O Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, que establece axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, e o Regulamento (UE) nº 807/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, que completa o Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e introduce disposicións transitorias, constitúen o marco normativo de referencia.
Coa finalidade de mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización, así como facilitar a entrada no sector agrario de agricultores axeitadamente formados e, en particular, a remuda xeracional, dado que esta incorporación require a realización de fortes gastos e investimentos por parte da persoa moza que en ocasións non farían viable esa incorporación se o esforzo económico tivese que soportalo integramente a persoa moza, apróbase o Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014_2020 mediante a Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, modificado pola Decisión de execución da Comisión C (2019) 1707 final, do 26 de febreiro de 2019, polo que se aproba a modificación do PDR de Galicia 2014_2020.
En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
CAPÍTULO I
Bases reguladoras
Artigo 1. Obxecto e finalidade
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas e convocar para o ano 2019 as seguintes liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014_2020, en réxime de concorrencia competitiva:
a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.
– Submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A).
b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
– Submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (procedemento MR404A).
– Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).
Estas axudas teñen como finalidade:
a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.
b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.
Artigo 2. Definicións
Ademais das definicións establecidas na normativa comunitaria e estatal de aplicación, para os efectos desta orde, enténdese por:
1. Persoa agricultora activa: titular dunha explotación agraria que cumpre coas condicións establecidas no capítulo I do título II do Real decreto 1075/2014.
2. Persoa agricultora moza: a persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda á primeira instalación teña cumpridos os dezaoito anos e non teña cumpridos máis de corenta anos, conte coa capacitación e a competencia profesionais axeitadas e se estableza nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explotación; poderá establecerse de xeito individual ou xunto con outros agricultores, en calquera forma xurídica.
3. Persoa agricultora profesional: a persoa física que, sendo titular dunha explotación agraria, obteña polo menos o 50 % da súa renda total de actividades agrarias ou doutras actividades complementarias, sempre e cando a parte da renda procedente directamente da actividade agraria da súa explotación non sexa inferior ao 25 % da súa renda total e o volume de emprego dedicado a actividades agrarias ou complementarias sexa igual ou superior á metade dunha unidade de traballo agrario.
Para estes efectos, consideraranse actividades complementarias a participación e presenza da persoa titular, como consecuencia de elección pública, en institucións de carácter representativo, así como en órganos de representación de carácter sindical, cooperativo ou profesional, sempre que estes se atopen vinculados ao sector agrario. Tamén se considerarán actividades complementarias as de transformación dos produtos da explotación agraria e a venda directa dos produtos transformados da súa explotación, sempre e cando non sexa a primeira transformación especificada no punto 1 do artigo 2 da Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias, así como as relacionadas coa conservación do espazo natural e protección do ambiente, o turismo rural ou agroturismo, ao igual que as cinexéticas e artesanais realizadas na súa explotación.
4. Exercer o control da explotación: no caso de persoas mozas que se instalan nunha persoa xurídica, entenderase que a persoa moza exerce o control efectivo sobre a persoa xurídica cando as accións ou participacións da persoa moza supoñan polo menos un capital social igual ou superior ao da persoa socia con maior participación e, ademais, formen parte da xunta reitora ou órgano de goberno.
5. Gastos xerais dos proxectos: os custos xerais vinculados ás operacións de investimento, tales como honorarios de enxeñeiros e asesores, honorarios relativos ao asesoramento sobre a sustentabilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade e plans empresariais, a que se refire o artigo 45.2.c) do Regulamento (UE) nº 1305/2013, non poderán superar o 12 % do custo subvencionable do investimento. Asígnase un 3 % á redacción do proxecto, un 3 % á dirección de obra, un 3 % ao estudo de viabilidade ou plan empresarial e un 3 % ao asesoramento.
6. Pequena explotación: aquela explotación que figure inscrita desde hai mais dun ano no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia e cuxa renda unitaria total (RUT) se atope entre os seguintes parámetros:
– Mínimo: a renda unitaria de traballo que se obteña será igual ou superior ao 15 % da renda de referencia.
– Máximo: a renda unitaria de traballo que se obteña será inferior ao 35 % da renda de referencia.
7. Explotación agraria de nova creación: para os efectos de cualificar a instalación das persoas mozas nunha explotación de nova creación, terase en conta que o punto de partida da súa creación sexan elementos de explotación que non formen ou formasen parte doutra explotación agraria, salvo que sexa unha explotación que se atope en estado de baixa e se proceda a súa adquisición.
No caso de que unha ou varias persoas mozas se vaian instalar con outras persoas socias nunha entidade xurídica titular dunha explotación, a dita explotación será de nova creación cando ningún dos ditos socios sexan titulares doutra explotación agraria.
8. Data de establecemento: data en que o solicitante realiza ou completa unha acción ou accións relacionadas co proceso de instalación.
9. Data de instalación: data en que se dá por finalizado o proceso de instalación.
10. Proceso de instalación dun persoa moza: este proceso iníciase cando se realice ou complete algunha das seguintes accións:
– Alta na Axencia Tributaria, na actividade agraria.
– Alta no réxime especial dos traballadores autónomos, no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios incluído no dito réxime, ou no correspondente réxime da Seguridade Social pola súa actividade agraria.
– Alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia como titular ou socio dunha entidade asociativa titular dunha explotación agraria.
– Estar totalmente subscrito e desembolsado o capital social que lle corresponda á persoa moza, de ser o caso.
O proceso darase por finalizado, entendéndose que a persoa moza está instalada, cando se completen todas as accións.
11. Proxectos de innovación: entenderase que un proxecto é de carácter innovador se cumpre algún dos seguintes requisitos:
a) Proxecto singular.
b) Posta en marcha dunha nova tecnoloxía, creación de novos produtos ou mellorados que incorporen trazos específicos locais.
c) Métodos de cooperación conxunta relacionados co aproveitamento das superficies agrarias de forma sustentable económica e ambientalmente.
O carácter innovador poderá estar presente no contido técnico do proxecto (no produto, no procedemento de obtención ou noutro elemento) ou na forma de organización e participación dos axentes locais no proceso de toma de decisións e de aplicación do proxecto. A condición de innovador dun proxecto deberá ser acreditada mediante a pertenza a Asociación Europea para a Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola a través da participación nun grupo operativo, conforme o artigo 35.1.c) e os artigos 56 e 57 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda para o desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ou que a Axencia Galega de Innovación (Gain) acredite ese carácter innovador.
12. Renda de referencia: 28.884,88 €.
13. Rendemento global da explotación: a mellora das explotacións agrarias en termos de mellora do rendemento global suporá unha mellora integral e duradeira na economía da explotación. O plan de viabilidade que se elabore deberá demostrar, mediante cálculos específicos, que os investimentos materiais ou inmateriais están xustificados desde o punto de vista da situación da explotación e da súa economía e que a súa realización suporá unha mellora do rendemento global da explotación. Para estes efectos, considerarase que o plan de viabilidade cumpre as condicións establecidas cando, tras a súa realización, non diminúa a renda unitaria de traballo da explotación ou, nos casos en que se incremente número de UTA, non diminúa a marxe neta desta. Tamén se considerará como investimento que mellore o rendemento global da explotación o que supoña unha mellora nas condicións de traballo ou que mellore as condicións ambientais ou de hixiene e benestar na explotación, sempre que a renda unitaria de traballo non diminúa mais dun 20 %.
14. Unidade de traballo agrario (UTA): o traballo efectuado, de modo directo e persoal, por unha persoa dedicada a tempo completo durante un ano á actividade agraria.
15. Fusión de explotacións: considerarase fusión de explotacións o agrupamento de varios titulares de explotacións agrícolas, persoas físicas ou xurídicas, nunha única explotación, entidade xurídica, nos cinco anos naturais anteriores á presentación da solicitude (data de actualización no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia), que agrupe os bens e servizos de todas as explotacións fusionadas.
Artigo 3. Requisitos para todas as persoas beneficiarias
Ademais dos requisitos específicos establecidos para cada persoa beneficiaria segundo o tipo de axuda que solicite, todos deben:
1. Cumprir a condición de persoa agricultora activa no momento da solicitude. No caso de persoas agricultoras mozas, esta condición deberase cumprir dentro dos 18 meses seguintes á concesión da axuda.
Este requisito non será aplicable as persoas beneficiarias da submedida 6.3.
2. Dispoñer dunha contabilidade específica Feader.
3. Con carácter xeral, e de conformidade co establecido nos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades en quen concorra algunha das circunstancias seguintes:
a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
b) Solicitar a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas á intervención xudicial ou ter sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
c) Ter dado lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.
d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas, nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
e) Non estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas aqueles que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
g) Non estar ao día no pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.
h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.
Artigo 4. Forma e lugar de presentación das solicitudes
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 5. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Artigo 6. Comezo da subvencionabilidade
Tanto para a axuda que se solicite pola submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas como para os gastos en investimentos necesarios para a posta en marcha da explotación que fan incrementar o importe da axuda da submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, terase en conta que so serán obxecto da axuda os investimentos efectuados despois de ter presentado a correspondente solicitude ao abeiro da presente orde de convocatoria, coa excepción dos gastos xerais dos proxectos, de acordo co punto 2 do artigo 60 do Regulamento 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e logo de realización da certificación de non inicio realizada por persoal da Consellería do Medio Rural con posterioridade ao prazo de solicitude desta axuda.
Artigo 7. Tramitación e resolución das axudas
1. Cada Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural instruirá os expedientes correspondentes ao seu ámbito xeográfico, realizando de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos, en virtude dos cales informará o órgano colexiado da admisibilidade dos expedientes.
2. Se a solicitude de axuda non reúne os requisitos previstos, ou non se presenta cos documentos preceptivos, requirirase para que, no prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co disposto nos artigos 68.1 e 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3. Verificado o cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda, o órgano colexiado aplicará os criterios de prioridade para que a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias formule a proposta de resolución. Este órgano estará presidido polo subdirector xeral de Explotacións Agrarias e integrado por tres funcionarios/as desa mesma subdirección xeral con categoría non inferior a xefe/a de negociado, un dos cales actuará como secretario/a.
4. A persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da consellería, vista a proposta, ditará a correspondente resolución de concesión da subvención e o seu importe previsto, segundo as normas e criterios establecidos nesta orde, no prazo de nove meses contados a partir da data de remate do prazo de solicitude. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, a persoa solicitante poderá entender desestimada a súa solicitude.
5. Cada unha das tres submedidas que se convocan ao abeiro da presente orde son analizadas por separado, polo que poderán resolverse de xeito independente.
Artigo 8. Notificacións
1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.
2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.
4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa solicitante, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
6. A notificación da concesión da axuda informará os beneficiarios de que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, e da medida e da prioridade do PDR de que se trate.
Artigo 9. Modificación da resolución de concesión
1. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
2. Calquera modificación dos investimentos e/ou gastos aprobados que supoña un cambio de obxectivos ou conceptos, así como de calquera condición específica sinalada na resolución de concesión, requirirá a autorización desta consellería, unha vez presentada a correspondente solicitude xustificativa.
Estas modificacións deberán ser solicitadas, como máximo, 6 meses antes de que remate o prazo de execución. A autorización destes cambios será anterior á súa execución, e nos casos en que sexa necesario irá precedida da correspondente certificación de non inicio. Isto supón que os xustificantes do gasto e do pagamento destes novos investimentos e/ou gastos autorizados deberán ter data posterior á dita autorización.
Estes cambios deberán ser autorizados pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación do conselleiro do Medio Rural.
O prazo para resolver estes cambios será de dous meses. Se transcorrido o prazo para ditar a correspondente autorización, esta non se produce, o beneficiario entenderá denegada a súa petición de cambio de investimento e/ou gasto.
Para a modificación da resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.
3. Nos casos en que a persoa beneficiaria non execute na súa totalidade o plan de mellora para o cal ten concedida a axuda ou se produzan desviacións substanciais entre o investimento realizado e aprobado, deberá indicar na solicitude de pagamento os investimentos polos cales a solicita, e a axuda recalcularase segundo corresponda á redución do investimento.
4. A consellería poderá rectificar de oficio a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.
5. Os cambios das características técnicas non terán a consideración de modificación. Estes serán validados na certificación, logo de comprobación de elixibilidade e de moderación de custos.
Artigo 10. Prazo de xustificación e ampliación
1. O prazo de xustificación destas axudas será:
a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.
– Submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas. O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas baixo esta medida é de 18 meses desde a resolución de aprobación.
b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
– Submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas. Estas submedida están supeditada á execución dun plan empresarial, que terá unha duración de 24 meses a partir da data da instalación da persoa moza.
– Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións. Esta submedida tamén está supeditada á execución dun plan empresarial, que terá unha duración de 18 meses desde a resolución de aprobación da axuda.
2. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder unha ampliación do prazo establecido, que non exceda a metade deste, se as circunstancias o aconsellan e si con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como máximo, dous meses antes de que acabe o prazo de execución.
Tanto a petición das persoas solicitantes como a decisión sobre a ampliación deberán producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de xustificación. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso.
3. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado a solicitude de pagamento, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador, segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que conforme a Lei correspondan.
Artigo 11. Recursos fronte ás resolucións de subvención
As resolucións de subvención ditadas ao abeiro desta orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:
a) Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que venza o prazo para resolver previsto no artigo 7.
b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.
Artigo 12. Incompatibilidade das axudas
1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda da mesma natureza, concedida coa mesma finalidade ou para os mesmos investimentos e/o gastos.
2. As persoas solicitantes das axudas previstas nesta orde xuntarán, coa solicitude inicial, unha declaración do conxunto de todas as solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto polas distintas administracións públicas.
3. Así mesmo, coa xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do pagamento final, presentarán unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.
Artigo 13. Reintegro da axuda
1. Procederá o reintegro total do importe da axuda máis os xuros de demora correspondentes, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009 que a desenvolve, tendo en conta as excepcións contidas.
2. Procederá o reintegro nas seguintes circunstancias:
a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedirían.
b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.
c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente dos gastos xustificativos dos investimentos subvencionados.
d) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na lei.
e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
f) Incumprimento das obrigas impostas aos beneficiarios, así como dos compromisos asumidos por estes, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.
g) Incumprimento das obrigas dos beneficiarios, así como dos compromisos asumidos por estes, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
3. Durabilidade dos investimentos: deberá reembolsarse a axuda se, nos cinco anos seguintes ao pagamento final ao beneficiario, se produce calquera das seguintes circunstancias:
a) Cesamento ou relocalización da actividade produtiva fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Cambio da propiedade do elemento que proporcione a un terceiro unha vantaxe indebida.
c) Cambio substancial que afecte a natureza, os obxectivos ou as condicións de execución da operación, de xeito que se menoscaben os obxectivos orixinais.
4. No caso dun pagamento indebido, atendendo ao disposto no artigo 7 do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, o beneficiario quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao cal se engadirán, de ser o caso, os xuros, que se calcularán en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución.
5. Non procederá o reintegro das axudas percibidas cando o incumprimento dalgún dos requisitos exixidos ao beneficiario sexa debido a algunha das seguintes causas de forza maior:
a) Falecemento do beneficiario.
b) Incapacidade laboral de longa duración do beneficiario.
c) Catástrofe natural grave que afecte considerablemente a explotación.
d) Destrución accidental dos edificios para o gando da explotación.
e) Epizootia ou enfermidade vexetal que afecte unha parte ou a totalidade do gando ou dos cultivos, respectivamente, do beneficiario.
f) Expropiación da totalidade ou dunha parte importante da explotación, se esta expropiación non era previsible ou día en que presentou a solicitude.
6. Tampouco se producirá o reintegro cando, durante o período de compromiso contraído como condición para a concesión dunha axuda, a persoa beneficiaria transfira a súa explotación a outra persoa que cumpra os requisitos exixidos, e esta asuma os compromisos e obrigas, durante a parte restante do devandito período. De non asumirse o compromiso, a persoa beneficiaria estará obrigada a reembolsar as axudas percibidas.
7. En materia de reintegro da axuda tamén será de aplicación a normativa comunitaria establecida no Regulamento (UE) nº 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade, e no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade e a modificación realizada a este polo Regulamento de execución (UE) nº 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017.
Artigo 14. Controis, reducións, exclusións e sancións
1. A Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias será a responsable de efectuar os controis en aplicación do Regulamento delegado (UE) nº 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade, e no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade e a modificación realizada a este polo Regulamento de execución (UE) nº 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017.
2. Os pagamentos calcúlanse sobre a base do que se considera elixible durante os controis administrativos. A autoridade competente examinará a solicitude de pagamento presentada polo beneficiario e determinará os importes admisibles. Ademais, fixará:
a) O importe pagadoiro ao beneficiario en función da solicitude de pagamento e a decisión de concesión.
b) O importe pagadoiro ao beneficiario tras o exame da admisibilidade do gasto que figure na solicitude de pagamento.
Si o importe fixado consonte a letra a) supera o importe fixado consonte a letra b) en máis do 10 %, aplicarase unha sanción administrativa ao importe fixado consonte a letra b). O importe da sanción será igual á diferenza entre eses dous importes, pero non irá máis aló da retirada total da axuda.
Non obstante, non se aplicarán sancións cando o beneficiario poida demostrar á satisfacción da autoridade competente que non é responsable da inclusión do importe non admisible ou cando a autoridade competente adquira doutro xeito a convicción de que o beneficiario non é responsable diso.
A sanción administrativa mencionada aplicarase, mutatis mutandis, aos gastos non admisibles detectados durante os controis sobre o terreo.
3. Na fase de certificación verificarase que se cumpren os condicionantes para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes. Se non se acada a puntuación de aprobación establecida polo órgano colexiado na fase de aprobación, suporá un incumprimento dos compromisos da aprobación e levará como consecuencia a perda do dereito á axuda.
4. Antes do pagamento das axudas, as persoas beneficiarias deberán acreditar de novo a xustificación de estaren ao día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social e de que non teñen ningunha débeda pendente de pagamento coa Administración da comunidade autónoma.
5. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, aos beneficiarios destas axudas seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei xeral de subvencións e nos artigos 50 a 68 da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG nº 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia.
Artigo 15. Obriga de facilitar información
Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos competentes da Consellería do Medio Rural, os beneficiarios das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano de inspección ou control do Estado ou da Unión Europea.
A presentación da solicitude de concesión da subvención por parte da persoa solicitante comportará a autorización á autoridade de xestión para consultar a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento dos obxectivos e prioridades.
Artigo 16. Publicidade das axudas cofinanciadas polo Feader
1. Nos instrumentos de información e difusión que utilice a Consellaría do Medio Rural farase constar que estas axudas están cofinanciadas nas seguintes porcentaxes:
– Submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas: 7,50 % pola Administración xeral do Estado, nun 17,50 % pola Xunta de Galicia e nun 75 % polo fondo Feader.
– Submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas: 2,50 % pola Administración xeral do Estado, nun 22,50 % pola Xunta de Galicia e nun 75 % polo fondo Feader.
– Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións: 7,50 % pola Administración xeral do Estado, nun 17,50 % pola Xunta de Galicia e nun 75 % polo fondo Feader.
2. A notificación da concesión da axuda informará os beneficiarios de que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, e da medida e da prioridade do PDR de que se trate.
3. Conforme ao establecido no Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e a súa posterior modificación mediante o Regulamento de execución (UE) nº 669/2016 da Comisión, do 28 de abril de 2016, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo III do referido regulamento. Así:
– En todas as actividades de información e comunicación que se desenvolvan, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader mostrando:
• O emblema da Unión.
• Unha referencia á axuda do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.
– Durante a realización da operación, o beneficiario informará o público da axuda obtida do Feader da seguinte forma:
• Presentando no sitio web do beneficiario para uso profesional, no caso de que exista tal sitio, unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web, e a axuda prestada pola operación, en proporción ao nivel de axuda cos seus obxectivos e resultados e destacando a axuda financeira da Unión.
• No caso de operacións que reciban unha axuda pública total superior a 50.000 €, colocando ao menos un panel ou unha placa con información sobre o proxecto e cos requisitos especificados no anexo VI, onde se destaque a axuda financeira recibida da Unión, nun lugar ben visible para o público, así como a bandeira europea e o lema Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: «Europa inviste no rural», nun lugar ben visible para o público.
• No caso de que a persoa solicitante se beneficie dunha axuda pública total superior a 500.000 €, deberá colocar, nun lugar visible para o público, un cartel temporal de tamaño significativo relativo ás operacións financiadas, cos requisitos especificados no anexo VI. Posteriormente, o beneficiario colocará, nun lugar ben visible para o público, un cartel ou placa permanente, cos requisitos especificados no anexo VI, de tamaño significativo no prazo de tres meses a partir da conclusión da operación financiada.
Os carteis, paneis, placas e sitios web levarán unha descrición do proxecto ou da operación, e os elementos (bandeira europea e lema Feader Fondo Europea Agrícola de Desenvolvemento Rural) ocuparán, como mínimo, o 25 % do cartel, placa ou páxina web.
Artigo 17. Transparencia e bo goberno
1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.
2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.
3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.
4. Así mesmo, a presentación da solicitude tamén leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Sen prexuízo do disposto no artigo 8, as resolucións de concesión ou denegación da axuda serán obxecto de publicación de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Artigo 18. Xustificantes do gasto dos investimentos
1. Os xustificantes do gasto consistirán, de forma xeral, nas facturas acreditativas dos investimentos, que cumpran as exixencias que establece a Axencia Tributaria (Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro).
2. As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:
a) Número e, se é o caso, serie.
b) A data da súa expedición.
c) Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.
d) Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, co cal realizase a operación o obrigado a expedir a factura.
e) Domicilio, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.
f) Descrición das operacións, con consignación de todos os datos necesarios para a determinación da base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluído o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no devandito prezo unitario.
g) O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.
h) A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta deberá consignarse por separado.
i) A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.
j) No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.
k) Só se considerará subvencionable a base impoñible que figure na factura. O IVE non será subvencionable.
l) Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.
m) Unha partida do orzamento auxiliable poderá xustificarse mediante unha ou varias facturas relativas aos conceptos de gasto incluídos na dita partida, sempre que a dita partida admita a desagregación en distintos conceptos.
3. O xustificante do pagamento de facturas realizarase mediante a presentación da factura, e os documentos xustificativos que aseguren a efectividade do pagamento; non se admitirán pagamentos en metálico.
Considéranse documentos xustificativos do pagamento das facturas os seguintes:
a) Xustificante bancario do pagamento por parte do beneficiario (transferencia bancaria, ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.
b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio, etc.) achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.
c) No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto deste.
d) No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e xuntarase unha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.
e) No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.
f) No caso de facturas en moeda estranxeira, deben xuntarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.
g) Non se admitirán en ningún caso como xustificantes os documentos acreditativos obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos para a súa verificación por parte de terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.
CAPÍTULO II
Convocatoria
Artigo 19. Convocatoria
Convócanse para o exercicio orzamentario 2019, con carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva e de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo I desta orde, as seguintes axudas:
a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.
– Submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A).
b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
– Submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (procedemento MR404A).
– Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).
Artigo 20. Prazo de solicitude das axudas
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Una vez rematado o prazo de solicitude e antes da aprobación, non se admitirán cambios no referente aos investimentos ou aos criterios de prioridade.
Artigo 21. Presentación dos permisos administrativos
Para esta convocatoria, as obras e construcións que precisen da correspondente licenza municipal deberán contar con ela, de acordo co establecido na normativa urbanística. Para iso deberán presentar a licenza municipal, como máis tarde, o 15 de setembro de 2019. O mesmo prazo se establece para o caso de investimentos que deban contar con calquera outro permiso administrativo, de acordo coa correspondente normativa sectorial. O non cumprimento destes requisitos suporá a denegación da axuda.
Artigo 22. Financiamento das axudas
1. O financiamento das axudas recollidas na presente orde, cofinanciadas con fondos Feader nunha porcentaxe do 75 %, efectuarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia:
a) 14.04.712B 772.0 (CP 2016 00182), para as axudas previstas aos investimentos nas explotacións agrarias; para o ano 2019, dous millóns cincocentos mil euros (2.500.000); para o ano 2020, dous millóns cincocentos mil euros (2.500.000) e para o ano 2021, vinte millóns de euros (20.000.000). En total, vinte e cinco millóns de euros (25.000.000).
b) 14.04.712B 772.0 (CP 2016 00183) para as axudas previstas á primeira instalación de persoas agricultoras mozas; para o ano 2019, un millón catrocentos mil euros (1.400.000); para o ano 2020, sete millóns de euros (7.000.000); para o ano 2021, catro millóns cen mil euros (4.100.000) e para o ano 2022, un millón cincocentos mil euros (1.500.000). En total, catorce millóns de euros (14.000.000).
c) 14.04.712B 772.0 (CP 2016 00185) para as axudas previstas ao desenvolvemento de pequenas explotacións; para o ano 2019, trescentos mil euros (300.000); para o ano 2020, un millón cincocentos mil euros (1.500.000) e para o 2021, un millón douscentos mil euros (1.200.000). En total, tres millóns de euros (3.000.000).
2. Estas aplicacións orzamentarias poderanse incrementar, segundo se establece no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluído no mesmo programa.
3. No suposto de existir remanente nalgunha das anteriores aplicacións, poderíase utilizar para financiar solicitudes da outra aplicación.
Sección 1ª. Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas
Artigo 23. Requisitos dos beneficiarios
1. As persoas que desexen acceder ás axudas á incorporación de persoas agricultoras mozas á actividade agraria (procedemento MR404A) deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter entre 18 e 40 anos de idade, ambos incluídos.
b) Cumprir a condición de persoa agricultora profesional coa execución do plan empresarial.
c) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente no momento da solicitude da axuda, segundo se establece no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou comprometerse a adquirilo nun prazo improrrogable de 36 meses desde a concesión da axuda.
d) A explotación en que se produce a instalación debe alcanzar, cando finalice o seu plan empresarial, unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia anual e inferior ao 120 % desta.
e) Instalarse nunha explotación que alcance a dimensión física mínima establecida no anexo V.
f) Presentar un plan empresarial de acordo co anexo V.
g) Exercer o control efectivo da explotación.
h) Non ser titular dunha explotación agraria, excepto que:
a. Sendo titular dunha explotación agraria cuxa marxe neta non supera o 20 % da renda de referencia, pase a ser titular dunha explotación prioritaria.
b. Sendo titular dunha explotación agraria cuns niveis de dedicación de tempo de traballo e de renda unitaria de traballo inferior aos mínimos establecidos para os titulares de explotacións prioritarias, alcance esta consideración en calidade de agricultor a título principal.
i) Non ter declarado rendementos económicos por actividades agrarias en estimación obxectiva ou directa. Exclúense desta consideración os rendementos económicos declarados polo persoa moza que proveñan da recollida e venda esporádica de produtos silvestres ou castañas de souto tradicional, así como a venda de madeira.
j) A data de establecemento pode ser de ata 24 meses antes da solicitude da axuda, pero, en ningún caso, procederán estas axudas se o proceso de instalación está rematado antes da solicitude de axuda.
2. Así mesmo, deberán:
a) Comprometerse por escrito a exercer a actividade agraria durante cinco anos, contados desde a instalación.
b) Comprometerse a ter contratado, e a manter durante todo o período de compromisos, un seguro agrario pertencente ao Plan de seguros agrarios combinados do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, excepto a liña Seguro de retirada e destrución de animais mortos na explotación.
Artigo 24. Modalidades de primeiras instalacións
1. A primeira instalación dunha persoa agricultora moza deberá realizarse mediante algunha das seguintes modalidades:
a) Modalidade 1: acceso mediante titularidade exclusiva dunha explotación preexistente ou de nova creación.
b) Modalidade 2: acceso mediante cotitularidade dunha explotación agraria.
c) Modalidade 3: integración como persoa socia nunha entidade asociativa, preexistente ou de nova constitución.
d) Modalidade 4: acceso mediante titularidade compartida da explotación.
e) Modalidade 5: acceso cando, sendo titular dunha explotación agraria cuxa marxe neta non supere o 20 % da renda de referencia, pase a ser titular dunha explotación prioritaria.
f) Modalidade 6: acceso cando, sendo titular dunha explotación agraria cuns niveis de dedicación de tempo de traballo e de renda unitaria de traballo inferior aos mínimos establecidos para os titulares de explotacións prioritarias, alcance esta consideración en calidade de agricultor a título principal.
2. Os cónxuxes ou parellas de feito legalmente recoñecidas que acrediten que están en réxime de separación de bens no momento da solicitude serán asimilados ás axudas á primeira instalación de persoas agricultoras mozas nalgunha das modalidades indicadas no punto 1, e poderán ser os dous beneficiarios dependendo da modalidade de instalación. No caso de cónxuxes ou parellas de feito legalmente recoñecidas que estean en réxime de gananciais e que non constituísen titularidade compartida, só poderán ser beneficiarios das axudas á primeira instalación cando se dea algunha das seguintes circunstancias:
i. Cando a persoa moza se incorpore nunha explotación en que o titular sexa o seu cónxuxe ou parella de feito legalmente recoñecida, e constitúan unha sociedade entre si, sempre que a explotación proporcione polo menos unha RUT do 35 % da renda de referencia para cada un dos membros e ambos coticen como UTA na explotación.
ii. Cando se instale por integración como persoa socia dunha entidade asociativa, que sexa resultado da fusión de, polo menos, dúas explotacións preexistentes en funcionamento, aínda que figure como persoa socia partícipe o outro cónxuxe ou parella de feito legalmente recoñecida, sempre que a explotación resultante proporcione unha RUT para cada persoa moza, polo menos, do 35 % da renda de referencia e ambos os dous coticen como UTA na explotación.
Artigo 25. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Acreditación da persoa representante da súa representación (se for o caso).
b) Un plan empresarial, redactado por un/unha enxeñeiro/a agrónomo/a, enxeñeiro/a técnico/a agrícola ou grao universitario equivalente ou por un equipo multidisciplinar, en que a memoria e os documentos técnicos específicos que fagan referencia a producións, instalacións ou outros datos agrarios os asine dito técnico (acreditarase titulación). O plan debe incluír:
– Unha descrición da situación inicial da explotación agrícola, con indicación das fases e obxectivos concretos de desenvolvemento das actividades da nova explotación.
– Unha descrición da situación unha vez levado a cabo o plan de empresa, que comprenda, polo menos, os seguintes datos:
i. Superficie da explotación, especificando a dos distintos cultivos e cabezas de gando, por especies, e rendementos medios de cada actividade produtiva.
ii. Maquinaria, equipamento, melloras territoriais e edificios.
iii. Composición e dedicación da man de obra.
iv. Plan de produción, que incluirá información relativa á produción bruta de cada actividade produtiva, aos gastos de cada actividade produtiva e gastos fixos do conxunto da explotación.
v. Análise económica do proxecto. Esta análise incluirá: previsións económicas, estrutura do financiamento e rendibilidade e previsións de tesouraría.
vi. Actuacións que se pretende realizar.
– Un plan de investimentos (información pormenorizada sobre investimentos e prazos), de ser o caso, en que se indiquen as melloras que se pretende realizar, en que se estableza o seu impacto sobre o cambio climático (emisións de efecto invernadoiro, capacidade de adaptación), inclúa medidas de aforro e eficiencia enerxética, consumo eficiente de auga, etc., e no cal figure un estudo de impacto ambiental, no caso de que a normativa europea-estatal-autonómica así o exixa, que preste especial atención aos posibles impactos nas zonas incluídas na Rede Natura 2000.
– Información pormenorizada, de ser o caso, sobre formación, asesoramento ou calquera outra medida necesaria para desenvolver as actividades da explotación agrícola, incluídas as relacionadas coa sustentabilidade ambiental e a eficiencia dos recursos.
O plan deberá estar realizado segundo o anexo V.
c) Anexo VIII.
d) Xustificación do nivel de capacitación profesional suficiente. No caso de títulos oficiais do Ministerio de Educación e Formación Profesional, só se ten que presentar esta documentación no caso de que a persoa solicitante se opoña expresamente á súa consulta.
e) Solicitude de cambio de titularidade da explotación, no caso de realizar este trámite simultaneamente, en favor da persoa agricultora moza, axustado ao modelo normalizado da consellería; ou solicitude de alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
f) Solicitudes de transferencia, en favor da nova persoa titular, de ser o caso, dos dereitos de prima que tivese a explotación, agás no caso de instalación nunha explotación asociativa, ou documento de compromiso.
g) Escritura pública (arrendamento do predio ou predios, compravenda, cesión, etc.), ou documento de arrendamento a través do Banco de Terras de Galicia, xustificativa da instalación, se for o caso.
Se o arrendamento é dunha explotación activa, teñen que incluírse todos os elementos integrantes da explotación (gando, construcións, instalacións, maquinaria e a superficie de cultivo descrita a continuación).
Na modalidade 1, o alcance das escrituras públicas de transmisión da base territorial da explotación do anterior titular á persoa moza, cando se instale nunha explotación preexistente, ou do/s propietario/s á persoa moza, cando sexa explotación de nova creación, será o seguinte:
i. Se algunha das orientacións produtivas principais da explotación da persoa moza é agrícola e como tal está expresada en unidades de superficie, tales superficies deben ser obxecto de transmisión mediante escritura pública do/s seu/s propietario/s á persoa moza.
ii. Se algunha das orientacións produtivas da explotación da persoa moza é de gandaría non ligada á terra, a/s escritura/s pública/s de transmisión deberá/n conter, como mínimo, a superficie que delimita o peche perimetral da explotación existente ou prevista.
iii. Se algunha das orientacións produtivas da explotación da persoa moza é de gandaría ligada á terra, a/s escritura/s pública/s de transmisión deberá/n conter, como mínimo, as parcelas onde están ou van estar situados os aloxamentos permanentes ou temporais do gando e edificacións auxiliares anexas, así como calquera superficie forraxeira que sexa do mesmo propietario que aquelas e que eventualmente poida estar incluída na súa declaración de superficies PAC. Para o resto de superficies forraxeiras que poidan estar incluídas na declaración de superficies da solicitude única PAC do anterior titular, cando a instalación é nunha explotación preexistente, ou para o resto de superficies recollidas como da explotación da persoa moza solicitante no seu plan empresarial, no caso de explotacións de nova creación, admitirase escritura privada de arrendamento a favor daquel. En calquera caso, a persoa moza solicitante asinará un compromiso de que declarará como parte da súa explotación tales superficies obxecto de transmisión na solicitude única da primeira campaña PAC en que conste ela como titular, así como en sucesivas campañas ata fin de compromisos.
Para a modalidade 2: a escritura pública onde conste:
i. A relación de todos os elementos que compoñen a explotación, valorados a prezo de mercado dos que, sendo propietario ou titular, estean integrados nela, con expresión detallada dos que se lle transmiten á persoa moza, que deberán representar, polo menos, un terzo do valor total daqueles. Sen prexuízo do anterior, incluirase na transmisión, polo menos, un terzo da propiedade, tanto dos predios rústicos como do conxunto dos restantes bens inmobles. En todo caso, deberá indicarse expresamente que os usos e o aproveitamento de todos os elementos da explotación transmitidos á persoa moza cotitular continuarán integrados na referida explotación.
ii. Un acordo, cunha duración mínima de seis anos, entre a persoa titular e persoa agricultora moza conforme esta compartirá as responsabilidades xerenciais, os resultados económicos da explotación, os riscos inherentes á súa xestión e aos investimentos que nela se realicen, nunha proporción igual ou superior ao 50 %.
h) No caso de instalarse mediante a modalidade 3:
i. Unha certificación expedida polo órgano reitor da entidade, onde se especifiquen as condicións de participación da persoa agricultora moza e a súa contribución, ou documento de compromiso.
ii. Os estatutos da entidade e a acta de constitución, ou documento de compromiso.
iii. A relación de socios/as que exercen a dirección técnica e de xestión, ou documento de compromiso.
iv. No caso de S.L. e S.A., certificado do Rexistro Mercantil sobre a situación da sociedade en canto a número de socios, capital social e accións nominativas, ou documento de compromiso.
i) Para ter os puntos por explotación ecolóxica establecidos no artigo 27, presentarase certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.
j) Certificación dun grupo operativo da Asociación Europea de Innovación, para ter os puntos por proxecto innovador establecidos no artigo 27.
k) De querer optar á bonificación da axuda por volume de gasto necesario para instalarse, presentaranse memoria xustificativa e tres ofertas de diferentes provedores por cada un dos investimentos. As ofertas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
i. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo a compra de terreos e edificacións.
ii. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.
iii. Deberán incluír como mínimo o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, e modelo así como características técnicas e, no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.
Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.
A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.
Para dar cumprimento ao requisito de moderación de custos, que se establece no artigo 48.2.e) do Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, fixaranse no anexo VII custos de referencia, independentemente da exixencia de presentar un mínimo de tres ofertas de distintos provedores.
2. Os documentos sinalados nas anteriores letras e), f), g) e h) poderán ser presentados unha vez aprobada a subvención xunto coa xustificación da realización do plan empresarial. Nestes casos, coa solicitude de axuda á primeira instalación xuntarase un compromiso debidamente asinado.
3. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
4. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
5. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
8. Non serán admitidas a trámite as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido nesta convocatoria, nin aquelas que se presenten sen a seguinte documentación mínima e resolverase a súa inadmisión, que deberá ser notificada á persoa solicitante, nos termos previstos no artigo 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:
– Anexo I de solicitude da axuda debidamente cuberto e asinado.
– Plan empresarial, que cumpra co establecido no punto 1.b).
– De querer optar á bonificación da axuda por volume de gasto necesario para instalarse, presentaranse memoria xustificativa e tres orzamentos por cada un dos investimentos. E no caso de ter realizado gastos xerais dos proxectos que solicite ser subvencionados, as facturas cos correspondentes xustificantes de pagamento.
Artigo 26. Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).
c) Certificado da renda (IRPF) da persoa solicitante, UTA e socios da explotación, se for o caso.
d) Títulos oficiais non universitarios da rama agraria da persoa solicitante.
e) Títulos oficiais universitarios da rama agraria do solicitante e do redactor do plan de empresa.
f) Certificado de residencia da persoa solicitante.
g) Informe de vida laboral da empresa onde se instale a persoa moza.
h) Acreditación da actividade agraria por conta propia da persoa solicitante, UTA e socios da explotación, se for o caso.
i) Informe da vida laboral dos últimos 12 meses da persoa solicitante, UTA e socios da explotación, se for o caso.
j) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT da persoa solicitante.
k) Certificación de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante.
l) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga da persoa solicitante.
m) Inhabilitación para obter subvencións e axudas da persoa solicitante.
n) Concesión doutras subvencións da persoa solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I), ou no anexo VIII de ser o caso, e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Artigo 27. Criterios de prioridade
1. Establécense os seguintes criterios de prioridade:
a) Primeira instalación simultánea cun proxecto apoiado pola submedida 4.1: 8 puntos.
b) Instalación da persoa moza a tempo completo: 6 puntos.
c) Instalación nunha explotación ecolóxica ou que alcance tal condición tras levar a cabo o plan empresarial: 4 puntos.
d) Instalación da persoa moza mediante as modalidades 1, 3 ou 4: 4 puntos.
e) Creación de emprego adicional a tempo completo: 4 puntos.
f) Instalación nunha explotación inscrita na sección de explotacións agrarias prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia e que siga cumprindo os requisitos para iso, ou que cumpra cos requisitos para ser incluída no catálogo: 3 puntos.
g) Localización da explotación nunha zona de montaña, tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014_2020: 3 puntos.
h) Muller: 2 puntos.
i) Plan empresarial que inclúe investimentos nun proxecto innovador: 2 puntos.
j) Explotación localizada nunha zona distinta da de montaña con limitacións naturais significativas ou limitacións específicas, tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014_2020: 2 puntos.
k) Instalación nunha explotación que pertenza a unha agrupación de defensa sanitaria gandeira (ADSG): 1 punto.
l) Instalación nunha explotación que proceda de fusión de explotacións realizada nos últimos cinco anos naturais ou se fusione coa instalación da persoa moza: 1 punto.
m) Instalación nunha explotación incluída no control oficial de rendemento leiteiro: 1 punto.
2. No caso de empate a puntos, priorizarase segundo a orde indicada nos criterios de selección. De persistir o empate, priorizarase a incoporación da persoa moza que teña máis idade.
3. Para ser admisibles, as solicitudes deberán alcanzar unha puntuación mínima de 10 puntos e, polo menos, dous criterios.
4. A aplicación dos criterios de prioridade realizarase tendo en conta o momento de finalización do prazo de presentación da solicitude de axuda.
Artigo 28. Contía e tipo de axuda
A axuda concederase pola execución do plan empresarial e consistirá nunha prima cuxa cuantía básica, calculada de acordo cunha estimación dos custos da Seguridade Social da persoa moza durante os cinco anos de permanencia mínima na actividade agraria, establecida en 20.000 €, e poderá incrementarse nas seguintes situacións, sen que a axuda total supere os 70.000 €:
a) De acordo co volume de gasto cuxa necesidade ou conveniencia estea especificada no plan empresarial:
– De 20.000 a 30.000 €: a contía básica increméntase en 12.500 €.
– De 30.001 a 40.000 €: increméntase en 17.500 €.
– De 40.001 a 60.000 €: increméntase en 25.000 €.
– De 60.001 a 80.000 €: increméntase en 31.500 €.
– De 80.001 a 100.000 €: increméntase en 40.500 €.
– Máis de 100.001 €: increméntase en 45.000 €.
Exclúese a achega ao capital social. Tampouco se considera admisible o investimento de simple substitución; maquinaria de segunda man; custos de conservación e mantemento ou os derivados do funcionamento da explotación; os montes baixos de ciclo curto; maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais; e a maquinaria e equipamentos de carácter forestal.
b) Creación de emprego adicional a tempo completo na explotación durante toda a duración do tempo de compromisos, cinco anos, ademais da man de obra correspondente á persoa moza instalada: 20.000 €.
c) Instalación nunha explotación localizada nunha zona con limitacións naturais ou outras limitacións especificas recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) nº 1305/2013: 5.000 €.
No suposto de que se instalen varias persoa mozas na mesma explotación (plan empresarial conxunto), os incrementos establecidos nas alíneas a), b) e c) repartiranse a partes iguais entre as persoa mozas que se instalen.
Artigo 29. Xustificación e pagamento da axuda
A axuda terá carácter de pagamento a tanto global e concederase pola execución do plan empresarial, que ten unha duración de 24 meses contados a partir da data de instalación.
O beneficiario deberá solicitar o pagamento da axuda segundo:
– Unha primeira cota, que solicitará dentro dos 9 meses seguintes á concesión da axuda, correspondente ao 60 % do importe da axuda total, cando se acredite a finalización do proceso de instalación. Para isto presentarase, xunto cunha solicitude de pagamento, a xustificación de ter finalizado o proceso de instalación (modelo anexo II). Para a percepción deste pagamento, os beneficiarios estarán exentos da constitución de garantías, en virtude da autorización do Consello da Xunta de Galicia prevista no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– O importe restante, o 40 %, solicitarase unha vez finalizado o plan empresarial e o seu pagamento estará supeditado á correcta execución do plan empresarial. Para o cal se presentarase, xunto cunha solicitude de pagamento, os documentos que acrediten que levou a cabo o seu plan empresarial (modelo anexo II).
Sección 2ª. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas
Artigo 30. Requisitos das persoas beneficiarias
Requisitos das persoas beneficiarias de axudas aos plans de melloras para investimentos nas explotacións agrícolas (procedemento MR405A).
1. Ser titular dunha explotación agraria inscrita, polo menos cunha antigüidade dun ano, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, de acordo co Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto para as persoas mozas que se instalen nunha explotación de nova creación, ou que se produza unha fusión entre diferentes explotacións.
2. Os solicitantes persoas físicas deberán ter dezaoito anos cumpridos e non ter alcanzado a xubilación.
3. Posuír a capacitación profesional suficiente no momento da solicitude, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, agás no caso de primeira instalación simultánea. As persoas xurídicas deberán acreditar que polo menos o 50 % dos socios posúe a capacitación suficiente.
4. Comprometerse a exercer a actividade agraria na explotación obxecto da axuda durante, polo menos, cinco anos contados desde a data de pagamento da axuda.
5. Levar a cabo un plan que mellore o rendemento global da explotación.
6. Cando a explotación pertenza a unha comunidade de bens, estas deberán acreditar a súa constitución e que polo menos o 50 % dos comuneiros ou comuneiras reúne os requisitos establecidos para os titulares persoas físicas, e poderán resultar beneficiarias da axuda, coa condición de que cumpran as exixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
7. A renda unitaria de traballo, no momento de realizar a solicitude, debe ser igual ou superior ao 35 % da renda de referencia, agás que se trate dun plan de mellora dunha persoa agricultora moza que presente simultaneamente unha primeira instalación.
8. Non ter ningún expediente desta axuda aprobado, en convocatorias anteriores (PDR 2007-2013 e PDR 2017-2020), sen presentar a súa solicitude de pagamento na data de publicación desta orde.
9. Serán denegadas todas aquelas solicitudes nas cales a explotación non requira un volume de traballo equivalente, como mínimo, a unha unidade de traballo agrario, e non alcance a dimensión física mínima establecida no anexo V.
Artigo 31. Custos subvencionables
1. Serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade da explotación. En particular:
a) A reforma ou construción de instalacións e compra de maquinaria que supoñan unha redución de custos de produción ou un incremento na produtividade.
b) Os custos xerais vinculados aos gastos recollidos nas letras a) e b), tales como honorarios dos enxeñeiros que elaboren os proxectos de construción ou reforma, os estudos de viabilidade, as licenzas de software e outros permisos.
c) A compra de construcións agrarias en desuso. Terán esa consideración aquelas construcións que non formen parte das unidades produtivas doutra explotación agraria ou que pertencesen a unha explotación agraria que se atope en estado de baixa e se poñan en uso e se incorporen no Reaga.
d) A plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude frutícola (árbores e arbustos froiteiros, coa excepción dos incluídos na medida 8 do PDR de Galicia 2014-2020 como, por exemplo, castiñeiros e nogueiras, que non serán elixibles por esta medida).
e) A compra de terreos que non formasen parte da explotación, por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionable.
f) A adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos.
2. No caso de investimentos que inclúan actuacións de rega, será de aplicación o establecido no artigo 46 do Regulamento (UE) nº 1305/2013. A este respecto, para que estes investimentos sexan elixibles, terán que cumprir as condicións especificadas a continuación:
a) Coherencia coa planificación hidrolóxica e coa Directiva marco da auga; a demarcación hidrográfica en que se localiza a explotación onde se realizará a dotación ou mellora da instalación de rega, debe contar cun plan hidrolóxico aprobado e comunicado á Comisión Europea, en termos conformes coa Directiva marco da auga.
A mellora debe ser coherente cos obxectivos, asignacións ou reservas de recursos, programas de medida e demais determinación que conteña o correspondente plan hidrolóxico, que resulten aplicables á agricultura e ao regadío.
b) Sistema de medición do uso da auga; se a operación inclúe a dotación ou mellora dunha instalación de rega, esta debe dispoñer dun contador.
c) Condicións de elixibilidade específicas para proxecto de mellora de instalacións de rega preexistentes:
a. Aforro potencial da auga; este aforro potencial debe superar o 5 % consonte os parámetros técnicos da instalación. Para o cálculo do dito aforro terase en conta:
i. A redución de perdas por mellora das conducións dentro da explotación.
ii. A redución do volume debida ao sistema de aplicación da rega.
iii. O cambio duradeiro da orientación produtiva das parcelas en que se melloren as instalacións de rega.
b. Redución da auga empregada polos regadíos preexistentes que afecten masas de auga que non alcanzan o bo estado:
i. O investimento deberá garantir unha redución efectiva no uso da auga na instalación de, polo menos, o 50 % do aforro potencial da auga.
ii. A redución efectiva apreciarase sobre o volume da auga empregada na instalación, xa sexa procedente dunha infraestrutura de regadío ou procedente dunha captación propia. Esta redución calcularase como diferenza entre a dotación da explotacións despois da modernización, e da dotación antes dela, en volume ao ano (m3/ano).
d) Condicións de elixibilidade especificas dos investimentos para a ampliación da superficie regada; so serán subvencionables os investimentos para ampliación da superficie regada da explotación que vaian utilizar recursos procedentes de masas de auga subterráneas ou superficiais avaliadas de acordo coa planificación hidrolóxica en vigor, que cumpran o obxectivo de bo estado de acordo coa planificación hidrolóxica, ou ben que non cumpran por razóns diferentes ás cuantitativas; neste caso, deberán cumprir as condicións da alínea anterior.
e) Investimentos de ampliación de regadío combinadas con outras de modernización de instalacións; neste caso a redución no uso da auga determinarase considerando conxuntamente as dúas instalacións: A (preexistente) e B (nova). Calcularase restando a auga empregada na A antes da modernización, tanto a auga empregada en A despois da modernización como a auga empregada en B.
Deberase cumprir sempre a condición de que a redución conxunta no uso da auga das dúas instalacións A e B dividida entre o aforro potencial derivado da modernización da instalación A orixinal sexa, polo menos, superior a 0,5.
3. Non serán subvencionables os seguintes gastos:
a) O IVE e impostos indirectos, nin outros impostos persoais sobre a renda.
b) Os xuros de débeda e os seus gastos
c) Os xuros de demora, recargas, multas coercitivas e sancións administrativas e penais.
d) Os gastos de procedementos xudiciais.
e) Nos casos de alugamento con opción a compra, non serán gastos subvencionables os demais custos relacionados cos contratos, tales como a marxe do arrendador, os custos de refinanciamento dos xuros, gastos xerais, gastos de seguros, etc.
f) Os gastos de adquisición de dereitos de produción agrícola, de dereitos de axuda, animais, plantas anuais e a súa plantación, os investimentos de simple substitución, a maquinaria de segunda man; os custos de conservación e mantemento ou os derivados do funcionamento da explotación, os montes baixos de ciclo curto, a maquinaria ou investimentos relacionados coa transformación e comercialización, e a maquinaria e investimentos de carácter forestal. Non obstante, a compra de animais poderá ser subvencionable cando teña por obxecto a reconstitución do potencial produtivo afectado por desastres naturais e catástrofes.
g) Os investimentos que se limiten a reparar ou substituír un edificio ou maquinaria existente, sen ampliar a capacidade de produción en máis dun 25 % ou sen introducir cambios fundamentais na natureza da produción ou a tecnoloxía correspondente.
Non terá a consideración anterior a substitución total dun edificio agrario de 30 anos ou máis por outro moderno, nin a renovación xeral dun edificio cando o seu custo supoña, como mínimo, o 50 % do valor do edificio novo.
No caso de adquisición de maquinaria:
a) Non se considerará substitución cando teña máis de 10 anos.
b) A maquinaria agrícola só será elixible nos casos en que estea claramente xustificada e sexa acorde ao dimensionamento da explotación. En ningún caso se subvencionarán colleitadoras de forraxes, carros mesturadores ou maquinaria de aplicación de xurro mediante sistemas de prato, abano ou canóns.
c) Cando unha explotación obtivese subvención para a compra de maquinaria nos 10 últimos anos non poderá obter nova subvención para o mesmo tipo de máquina.
4. Para dar cumprimento ao requisito de moderación de custos que se establece no artigo 48.2.e) do Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, fixaranse no anexo VII custos de referencia, independentemente da exixencia de presentar un mínimo de tres ofertas de distintos provedores.
5. Establécese un investimento elixible mínimo de 5.000 € para poder ser subvencionable. O volume total do investimento elixible máximo subvencionable para cada beneficiario será de 120.000 €/UTA, cun máximo de 500.000 €/beneficiario, nun período de catro anos (importes cobrados nos últimos catro anos, desde a data de solicitude de pagamento do expediente ata a data de publicación da orde). Poderase destinar, como máximo, un 30 % para a adquisición de maquinaria agrícola. Para o cálculo do investimento máximo, en función do límite máximo por UTA, consideraranse as UTA iniciais excepto que sexan menores na situación prevista, agás que se trate dun plan de mellora dunha persoa agricultora moza que presente simultaneamente unha primeira instalación, onde o límite máximo de investimento por UTA se calculará en función do número de UTA correspondente á situación posterior á instalación.
Artigo 32. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo III) a seguinte documentación:
a) Acreditación da persoa representante (se for o caso).
b) Anexo VIII (se for o caso).
c) No caso de persoas asalariadas, copia do contrato.
d) Xustificante da capacitación profesional. No caso de títulos oficiais do Ministerio de Educación e Formación Profesional, só se ten que presentar esta documentación no caso de que a persoa solicitante se opoña expresamente á súa consulta.
e) Copia dos documentos acreditativos da constitución da entidade (acta de constitución e estatutos) e, de ser o caso, das súas modificacións, debidamente inscritos no rexistro correspondente (se for o caso). Poderá presentarse documento de compromiso.
f) Certificado do número de persoas socias e das que cumpren os requisitos de persoa agricultora profesional (se for o caso).
g) Memoria do plan de mellora, onde se xustificarán os investimentos que se vaian realizar e o rendemento global da explotación.
h) No caso de investimentos en obra civil, proxecto visado (en soporte dixital) elaborado por técnico/a ou equipo técnico competente (polo menos, deberá formar parte asinando un/unha enxeñeiro/a agrónomo/a, enxeñeiro/a técnico/a agrícola ou grao universitario equivalente), e a xustificación documental da dispoñibilidade da licenza de obras. Así mesmo, no caso de novas construcións, deberase acreditar a dispoñibilidade do terreo ou recinto onde se van realizar os investimentos.
i) Tres orzamentos ou ofertas de diferentes provedores por cada un dos investimentos. As ofertas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
– Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo a compra de terreos e edificacións.
– Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.
– Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe; no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca e modelo, así como características técnicas e, no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.
Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.
A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.
j) No caso de adquisición de terreos ou bens inmobles, certificado de taxación.
k) As comunidades de bens deberán acreditar a súa constitución mediante a presentación dos estatutos e acta de constitución e deberán acreditar os requisitos dos seus comuneiros mediante a presentación de toda a documentación especificada para este tipo de entidades.
l) As comunidades de bens e as sociedades civís farán constar no anexo III os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles. Así mesmo, presentarán o documento de nomeamento da persoa representante ou apoderado único, e o xustificante de que se ten asinado un pacto de indivisión por un período mínimo de cinco anos contados a partir da data de pagamento da axuda.
m) Para ter os puntos por explotación ecolóxica establecidos no artigo 34, presentarase certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.
n) Para ter os puntos por proxecto innovador establecidos no artigo 34, presentarase certificación dun grupo operativo da Asociación Europea de Innovación, atendendo ao exposto no punto 11 do artigo 2.
2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
3. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
4. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
7. Non serán admitidas a trámite as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido nesta convocatoria, nin aquelas que se presenten sen a seguinte documentación mínima, e resolverase a súa inadmisión, que deberá ser notificada á persoa solicitante nos termos previstos no artigo 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:
a) Anexo III de solicitude da axuda debidamente cuberto e asinado.
b) Memoria do plan de mellora onde se xustifican os investimentos que se pretende realizar.
c) Tres orzamentos por cada investimento solicitado, que cumpran os requisitos do punto 1.h).
Artigo 33. Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) DNI/NIE das persoas socias.
d) NIF da entidade solicitante.
e) Títulos oficiais non universitarios da rama agraria do solicitante.
f) Títulos oficiais universitarios da rama agraria do solicitante.
g) Certificado da renda (IRPF) da persoa solicitante e dos socios.
h) Certificado de residencia da persoa solicitante.
i) Informe de vida laboral da empresa solicitante.
j) Acreditación de actividade agraria por conta propia da persoa solicitante, dos socios e UTA da empresa.
k) Informe de vida laboral dos últimos 12 meses da persoa solicitante, dos socios e UTA da empresa.
l) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT da persoa solicitante.
m) Certificación de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante.
n) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga da persoa solicitante.
o) Inhabilitación para obter subvencións e axudas da persoa solicitante.
p) Concesión doutras subvencións da persoa solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo III), ou no anexo VIII, de ser o caso, e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Artigo 34. Criterios de prioridade
1. Establécense os seguintes criterios de prioridade:
a) Explotación vinculada cunha incorporación dunha persoa agricultora moza:
a. Simultaneamente solicita a axuda pola submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas para incorporarse nunha explotación de nova creación ou ten unha axuda desta submedida 6.1 concedida na convocatoria anterior por incorporación dunha persoa moza nunha explotación de nova creación: 15 puntos.
b. Simultaneamente solicita a axuda pola submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas para incorporarse nunha explotación existente ou ten unha axuda desta submedida 6.1 concedida na convocatoria anterior por incorporación dun persoa moza nunha explotación existente: 10 puntos.
c. Produciuse unha incorporación dunha persoa agricultora moza nos últimos cinco anos: 5 puntos.
b) Investimentos que axuden a reducir as emisións de amoníaco, que supoñan máis do 15 % do investimento total elixible: 5 puntos.
c) Investimentos nunha explotación que proceda dunha fusión de explotacións realizada nos últimos cinco anos: 5 puntos.
d) Persoa agricultora profesional.
a. Nas persoas físicas titulares de explotación: 5 puntos.
b. Nas persoas xurídicas, en función dos socios:
i. Todos os socios son agricultores profesionais: 5 puntos.
ii. Polo menos o 60 %: 4 puntos.
iii. Polo menos o 50 %: 3 puntos.
iv. Polo menos o 25 %: 2 puntos.
v. Inferior ao 25 %: 1 punto.
e) Investimentos en proxectos innovadores: 5 puntos.
f) Creación de UTA asalariadas a tempo completo (sen ter destruído emprego no último ano): 1 UTA: 2 puntos; 2 UTA: 3 puntos; e 3 ou más UTA: 5 puntos.
g) Investimentos que axuden a reducir as emisións de CO2, que supoñan máis do 15 % do investimento total elixible: 4 puntos.
h) Titular da explotación socia dunha cooperativa ou dunha entidade asociativa agroalimentaria prioritaria: 4 puntos.
i) Explotación ecolóxica: 4 puntos.
j) Explotación agraria inscrita na sección de explotacións agrarias prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia e que segue cumprindo os requisitos para iso, ou que cumpre cos requisitos para ser incluída no catálogo: 3 puntos.
k) Explotación con seguro agrario contratado pertencente ao Plan de seguros agrarios Combinados do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, excepto a cobertura dos gastos derivados da retirada e destrución de animais mortos da explotación: 3 puntos.
l) Localización da explotación nunha zona de montaña, tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014_2020: 3 puntos.
m) Explotación de titularidade compartida: 3 puntos.
n) Investimentos en aforro enerxético que supoñan máis do 50 % do investimento elixible: 2 puntos.
o) Investimentos en obra civil ou instalacións de xurro ou esterco que supoñan máis do 15 % do investimento total elixible: 2 puntos.
p) Investimentos en proxectos en cooperación cunha operación financiada a través da medida 16 do PDR: 2 puntos.
q) Explotacións con base territorial que empregan a súa superficie para alimentar o gando ou producir produtos agrícolas con destino final á venda, sempre que a totalidade dos investimentos estean relacionados con esa orientación produtiva: 2 puntos.
r) Investimentos en produción de calquera variedade vexetal autóctona inscrita (por exemplo, trigo das variedades Callobre e/ou Caaveiro) e/ou en produción primaria de produtos galegos de calidade (denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida), que supoñan máis do 15 % do investimento total elixible: 2 puntos.
s) Titular da explotación muller ou, no caso das persoas xurídicas, que polo menos a metade dos seus socios sexan mulleres: 2 puntos.
t) Explotación gandeira de razas autóctonas galegas en perigo de extinción, que supoñan, polo menos, a metade do censo de reprodutoras da explotación (estas reprodutoras estarán inscritas no correspondente libro xenealóxico): 2 puntos.
u) Explotación localizada nunha zona distinta da de montaña con limitacións naturais significativas ou limitacións específicas, tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014_2020: 2 puntos.
v) Investimentos nunha explotación que pertenza a unha agrupación de defensa sanitaria gandeira (ADSG): 1 punto.
w) Explotación incluída no control oficial de rendemento leiteiro: 1 punto.
2. En caso de igualdade na aplicación do baremo, terán prioridade as entidades solicitantes con investimentos en proxectos innovadores, seguido polos investimentos en proxectos de cooperación. Se aínda persiste o empate, priorizarase segundo a orde indicada nos criterios de selección e, finalmente, polo plan de melloras con maior importe en investimento elixible.
3. Para ser admisibles, as solicitudes deberán alcanzar unha puntuación mínima de 10 puntos e, polo menos, dous criterios.
4. A aplicación dos criterios de prioridade realizarase tendo en conta o momento de finalización do prazo de presentación da solicitude de axuda, agás o criterio «d) persoa agricultora profesional», no cal as persoas que soliciten axuda pola medida 6.1 desta convocatoria ou a teñan concedida na convocatoria anterior, se considera que teñen a condición de persoa agricultora profesional.
Artigo 35. Contía e tipo de axuda
O importe da axuda será do 30 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 50 % en función da aplicación dos seguintes criterios:
– 10 % no caso de persoas agricultoras mozas beneficiarios neste mesmo ano da axuda á incorporación de persoa mozas establecida no artigo 19.1.a).i do Regulamento (UE) nº 1305/2013 ou beneficiario desa mesma axuda nos 5 anos anteriores. Neste último caso, os solicitantes deben cumprir todos os requisitos da definición de persoa agricultora moza prevista no Regulamento (UE) nº 1305/2013, incluído o requisito de idade. Para que unha persoa xurídica poida ter esta bonificación, polo menos o 50 % das persoas socias deberán ser persoas mozas que se instalen ou se instalasen durante eses últimos cinco anos.
– 5 % en investimentos colectivos, cando o beneficiario procede dunha fusión de explotacións.
– 5 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas, segundo o establecido no artigo 32 Regulamento (UE) nº 1305/2013.
– 5 % no caso de operacións subvencionadas no marco da Axencia Europea da Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola.
– 10 % no caso de investimentos en agricultura ecolóxica.
Artigo 36. Xustificación e pagamento da axuda
1. O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas baixo esta medida é de 18 meses desde a resolución de aprobación.
2. Só serán subvencionables os investimentos que se realicen e que se xustifique o seu gasto e pagamento con posterioridade á data de presentación da solicitude, agás no caso dos gastos xerais dos proxectos, e ata a data límite de realización dos investimentos, sempre e cando se dite resolución aprobatoria da axuda sobre os ditos investimentos.
3. Unha vez realizados os investimentos ou gastos previstos, e cumpridos, de ser o caso, os compromisos adquiridos, as persoas interesadas deberán comunicalo (modelo anexo II), presentando tamén a documentación e os xustificantes dos investimentos efectuados, en que se incluirán os correspondentes ao gasto e pagamento destes. Esta comunicación terá a consideración de solicitude de pagamento, para os efectos do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión.
4. Cando se trate de investimentos en maquinaria, a maiores achegarase xustificante da inscrición no Rexistro de Maquinaria Agrícola. No caso de ser necesaria, presentarase a documentación de matriculación.
5. Respecto das condicións de admisibilidade da adquisición de bens mediante fórmulas de financiamento e pagamento que difiren a adquisición da plena propiedade do ben, terase en conta o seguinte:
a) Os bens deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de financiamento que condicionen a adquisición da propiedade do ben a un momento posterior (contratos de financiamento de bens con reserva de dominio, leasing, etc.), só se consideran subvencionables sempre que os bens pasen a ser da propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de xustificación da axuda. En concreto, a adquisición de maquinaria e equipamento a través de operacións de arrendamento financeiro só será subvencionable se o contrato inclúe o compromiso de compra en que se prevexa que o beneficiario chegue a ser propietario da maquinaria ou equipamento de que se trate dentro do prazo límite de xustificación da axuda. O importe máximo subvencionable non superará o valor de mercado do activo arrendado.
b) En ningún caso serán subvencionables outros custos ligados ao contrato de arrendamento financeiro, tales como impostos, marxe do arrendador, custos de refinanciamento dos xuros, gastos xerais ou gastos de seguros.
c) Non serán subvencionables as adquisicións de bens no marco dun sistema de venda e arrendamento retroactivo (lease-back).
6. Unha vez presentada a solicitude de pagamento dos investimentos, o persoal técnico das oficinas agrarias comarcais, dos servizos territoriais de explotacións agrarias ou outro designado pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias realizará os correspondentes controis administrativos previos ao pagamento das axudas. Non se proporán para pagamento as certificacións inferiores a 5.000 € de investimento.
7. Os investimentos realizados, no caso de variación sobre os aprobados, deben garantir suficientemente que se cumpre o obxectivo de mellora perseguido no momento da solicitude. De non ser así, poderase iniciar o procedemento de revogación da aprobación da solicitude.
Sección 3ª. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións
Artigo 37. Requisitos das persoas beneficiarias
Requisitos das persoas beneficiarias de axudas á creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B):
a) Ser titular dunha pequena explotación agraria inscrita, con polo menos unha antigüidade dun ano desde a data de publicación da orde, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
b) Residir na comarca onde radique a explotación ou nunha comarca limítrofe.
c) Que o volume de traballo necesario para o mantemento da explotación sexa realizado polo titular da explotación, para o que será necesario que non realice outra actividade a tempo completo, ou que xustifique a contratación de, polo menos, a metade dunha unidade de traballo agrario. Esta cantidade de traballo agrario manterase durante os cinco anos posteriores ao pagamento final da axuda, xunto co resto de compromisos que adquire o beneficiario da axuda.
d) Presentar un plan empresarial que mostre a viabilidade da iniciativa.
e) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea.
f) A explotación non pode ter sido beneficiaria por esta mesma submedida en convocatorias anteriores.
Artigo 38. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo IV) a seguinte documentación:
a) Acreditación do representante (se for o caso).
b) Anexo VIII (se for o caso).
c) Copia dos documentos acreditativos da constitución da entidade (acta de constitución e estatutos) e, de ser o caso, das súas modificacións, debidamente inscritos no rexistro correspondente (se for o caso).
d) Plan de empresarial, onde se xustificará a viabilidade económica da explotación, de acordo co establecido no anexo V.
e) As comunidades de bens deberán acreditar a súa constitución mediante a presentación dos estatutos e acta de constitución e deberán acreditar os requisitos dos seus comuneiros mediante a presentación de toda a documentación especificada para este tipo de entidades.
f) As comunidades de bens e as sociedades civís farán constar no anexo IV os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles. Así mesmo, presentarán o documento de nomeamento da persoa representante ou apoderado único, e o xustificante de que se asinou un pacto de indivisión por un período mínimo de cinco anos contados a partir da data de pagamento da axuda.
g) Para ter os puntos por explotación ecolóxica establecidos no artigo 40, presentarase certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.
h) Para ter os puntos por proxecto innovador establecido no artigo 40, presentarase certificación dun grupo operativo da Asociación Europea de Innovación ou dunha Axencia de Innovación.
2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
3. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
4. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
7. Non serán admitidas a trámite as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido nesta convocatoria, nin aquelas que se presenten sen a seguinte documentación mínima e resolverase a súa inadmisión, que deberá ser notificada á persoa solicitante nos termos previstos no artigo 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:
a) Anexo IV de solicitude da axuda debidamente cuberto e asinado
b) Plan empresarial acorde co establecido no anexo V.
Artigo 39. Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) DNI/NIE das persoas socias.
d) NIF da entidade solicitante.
e) Certificado de residencia da persoa solicitante.
f) Certificado da renda (IRPF) da persoa solicitante e dos socios.
g) Informe de vida laboral de empresas.
h) Acreditación de actividade agraria por conta propia da persoa solicitante e dos socios.
i) Informe de vida laboral dos últimos 12 meses da persoa solicitante, dos socios e UTA da explotación.
j) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT da persoa solicitante.
k) Certificación de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante.
l) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga da persoa solicitante.
m) Inhabilitación para obter subvencións e axudas a persoa solicitante.
n) Concesión doutras subvencións da persoa solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo IV), ou no anexo VIII de ser o caso, e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Artigo 40. Criterios de prioridade
1. Establécense os seguintes criterios de prioridade:
a) Orientación produtiva principal da explotación:
a. Hortícola, frutícola, florícola, apícola, avícola artesanal, aromático-medicinal, vacún de carne ou ovino/cabrún: 5 puntos.
b. Resto de orientacións produtivas: 3 puntos.
b) Explotación gandeira de razas autóctonas galegas en perigo de extinción que supoñan, polo menos, a metade do censo de reprodutoras da explotación (estas reprodutoras estarán inscritas no correspondente libro xenealóxico): 4 puntos.
c) Explotación que se comprometa a destinar, polo menos, 0,5 ha da súa base territorial a producir trigo das variedades Callobre e/ou Caaveiro e que a produción destas variedades supoña, polo menos, a metade da marxe neta da explotación: 4 puntos.
d) Persoa agricultora profesional.
a. Nas persoas físicas titulares de explotación, 5 puntos.
b. Nas persoas xurídicas, en función dos socios:
i. Todos os socios son agricultores profesionais: 5 puntos.
ii. Máis do 60 %: 4 puntos.
iii. Polo menos o 50 %: 3 puntos.
iv. Máis do 25 %: 2 puntos.
v. Inferior ao 25 %: 1 punto.
e) Se a persoa que exerce o control da explotación cotiza á Seguridade Social no sector agrario: 3 puntos.
f) Localización da explotación nunha zona de montaña, tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014_2020: 3 puntos.
g) Explotación ecolóxica: 3 puntos.
h) Investimentos en proxectos innovadores: 2 puntos.
i) Proxecto en cooperación cunha operación financiada a través da medida 16 do PDR: 2 puntos.
j) Titular da explotación muller ou, no caso das persoas xurídicas, que polo menos a metade dos seus socios sexan mulleres: 2 puntos.
k) Explotación localizada nunha zona distinta da de montaña con limitacións naturais significativas ou limitacións específicas, tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014_2020: 2 puntos.
l) Explotación que pertence a unha agrupación de defensa sanitaria gandeira (ADSG): 1 punto.
2. No caso de empate en puntos, priorizaranse as situacións na orde indicada no punto anterior.
3. Para ser admisibles, as solicitudes deberán alcanzar unha puntuación mínima de 6 puntos e, polo menos, dous criterios.
4. A aplicación dos criterios de prioridade realizarase tendo en conta o momento de finalización do prazo de presentación da solicitude de axuda.
Artigo 41. Contía e tipo de axuda
A axuda consistirá nunha prima de 15.000 €, e concederase pola execución do plan empresarial, que terá unha duración de 18 meses desde a aprobación da axuda.
Artigo 42. Xustificación e pagamento da axuda
A axuda terá carácter de pagamento a tanto global e concederase pola execución do plan empresarial.
O beneficiario deberá solicitar o pagamento da axuda segundo:
– Unha primeira cota, que solicitará dentro dos 9 meses seguintes á concesión da axuda, correspondente ao 60 % do importe da axuda total, cando acredite o inicio das actuacións incluídas no plan empresarial. Para isto presentarase, xunto cunha solicitude de pagamento, a xustificación de ter realizado a fase de inicio do plan empresarial (modelo anexo II). Para a percepción deste pagamento, os beneficiarios estarán exentos da constitución de garantías, en virtude do artigo 65.4.i) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– O importe restante, o 40 %, solicitarase unha vez finalizado o plan empresarial. Para isto presentaranse, xunto cunha solicitude de pagamento, os documentos que acrediten que levou a cabo o seu plan empresarial (modelo anexo II).
Dada a natureza da actuación financiada que, en virtude do artigo 19 do Regulamento (UE) nº 1305/2013, é a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións e que a axuda se aboará en función da correcta execución do plan empresarial, o cal está sometido a control, con base no artigo 65.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non será necesario constituír garantías.
Disposición adicional primeira. Cualificación de explotacións agrarias prioritarias
Nos casos en que a documentación presentada pola persoa solicitante das axudas previstas nesta orde sexa suficiente e se reúnan os requisitos exixidos, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias efectuará a cualificación da explotación como prioritaria, de acordo co establecido na Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización de explotacións agrarias, e no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
Disposición adicional segunda. Réxime xurídico
As axudas a que se refire esta orde, ademais do previsto por ela e polas súas normas de desenvolvemento, rexeranse:
– Pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Disposición adicional terceira. Información básica sobre protección de datos persoais
Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Consellería do Medio Rural, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá. O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en
https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, e reflectirase esta circunstancia no devandito formulario. Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.
Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.
As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, a rectificación e a supresión dos seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar, de ser o caso, o consentimento outorgado a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal proteccion-datos-persoais.
Disposición derradeira primeira. Execución
Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para que dite os actos necesarios para a execución da presente orde.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de maio de 2019
José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural