Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 22 de agosto de 2019 Páx. 37294

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (467/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 467/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ana María Chouza Dios contra a empresa María Dolores Bretal Martínez, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte se achega:

Decido:

Que estimando integramente a demanda interposta por Ana María Chouza Dios contra María Dolores Bretal Martínez, debo condenar e condeno a empresaria demandada a aboarlle á demandante a suma de 11.685,04 euros en concepto de indemnización por despedimento obxectivo, máis os xuros previstos no artigo 1108 do Código civil desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LEC a partir da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a María Dolores Bretal Martínez, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza