Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación da LMT 30 kV evacuación PE de Cadeira, segundo se sinala no cadro anexo.
Lugo, 17 de abril de 2019
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN408A/2017/36.
Denominación: LMT 30 kV evacuación PE de Cadeira.
Requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación.
Predio |
Polígono |
Parcela |
Propietario |
18 |
26 |
921 |
Abel Valiña Ferreira |