que non presenta características significativamente diferentes dos produtos fabricados para outros clientes.

e) Os cambios de deseño que non modifican a función ou as características técnicas dun ben/servizo.

f) Sistemas de fabricación ou loxísticos similares aos xa en uso.

g) Os cambios no deseño, envasado, colocación dun produto, promoción, tarificación dun produto baseados en métodos de comercialización que xa fosen utilizados pola empresa.

h) A utilización de métodos de comercialización xa aplicados para introducirse nun novo mercado xeográfico ou nun novo segmento de mercado.

i) Os cambios de prácticas comerciais, a organización do lugar de traballo ou relacións exteriores baseadas en métodos organizativos xa en uso.

j) Os cambios de estratexia de xestión, salvo se se acompañan da introdución dun novo método de organización.

k) As fusións ou adquisicións de empresas.

l) O ensino e formación cando non sexa imprescindible para a introdución dunha innovación.

m) A xestión e outras actividades de apoio, cando se refiran soamente ao financiamento da innovación ou se trate de actividades de apoio directas, tales como transporte, almacenamento, limpeza, reparación, conservación e seguridade ou actividades meramente administrativas como as relativas a orzamento e persoal.

n) A transferencia da propiedade dunha empresa.

ñ) Mobiliario de oficina, de salas de conferencias e de catas.

o) Elementos de transporte que non estean directamente relacionados coa operación ou proxecto obxecto da subvención.

p) Outros custos relacionados co contrato de arrendamento financeiro, tales como impostos, marxe do arrendador, custos de refinanciamento, gastos xerais ou seguros non serán subvencionables. Os investimentos aprobados inicialmente como compra non poderán ser imputados como gastos de leasing ou viceversa, salvo que o dito cambio sexa solicitado e aprobado polo órgano concedente.

q) Adquisicións de bens inmobles, maquinarias, instalacións e equipamentos de segundo uso.

r) Adquisición de elementos e todo tipo de bens que non sexan pagados por transferencia bancaria ou aqueles pagados mediante préstamos de entidades provedoras.

s) Imposto sobre o valor engadido (IVE) e outros impostos recuperables.

t) Custos dos servizos veterinarios oficiais.

u) Equipamento informático ou similar.

v) O ensino e formación de persoal que interveña no proxecto, salvo que se contrate expresamente con ese fin.

w) Trámites sobre normalización do proxecto subvencionado.

x) Trámites para a adquisición de patentes.

y) Participación en congresos/xornadas ou similar de carácter científico.

z) Trámites para a publicación en revistas científicas.

aa) Recollida de datos que non sexan exclusivas para a consecución dos fins do proxecto.

ab) Actividades rutineiras de software (mantemento).

ac) Calquera gasto que, de acordo coa normativa aplicable, resulte ser non subvencionable.

2. Ademais, de acordo cos números 4 e 5 do artigo 46 do Regulamento da (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, non se concederá axuda:

a) Para a cría de organismos modificados xeneticamente.

b) Para operacións de acuicultura en zonas mariñas protexidas cando unha autoridade competente dun Estado membro determine sobre a base dunha avaliación de impacto ambiental, que a operación provocaría un efecto ambiental negativo significativo que non poida ser atenuado adecuadamente.

Artigo 13. Prazo de presentación da solicitude

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 14. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

Anexo II. Datos do proxecto.

Anexo III. Memoria do proxecto.

Anexo IV. Orzamento do proxecto.

Anexo V. Compromiso do organismo científico ou técnico que colabora na realización, validación dos resultados do proxecto e autorización para a súa exposición pública.

Anexo VI. Pluralidade de persoas físicas, se é o caso.

Anexo VII. Relación de ofertas solicitadas e elixidas, se é o caso.

Anexo VIII.1. Declaración de peme (persoa física, pluralidade de persoas físicas).

Anexo VIII.2. Declaración de peme (persoas xurídicas).

Anexo VIII.3. Declaración de peme (persoas físicas partícipes en persoas xurídicas).

Anexo IX. Nomeamento de representante para os efectos de presentación da solicitude.

2. Así mesmo, segundo proceda, presentarase a seguinte documentación complementaria:

2.1. Documentación xurídico-administrativa da entidade solicitante:

2.1.1. Para persoas xurídicas:

a) Certificación rexistral actualizada dos estatutos sociais e da escritura de constitución.

b) Copia do poder de representación do representante legal da persoa solicitante, no caso de que tal poder non figure na certificación rexistral.

c) Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con data posterior á da publicación da orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.

d) Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais individuais depositadas do exercicio económico 2017, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.

e) Imposto de sociedades do exercicio económico 2017 en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.

f) Declaración resumo anual do IVE do exercicio económico 2018, no caso de ter realizada a declaración ou, na súa falta, as liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do exercicio económico 2018, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.

g) No caso de existir grupo empresarial, achegar certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas depositadas polo solicitante ou certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas, onde o solicitante estea incluído por consolidación, do exercicio económico 2017, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.

h) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de data posterior á da publicación da orde.

i) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para efectos de verificar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP.

j) Certificado acreditativo de non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza.

2.1.2. Para persoas físicas:

a) Declaración resumo anual do IVE do exercicio económico 2018, no caso de ter realizada a declaración ou, na súa falta, as liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do exercicio económico 2018, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.

b) Declaración da renda dos últimos 2 anos.

c) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de data posterior á da publicación da orde.

d) Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España, con data posterior á da publicación da orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.

2.1.3. Se a solicitude corresponde a unha pluralidade de persoas poderá ser formulada nunha única solicitude, por medio de representante e, na súa falta, co que figure en primeiro termo. A conta bancaria sinalada no anexo I deberá estar a nome de todas as persoas solicitantes:

a) Declaración resumo anual do IVE do exercicio económico 2018, no caso de ter realizada a declaración ou, na súa falta, as liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do exercicio económico 2018, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso, de cada persoa solicitante.

b) Declaración da renda dos últimos 2 anos, de cada persoa solicitante.

c) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de data posterior á da publicación da orde, de cada persoa solicitante.

d) Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con data posterior á da publicación da orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado, de cada persoa solicitante.

2.2. Plan de financiamento do proxecto:

a) Informe en que se indique a forma en que se vai financiar o proxecto, especificando se se realizará con recursos propios, alleos ou con ambos os tipos de financiamento.

b) Documentación xustificativa do tipo de financiamento:

– Recursos propios.

– Certificados bancarios actualizados debidamente asinados e selados das contas do solicitante onde consten o/s seu/seus titular/es, o tipo de conta (corrente, aforro, a prazos, etc.) e os fondos dispoñibles para realizar o investimento. No caso de que o tipo de conta non sexa unha conta corrente ou conta de aforro, deberá indicar a súa dispoñibilidade ou, en caso contrario, o prazo de vencemento.

– Ampliación de capital: escritura notarial de ampliación de capital de diñeiro, a súa correspondente inscrición no Rexistro Mercantil e o/s certificado/s bancario/s do/s desembolso/s.

– Recursos alleos.

– Préstamos formalizados con entidades de crédito: póliza de préstamo vixente debidamente intervida por notario.

– Pólizas de crédito formalizadas con entidades de crédito: póliza de crédito vixente (última renovación), debidamente intervida por notario, e certificado bancario actualizado debidamente asinado e selado, onde identifique o número da póliza de crédito a que fai referencia, o límite da póliza, o importe dispoñible e disposto.

– Préstamos formalizados con socios: contrato de préstamo entre socios, debidamente asinado por prestamista e prestameiro, certificado/s bancario/s do/s desembolso/s, e a liquidación definitiva do imposto correspondente no organismo competente, se é o caso.

– Noutros casos, achegar a documentación financeira correspondente (non se admitirán préstamos de entidades provedoras).

2.3. Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado dos gastos previstos para a realización do proxecto.

Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 40.000 euros no caso de execución de obras ou de 15.000 euros no caso de subministración de bens ou servizos, a persoa beneficiaria deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. Neste suposto, a presentación da solicitude deberá incluír o anexo VI desta orde. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

2.4. As novas empresas que estean entrando no sector deberán presentar un plan empresarial e, cando o custe dos investimentos sexa superior a 50.000 euros, un estudo de viabilidade, que inclúa unha avaliación de impacto ambiental das operacións.

Para os efectos desta epígrafe, enténdese por «estar entrando no sector» ser unha empresa nova, entendéndose que será aquela que obtivese o título habilitante nun prazo máximo de dous anos anteriores á publicación da presente orde, ou ser unha empresa antiga con establecemento novo coa mesma característica temporal para este, e, en ambos os casos, que non obtivesen ningunha axuda do FEMP.

2.5. Seguro de responsabilidade do establecemento que garanta posibles danos a terceiros.

2.6. No caso de que o proxecto inclúa custos para a execución de obra civil ou instalacións, presentaranse as facturas pro forma ou orzamentos da empresa construtora ou instaladora, desagregadas por unidades de obra.

2.7. No caso de que se inclúan custos para maquinaria, deberá achegarse o catálogo do provedor e detallarse a marca e o modelo sempre que sexa posible.

2.8. No caso de que se inclúan custos de amortización de equipamento ou material, deberá achegarse informe asinado polo representante legal da empresa ou organización solicitante en que se detalle o método de cálculo utilizado.

2.9. No caso de que se inclúan custos de alugamento de equipamentos e/ou investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing) deberá achegarse compromiso de adquisición do ben asinado polo representante legal da empresa ou organización solicitante.

2.10. Proxecto técnico visado de forma oficial, en caso necesario, de acordo coa normativa sectorial que sexa de aplicación, e asinado por técnico competente. Deberase xuntar tamén en soporte informático: formato jpg ou pdf e deberán ser os mesmos que os presentados para a obtención dos permisos sinalados no parágrafo que segue, de ser o caso.

2.11. Se a realización do proxecto require autorización, concesión, permisos ou licenzas, para levar a cabo os investimentos previstos, deberá achegar o documento que acredita estar en posesión dela ou solicitude de telo presentado.

2.12. Contrato asinado co organismo científico ou técnico, cuxa execución pode estar condicionada á aprobación da axuda por parte da Consellería do Mar.

No devandito contrato, o organismo científico ou técnico deberá comprometerse a participar de forma activa no proxecto e a elaborar un informe de validación dos resultados do proxecto á súa finalización. A non participación do organismo ou a non validación dos resultados será motivo de anulación da axuda concedida.

Deberá recoller, como mínimo, os seguintes aspectos: obxectivos do contrato, descrición das actividades, data inicio e duración total, identificación dos investigadores participantes coa descrición específica das actividades realizadas por cada un deles nel e a súa porcentaxe de dedicación ao proxecto, orzamento total e desagregado por anualidades, de ser o caso, así como o acordo sobre a propiedade dos resultados.

No caso de que o establecemento de acuicultura sexa titularidade dun matrimonio casado en réxime de gananciais, deberá presentarse a documentación correspondente ao punto 2.1.3 deste artigo referido á pluralidade de persoas.

3. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. A documentación complementaria presentarase obrigatoriamente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

7. Para efectos de presentación da solicitude, os interesados poderán actuar por medio de representantes; a acreditación da representación deberá realizarse mediante a presentación da correspondente autorización e aceptación utilizando o anexo IX desta orde.

Artigo 15. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE/NIF da persoa representante nomeada para os efectos da presentación da solicitude.

b) DNI/NIE de cada persoa solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante legal da persoa xurídica.

d) NIF da persoa xurídica solicitante.

e) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, de cada persoa solicitante.

f) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social de cada persoa solicitante.

g) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia de cada persoa solicitante.

h) Informe acreditativo de acharse ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións emitido pola Consellería de Facenda (Atriga) de cada persoa solicitante.

i) Informe acreditativo de non ter sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira emitido pola unidade de sancións e reclamacións da xefatura territorial correspondente da Consellería do Mar de cada persoa solicitante.

j) Informe acreditativo de non estar en concurso de acredores, artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, obtido a través do rexistro público concursal do Ministerio de Xustiza de cada persoa solicitante.

k) Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave da política pesqueira común, do Regulamento (UE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control emitido polo Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación de cada persoa solicitante.

l) No caso de persoas físicas ou pluralidade de persoas físicas: certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para efectos de verificar que non ten sido declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entendese acreditada a ausencia de antecedentes penais solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.

m) Informe acreditativo do sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda de non ter sido declarado culpable de cometer fraude, no marco do FEP ou FEMP de cada persoa solicitante.

n) Informe acreditativo de non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR obtido do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación de cada persoa solicitante.

ñ) No caso de persoas físicas ou pluralidade de persoas físicas: certificado acreditativo de non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza. Se da información anterior non se entendese acreditada a ausencia de delitos solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.

o) Informe acreditativo do sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda de non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE de cada persoa solicitante.

p) Resolución de concesión doutra axuda para o mesmo proxecto concedida pola Xunta de Galicia de cada persoa solicitante, se é o caso.

q) Concesións de subvencións e axudas de cada persoa solicitante.

r) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas de cada persoa solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude (anexo I ou anexo VI) e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 16. Forma de presentación de solicitudes

A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal, de conformidade co establecido nos artigos 14.2 e 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; no artigo 31 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación; e no artigo 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Considérase que todos os solicitantes, ao exercer unha actividade económica, dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento, polo que queda acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade aos medios electrónicos necesarios.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 17. Tramites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 18. Tramitación das solicitudes

A tramitación das solicitudes realizarase por fases; no caso de que unha solicitude non supere unha das fases implicará que a súa tramitación finalizará sen que poida pasar á fase seguinte; neste caso o órgano competente emitirá a correspondente resolución.

A) Fase de admisión de solicitudes.

1. Os servizos de competitividade e innovación tecnolóxica da acuicultura das xefaturas territoriais da Consellería do Mar analizarán os expedientes e requirirán a emenda da documentación necesaria, de ser o caso.

2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a deficiencia ou remita os documentos preceptivos.

Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se dará por desistido da súa solicitude.

Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 14 resulta que o solicitante non está ao día no pagamento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social.

A documentación requirida para a emenda da solicitude deberá ser presentada na forma e lugares que se determina nos artigos 14 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Sen prexuízo do sinalado no número anterior, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o solicitante non poderá modificar a súa solicitude de axuda aumentando o importe total do investimento nin incluíndo novos conceptos para os cales solicita a axuda.

Non se considerará aumento do importe total do investimento, as diferenzas ou erros materiais que se puidesen dar ao transcribir nos anexos o importe das facturas pro forma.

5. Os expedientes serán remitidos polas xefaturas territoriais da Consellería do Mar, xunto cun informe ao respecto, ao Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura que continuará coa tramitación segundo o establecido na presente orde.

6. Para os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución de non admisión ou de desistencia, segundo sexa o caso, na cal se indicarán as causas que a motivan.

7. Sempre que se teñan en conta para a resolución das axudas aspectos distintos aos aducidos polos interesados daráselles a estes un trámite de audiencia con carácter previo á avaliación dos expedientes pola comisión de selección.

8. O Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura continuará coa tramitación establecida nos seguintes artigos dos expedientes das solicitudes que reunisen todos os requisitos e a documentación necesaria.

B) Fase de avaliación das solicitudes.

1. Os proxectos que se financien deberán adecuarse ao programa operativo do FEMP, e ser tecnicamente viables.

2. Avaliaranse os proxectos segundo criterios xerais en que se terá en conta a súa idoneidade ao programa operativo do FEMP.

3. Esta avaliación será realizada, preferentemente, por persoas cunha axeitada cualificación e/ou experiencia dos organismos intermedios ou doutras organizacións que poidan acgegar valor engadido a esta avaliación.

4. Para a valoración da idoneidade ao programa operativo do FEMP terase en conta:

– Adecuación do proxecto á análise DAFO do programa operativo (PO) do FEMP, así como á estratexia e, en particular, ao cumprimento dos fins do obxectivo específico previstos para as medidas recollidas no punto 3.3. do PO medidas pertinentes e indicadores de produtividade: alto (4 puntos), medio (2 puntos), baixo (1 punto), nulo (0 puntos).

Contribución do proxecto á consecución dos indicadores de resultado do PO: alto (4 puntos), medio (2 puntos), baixo (1 punto), nulo (0 puntos).

Implicación do proxecto noutras prioridades, obxectivos específicos, indicadores de resultados ou plans estratéxicos: alto (4 puntos), medio (2 puntos), baixo (1 punto), nulo (0 puntos).

O órgano instrutor emitirá un informe de idoneidade para cada solicitude que alcanzase esta fase en que se cualificará o proxecto de significante (alto: > 7 puntos), razoable (medio: ≤ 7, > 5), deficiente (baixo: ≤ 5) e inadecuado (nulo ≤ 2) en función dos puntos totais que obteña.

Os proxectos que sexan cualificados como inadecuados entenderanse non viables para a obtención dos fondos públicos, para o cal o órgano instrutor formulará a proposta de resolución de denegación da axuda na cal se indicarán as causas que a motivan.

C) Fase de valoración e selección.

I. Fase de valoración.

1. Os criterios de valoración específicos poderanse modificar en cada convocatoria durante a vixencia do FEMP.

2. A comisión de selección valorará os criterios específicos de cada proxecto de acordo co que a seguir se detalla.

3. Os criterios de valoración das solicitudes fixados nesta orde servirán de base para a determinación da prelación das solicitudes e serán os que se relacionan a continuación ata un total de 50 puntos:

a) O carácter innovador do proxecto que pode vir da man do produto e/ou proceso, priorizándose o compoñente de innovación tecnolóxica dentro do sector: ata 10 puntos.

b) Interese colectivo nas innovacións propostas: ata 10 puntos.

c) Implicación de empresas, asociacións ou agrupacións sectoriais e orientación aplicada do proxecto. Ata 10 puntos. Consideraranse os seguintes aspectos:

1) Implicación de empresas, asociacións ou agrupacións sectoriais no desenvolvemento do proxecto.

2) Orzamento destinado á aplicación dos resultados na empresa.

d) Interese da actuación no ámbito autonómico: ata 10 puntos. Consideraranse os seguintes aspectos:

1) Oportunidade estratéxica da actuación no ámbito autonómico: valorarase que a proposta estea aliñada coas estratexias definidas polas comunidades autónomas para o desenvolvemento da acuicultura.

2) Impacto socioeconómico no ámbito autonómico: valorarase que a proposta poida contribuír á creación de emprego e novas empresas acuícolas.

e) Interese da actuación para as empresas acuícolas: ata 10 puntos. Consideraranse os seguintes aspectos:

1) Aplicabilidade na actividade das empresas: valorarase o interese e a viabilidade técnica e económica da implementación dos resultados da proposta na actividade das empresas.

2) Impacto sobre a competitividade das empresas: valorarase a achega de solucións aos principais retos das empresas do sector e a mellora na conta de resultados ou un posicionamento diferencial fronte a competidores externos doutros países.

No caso de empate na valoración terán prioridade as empresas que recibisen unha maior puntuación na letra B) relativo ao interese colectivo das innovacións propostas.

II. Fase de selección.

1. Unha vez finalizada a fase anterior, a comisión de selección emitirá un informe co resultado da selección das solicitudes propostas para a súa concesión, que será incorporado ao expediente.

2. Na proposta que formule a comisión de selección figurarán de maneira individualizada os solicitantes propostos para obteren a subvención, e indicarase, se procede, a avaliación que lles corresponde segundo os criterios fixados nesta orde e indicaranse os expedientes seleccionados ordenadamente de acordo coa puntuación obtida ata esgotar as dispoñibilidades orzamentarias. Así mesmo, indicarase a proposta do importe da subvención para cada un deles.

3. A comisión de selección, de ser o caso, establecerá unha lista de reserva con aquelas solicitudes que, reunindo os requisitos establecidos na orde de convocatoria, non acaden a puntuación necesaria para seren seleccionadas por falta de crédito. Nesta lista de reserva indicaranse os expedientes seleccionados ordenadamente de acordo coa puntuación obtida.

4. No caso de que a suma dos investimentos subvencionables dos expedientes propostos non supere o crédito existente para as axudas, non será necesario que figure a avaliación individualizada de cada expediente.

5. O presidente da comisión de avaliación elevará proposta de resolución ao órgano concedente, que ditará as correspondentes resolucións de concesión.

Artigo 19. Comisión de selección

1. Os expedientes serán avaliados pola comisión de selección, constituída na Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

2. A composición da comisión avaliadora estará formada polos seguintes membros:

a) Presidente: subdirector/a xeral de Acuicultura.

b) Vogais: dous funcionarios adscritos á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica designados polo presidente. O xefe/a de servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura actuará como secretario.

c) No caso de que as xefaturas territoriais tramitasen parte do expedientes das axudas reguladas na presente orde, os/as xefes/as do Servizo de Competitividade e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar de cada unha delas.

3. En caso de imposibilidade de asistir a algunha das sesións, os membros do órgano colexiado poderán ser substituídos pola persoa que designe o presidente. O órgano colexiado precisará de polo menos a maioría simple dos membros para a realización da selección.

4. As reunións da comisión de selección poderán celebrarse tanto de forma presencial como a distancia nos termos establecidos pola normativa vixente que sexa de aplicación.

5. A comisión poderá propoñer que o órgano instrutor requira documentación complementaria necesaria para a correcta valoración da solicitude de que se trate.

6. A comisión avaliadora poderá traballar asistida dos asesores que xulgue conveniente, así como solicitar informes a expertos técnicos externos na materia.

7. A comisión de selección reunirase nunha sesión única para a elaboración da proposta de concesión ao órgano concedente, salvo no caso de que a suma dos investimentos subvencionables dos expedientes propostos non supere o crédito existente para as axudas, caso en que poderá celebrar cantas sesións considere necesarias emitindo propostas parciais de concesión en cada unha das sesións.

Artigo 20. Resolución e aceptación

1. A resolución das solicitudes correspóndelle á persoa titular da Consellería do Mar, que poderá delegar a dita competencia na persoa titular da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica. No caso de concesións que superen a contía de 3.000.000 de euros por persoa beneficiaria será necesario a autorización do Consello da Xunta de Galicia. Esta autorización non implicará a aprobación do gasto, que lle corresponderá en todo caso ao órgano competente para ditar a resolución de concesión da subvención.

2. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución da axuda será de seis meses desde a data de remate de presentación de solicitudes. Transcorrido o prazo sen resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Unha vez notificada a devandita resolución, o interesado terá un prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ao da súa notificación para a aceptación desta. Transcorrido este prazo sen producirse manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada a axuda.

4. A resolución de concesión indicará, entre outros aspectos, os compromisos asumidos polas persoas beneficiarias; os créditos orzamentarios aos cales se imputa o gasto; a contía da subvención individualizada e a porcentaxe do financiamento do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e o prazo e a forma de xustificación por parte da persoa beneficiaria do cumprimento da finalidade para a cal se cobra a subvención.

Artigo 21. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran coa súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 22. Recursos

1. Contra a resolución expresa que se dite, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería do Mar, no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

2. Se, transcorrido o prazo para resolver establecido no artigo 20, non lle é notificada a resolución ao interesado, entenderase desestimada por silencio administrativo e caberá interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería do Mar en calquera momento, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis (6) meses, contados en ambos os dous casos, a partir do día seguinte a que se produza o acto presunto.

3. Sen prexuízo do anterior, os interesados poderán exercer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Artigo 23. Modificación de resolución

1. Unha vez recaída a resolución de concesión, e antes da presentación da xustificación de cobramento, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención ou a obtención concorrente de subvencións e axudas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á súa modificación.

2. A autorización para a modificación dos termos en que foi concedida a axuda quedará condicionada aos seguintes requisitos:

a) Que o proxecto modificado non poida dar lugar a unha nova análise da solicitude.

b) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade destas bases reguladoras e da convocatoria oportuna.

c) Que a modificación non cause prexuízo a terceiros.

d) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da subvención.

e) Que o proxecto modificado, en caso de que fose presentado co resto das solicitudes, resultase seleccionado na concesión inicial, seguindo os criterios de selección fixados.

3. As solicitudes de modificacións deberán ser comunicadas pola persoa beneficiaria por escrito con anterioridade á súa realización nun prazo máximo de dous meses antes do prazo de xustificación do investimento e requirirá resolución expresa da Consellería do Mar. No escrito a persoa beneficiaria deberá deixar constancia debidamente motivada das razóns que aconsellan á modificación proposta.

4. Non se admitirán nin aprobarán modificacións que supoñan unha execución total inferior ao 60 % do investimento inicialmente aprobado e en ningún caso suporá un incremento da subvención concedida.

5. Non obstante o indicado nos parágrafos anteriores, poderanse autorizar modificacións que se orixinen por causas de forza maior ou situacións sobrevidas suficientemente xustificadas que, en todo caso, deberán ser apreciadas polo órgano concedente e debidamente motivadas.

6. Non se admitirá a subrogación dun novo propietario na condición de solicitante ou persoa beneficiaria das axudas, agás nos casos de enfermidade que dificulte ou imposibilite a realización desta actividade, sucesión mortis causa, adquisición da propiedade como consecuencia de procesos de disolución e liquidación de persoas xurídicas, operacións de fusión ou escisión parcial ou total de sociedades ou naqueloutros casos en que, a xuízo do órgano competente para a concesión das axudas, a transmisión da propiedade do investimento subvencionado e a subrogación do novo propietario na posición do solicitante ou persoa beneficiaria non desvirtúe a finalidade das axudas. En calquera caso, a nova persoa beneficiaria deberá cumprir os requisitos desta orde e asumir as obrigas derivadas da concesión.

7. As modificacións nos prazos de xustificación dos proxectos terán a consideración de alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, polo tanto, deberán tramitarse de acordo co establecido no presente artigo.

8. O acto polo cal se acorde a modificación da resolución de concesión ou, se é o caso, a súa denegación, será ditado polo órgano concedente, unha vez instruído o correspondente expediente en que se dará audiencia ao interesado. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento, nin se teñan en conta na resolución, outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 24. Actas de fin de obra

1. A realización do proxecto xustificarase coa emisión da acta de fin de obra mediante certificación dos servizos da Consellería do Mar, que se entenderá solicitada coa propia presentación do expediente para o pagamento.

A consellería poderá, en calquera momento, realizar as comprobacións que considere oportunas para verificar a efectiva e correcta realización dos investimentos antes mencionados.

2. A realización da subcontratación xustificarase coa presentación do informe de validación dos resultados do proxecto emitido polo organismo científico subcontratado.

Artigo 25. Xustificación dos gastos do proxecto

1. A xustificación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto de concesión da subvención realizarase de acordo coas bases da convocatoria de axudas e a resolución de concesión. Os formularios en formato electrónico estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

2. Con carácter xeral, o prazo para xustificación material e documental dos investimentos será o 15 de novembro de 2019 para a primeira anualidade e o 15 de novembro de 2020 para a segunda, salvo que a resolución individual de concesión da axuda dispoña dun prazo distinto.

3. Transcorrido o prazo indicado sen que a persoa beneficiaria presente a documentación xustificativa, procederase segundo o artigo 45 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

4. A xustificación do proxecto presentarase conforme o disposto no artigo 16 da orde e na forma e lugares que se determina nos artigos 14 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5. As solicitudes de pagamento presentaranse acompañadas da seguinte documentación:

a) Relación de xustificantes, seguindo o modelo incluído no anexo X, na cal virán relacionados e clasificados os gastos e os investimentos da actividade, con identificación do provedor, número da factura, o seu importe, data de emisión e data de pagamento.

b) Facturas detalladas ao máximo posible e, polo menos, co mesmo nivel de desagregación dos conceptos que figuren na resolución de outorgamento da axuda.

c) Certificacións bancarias correspondentes aos pagamentos efectuados, que deberán identificar a factura ou facturas pagadas e os seus importes. Só se admitirán pagamentos realizados por transferencia bancaria.

d) Relación das diferenzas existentes entre os gastos solicitados e os realizados (anexo XI).

e) Declaración responsable doutras axudas solicitadas ou concedidas, ou que se pretendan solicitar a calquera outra Administración pública, destinadas a subvencionar total ou parcialmente o proxecto para o cal se solicita a subvención. Deberá achegarse a resolución da axuda, se é o caso (anexo XII).

f) Autorizacións, concesións, permisos ou licenzas para levar a cabo o proxecto no caso de non presentalos coa solicitude de subvención.

g) Declaración asinada polo representante legal da empresa ou organización beneficiaria en que se detalle o cadro de amortización de cada equipo incluído no seu orzamento así como as fichas de amortización de cada ben. En todo caso, a esta documentación deberán xuntarse os libros maiores das contas de inmobilizado obxecto de subvención (inmobilizado, amortización acumulada e dotación á amortización) da empresa e dos correspondentes documentos xustificativos do gasto e pagamento da compra. A Consellería do Mar poderá comprobar a veracidade destes datos accedendo, en calquera momento, aos documentos contables da empresa.

h) No caso de aluguer ou leasing de equipamentos e/ou materiais será necesario achegar o contrato, as facturas e os documentos de pagamento das cotas correspondentes ao período de execución do proxecto.

i) Factura emitida pola entidade subcontratada ao beneficiario en que se especifique claramente o título do proxecto financiado. No caso de que sexan varias as facturas, todas elas deberán estar desagregadas e especificar o título do proxecto financiado.

j) Xustificantes de pagamento da factura ou facturas da subcontratación.

k) Memoria realizada polo subcontratista das súas actividades no proxecto en que se debe incluír unha relación das persoas que participaron neste, unha descrición específica das actividades realizadas por cada unha delas nel e a porcentaxe de dedicación ao proxecto.

l) Memoria detallada da consecución dos obxectivos previstos do proxecto.

m) Informe de validación dos resultados do proxecto emitido polo organismo científico subcontratado.

n) Para a xustificación do custo de persoal destinado ao proxecto, deberá entregarse:

1) Certificación emitida polo responsable de persoal, co visto e prace do xerente ou director da empresa ou organización, que consistirá nunha relación detallada por traballador do persoal dedicado ao proxecto e que deberá incluír os seguintes datos: DNI, nome, apelidos, posto na empresa, retribución bruta mensual, data de pagamento das retribucións, custo total imputado, grupo de cotización polo que está contratado, titulación e porcentaxe de dedicación. Nesta certificación deberá figurar a sinatura do xefe técnico de proxecto e a sinatura do traballador.

2) Informe de vida laboral da empresa ou organización de empresas referida á data de finalización do prazo de xustificación e que comprenda toda a anualidade.

3) No caso do persoal autónomo, certificado de vida laboral referida á data de finalización do prazo de xustificación, nóminas e xustificantes bancarios do seu pagamento.

4) Para o persoal de nova contratación, deberá entregarse a copia do contrato en que poida verificarse a exclusividade ao proxecto e a acreditación de que cumpre o perfil profesional do anexo XIII.

5) Nóminas do persoal dedicado ás actividades do proxecto e xustificantes bancarios do seu pagamento. Nos xustificantes de pagamento das nóminas deberán vir detallados os seus receptores, así como as cantidades percibidas por cada un deles.

Cando a documentación xustificativa deste gasto conste dun xustificante bancario da remesa total mensual, deberá achegarse a lista da orde de transferencia en que se detallen os distintos traballadores incluídos, que deberá estar selada pola entidade bancaria.

6) Declaración responsable da non participación do persoal dedicado ao proxecto, financiado con cargo ás axudas desta convocatoria, noutras actividades/proxectos financiados con axudas procedentes de calquera Administración pública ou, en caso contrario, declaración responsable de non superar, conxuntamente coa dedicación ao proxecto, a porcentaxe do 100 %.

ñ) Documentación xustificativa (documentación gráfica, fotografías ou calquera outro soporte probatorio) do cumprimento das obrigas de publicidade previstas no artigo 6.j) desta orde.

o) Copia do material elaborado, sexa material impreso, audiviosual, maqueta se se trata dun prototipo ou calquera outro material.

p) Calquera outra que se indique na resolución de concesión.

Artigo 26. Pagamento

1. Para o pagamento da axuda é imprescindible o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o proxecto obxecto da axuda e a súa xustificación estea realizado de conformidade coa resolución de concesión, integramente rematado e totalmente pagado. A acreditación da súa realización realizarase coa certificación de fin de obra, regulada no artigo 24 desta orde e coa documentación detallada no seu artigo 25.

b) Que as persoas beneficiarias estean ao día nas súas obrigas tributarias e da Seguridade Social e que non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Igualmente a persoa beneficiaria non terá pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.

2. As solicitudes de pagamento presentaranse na forma e lugares que se determina nos artigos 14 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. No caso de que os gastos do proxecto fosen xustificados por menor contía que a considerada como elixible inicialmente, minorarase a axuda na mesma proporción, sempre que esta minoración na xustificación da axuda non afecte aspectos fundamentais do proxecto e non supoña unha execución deficiente deste. En calquera caso, unha xustificación inferior ao 60 % do orzamento inicialmente concedido implicará a perda ao dereito de cobramento da axuda.

4. No suposto de falta de xustificación documental ou material, a persoa beneficiaria perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, segundo os casos.

Artigo 27. Garantías

1. No caso de axudas con varias anualidades, será necesario para o pagamento de cada unha delas, excepto a última, a presentación dunha garantía en forma de aval bancario do 110 % da cantidade que hai que pagar.

2. Estes avais deberán presentarse ante a Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia segundo o previsto no capítulo II do título IV do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Unha vez comprobada a realización da actividade ou proxecto para o que se concedeu a subvención, as garantías serán liberadas.

Artigo 28. Cesión ou transmisión das axudas

1. A cesión ou transmisión das axudas outorgadas ao abeiro desta orde non terán validez cando non sexan previamente autorizadas polo órgano que as concedeu.

2. A transmisión dos bens obxecto das accións subvencionadas, dentro dos cinco anos seguintes á data de resolución de pagamento da axuda, deberá ser previamente posto en coñecemento da autoridade que a outorgou para a súa autorización. No documento público da transmisión deberá o novo propietario subrogarse en todas as obrigas contraídas polo transmitinte e, en particular, deixar constancia do importe da axuda concedida, así como non efectuar ningunha modificación fundamental.

Dentro dos tres meses seguintes á data da transmisión, o transmitinte remitirá á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica unha copia do documento público de transmisión.

3. O incumprimento das obrigas establecidas neste artigo será causa de reintegro da axuda de forma proporcional ao período durante o cal se incumprisen os requisitos, segundo o disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Artigo 29. Verificación posterior ao pagamento da axuda

Os servizos da Consellería do Mar realizarán os controis oportunos para verificar que a acción subvencionada non teña, nos cinco anos seguintes á data de resolución de pagamento da axuda, unha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Artigo 30. Incumprimento e reintegro das axudas

1. Se a persoa beneficiaria incumpre calquera dos requisitos establecidos nestas bases e demais normas aplicables, así como as condicións e obrigas que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión da axuda, poderanse anular os beneficios concedidos coa obriga de reintegro da axuda ou subvención.

2. Procederá o reintegro total ou parcial da subvención concedida, así como os xuros de mora correspondentes desde o momento do pagamento da subvención e ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Ademais será tamén causa de reintegro de acordo coas directrices comunitarias para o exame das axudas estatais no sector da pesca e da acuicultura (2008/C84/06) a comisión de infracción ao dereito comunitario pola persoa beneficiaria e, en especial, ás normas da política pesqueira común durante o período cuberto pola subvención. O reembolso das axudas será proporcional á gravidade da infracción cometida.

4. Sen prexuízo da obriga de reintegro, se como consecuencia dunha comprobación posterior ou de calquera outra verificación, se constata falsidade nas declaracións mencionadas nesta orde, serán de aplicación as infraccións e sancións establecidas na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

5. Para este procedemento de reintegro terase en conta o establecido no capítulo II do título II da Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 31. Infraccións e sancións

Sen prexuízo do establecido nos puntos anteriores, as persoas beneficiarias das axudas reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 32. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións (BDNS) a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 33. Servizo Nacional de Coordinación Antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puideren ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude na Intervención Xeral da Administración do Estado, polos medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto polo dito servizo no enderezo web
http://www.igae.pap.minhafp.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx, e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 3 de abril, que se pode consultar no enderezo web http://www.igae.pap.minhafp.gob.es/sitios/igae/es-ES/snca/Documents/ComunicacionSNCA06-04-2017Canaldenuncias.pdf

Artigo 34. Publicidade

En aplicación do establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas, expresando a convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputan, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención, coas excepcións previstas no dito artigo, de ser o caso. A aceptación da axuda supón a inclusión da operación e os seus datos na lista de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 de disposicións comúns e a remisión á base nacional de subvencións.

Disposición adicional primeira. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería do Mar coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia. Os datos serán comunicados á Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Facenda, á Secretaría Xeral de Pesca e á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de realizar a xestión, seguimento, información, control, coordinación e estudo da execución e avaliación do PO do FEMP.

A fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Disposición adicional segunda

Delégase na directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica a resolución destas axudas.

Disposición adicional terceira

Facúltase a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica para ditar as resolucións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2019

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XIII

Titulación

Importe mensual bruto para unha xornada máxima de
40 horas semanais

Título de doutoramento, licenciado ou equivalente

1.853,65

Diplomatura ou equivalente

1.547,63

Título de bacharel, BUP, formación profesional de técnico superior, FPII

1.300,23

Formación profesional de técnico, FPI, educación secundaria obrigatoria

1.242,62

Graduado escolar (EXB) e outros

943,77