Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25143

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 16 de maio de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento PR945C).

BDNS (Ident.): 456882.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarios das subvencións os clubs deportivos, as sociedades anónimas deportivas e as seccións deportivas de Galicia, inscritos, en todos os casos, no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

Segundo. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a convocatoria de subvencións da Secretaría Xeral para o Deporte, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 16 de maio de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento PR945C).

Cuarto. Importe

Para conceder estas subvencións destinaranse 1.920.000,00€, con cargo á aplicación orzamentaria 04.40.441A.481.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Quinto. Prazo para presentar as solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2018

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte