Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 13 de setembro de 2019 Páx. 40212

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 8 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas e proxectos integrais de aforro e eficiencia enerxética para as universidades públicas de Galicia, para os anos 2019 e 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de prodemento IN421X).

BDNS (Identif.): 472650.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as universidades públicas integrantes do Sistema universitario de Galicia.

Segundo. Obxecto

O obxecto destas bases é apoiar proxectos con fins de aforro e eficiencia enerxética e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos de enerxías renovables limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica.

Tercero. Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 8 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas e proxectos integrais de aforro e eficiencia enerxética para as universidades públicas de Galicia, para os anos 2019 e 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN421X).

Cuarto. Contía

1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega para os exercicios 2019 e 2020 e imputaranse ás aplicacións orzamentarias 09.A2.733A.744.5 e 09.A2.733A.744.1.

O crédito máximo, segundo a tipoloxía de proxecto, será o seguinte:

Distribución por liña de axuda

Total (€)

Renovables térmicas

1.031.795,00

Aforro enerxético

5.317.096,44

Total

6.348.891,44

O importe dos fondos previstos entenderase máximo, se ben cabería a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de la Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitantes e os límites orzamentarios impostos fixados nestas bases.

2. A contía da subvención será do 80 % do custo elixible da actuación.

3. Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima por beneficiario de 2.400.000 euros. Este límite poderá ser modificado no caso de que coas solicitudes presentadas non se cubra o orzamento total ou específico da convocatoria.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de dous (2) meses, contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia