Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 27 de agosto de 2019 Páx. 37736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 8 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, de traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación da instalación eléctrica subestación colectora xeración 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur, tramo 1, 132 kV-SET Ludrio-SET parque eólico Monciro nos concellos de Castroverde, Pol e Castro de Rei (expediente IN407A 2017/6-0).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícase as persoas interesadas o traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación da instalación eléctrica subestación colectora xeración 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur, tramo 1, 132 kV-SET Ludrio-SET parque eólico Monciro nos concellos de Castroverde, Pol e Castro de Rei, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 8 de agosto de 2019

A xefa territorial de Lugo
P.A. (Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Patricia Dans Grela
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

ANEXO

Expediente: IN407A 2017/6-0.

Denominación: subestación colectora xeración 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur, tramo 1, 132 kV-SET Ludrio-SET parque eólico Monciro.

Traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación.

Predio

Polígono

Parcela

Propietario/a

33

119

719

María Luisa Pérez Vázquez

34

119

720

María Luisa Pérez Vázquez

50

119

182

Manuel Domínguez López

51

119

183

María Esther Domínguez López