Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25376

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se publica o anuncio da resolución pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP) para o curso 2019/20.

Co obxecto de estender o programa de plurilingüismo ás ensinanzas de formación profesional do sistema educativo para o curso 2019/20, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional resolve anunciar:

Primeiro. Que nas páxinas web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional www.edu.xunta.gal e www.edu.xunta.es/fp estarán dispoñibles a regulación e a convocatoria de incorporación de centros para participaren nos ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP) para o curso 2019/20.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o 21 de xuño de 2019.

Terceiro. Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2019

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación
Profesional e Innovación Educativa