Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40680

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2019 pola que se convocan actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2019 polo Consello Reitor deste organismo, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, convocaronse actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero do ano 2019 por Resolución do 5 de febreiro de 2019. Por mor do número de solicitudes de participación recibidas, e tendo en conta as necesidades de formación específica do persoal da Administración de xustiza de Galicia, procede a realización dunha nova convocatoria dos cursos máis demandados para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional e da Administración de xustiza de Galicia, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo) que se detallan nos anexos desta resolución.

Con esta nova convocatoria preténdese garantir que o maior número de persoas ao servizo das administracións públicas poida acceder a unha formación específica sobre estes contidos e contribuír, así, a través da capacitación do persoal, a integrar a igualdade de oportunidades de xeito transversal nas actuacións das administracións públicas de Galicia.

Estas actividades formativas en materia de violencia de xénero están a ser financiadas con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade).

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2019

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos dos/das participantes

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución:

1. O persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e da Administración de xustiza de Galicia, das entidades locais e da administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo), que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/ha familiar e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e bombeiros e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas ao persoal empregado público pertencente a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza na epígrafe «destinatario» da actividade formativa.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de oito días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

3. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais das actividades. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no que xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas e o alumnado pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan consignados correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

7. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

8. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (como por exemplo discapacidade) de acordo cos criterios de selección poderán remitir á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán tidos en conta os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Cuarta. Comprobación de datos

1. Para a tramitación do procedemento consultaranse automaticamente os datos das persoas interesadas necesarios para realizar o proceso de selección das actividades formativas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na administración.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A presentación da solicitude comportará a autorización da persoa solicitante ao órgano xestor para pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios da EGAP.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro), sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe «destinatario» de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.

O baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo).

A totalidade das prazas das actividades formativas cuxo código comece por «FC» repartiranse nun 70 por cento para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; nun 10 por cento para o persoal das entidades locais; outro 10 por cento para a Administración de xustiza de Galicia; e o 10 por cento restante para o persoal de administración e servizos das universidades do Sistema Universitario de Galicia (UDC, USC e Uvigo).

No caso de que non haxa un número suficiente de solicitantes da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional poderá completarse o número de alumnos/as asignado co persoal das restantes administracións destinatarias desta resolución de convocatoria de acordo cos criterios sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro).

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participaren no dito curso, así como un número adecuado de reservas de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios de edicións ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte do persoal responsable dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación mínima dos tres días anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar preferentemente o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. Asistencia e puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e máis a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % da duración da actividade. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os/as responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % da duración da actividade pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

d) Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Realización de probas

a) Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar as probas de avaliación que para os efectos se establezan, tanto na modalidade de teleformación, como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas desenvolveranse con carácter xeral de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

b) Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A adecuada realización de todas as actividades que a titoría propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas e o horario en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e do horario da proba final.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o esixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Modalidade Localidade

Datas e horario

Data e hora do exame

FC19167

Básico en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administracións xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

11, 12, 13 e 14 de novembro de 16.30 a 20.00 h

18 e 19 de novembro de 16.30 a 19.30 h

19.11.2019
ás 18.30 h

FC19167

Básico en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administracións xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial

Vigo

21, 22, 23 e 24 de outubro de 16.30 a 20.00 h

28 e 29 de outubro 16.30 a 19.30 h

29.10.2019
ás 18.30 h

FC19168

Formación básica en igualdade de xénero nas administracións públicas

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

Do 7.10.2019 ao 28.10.2019

31.10.2019
ás 12.00 h

Do 31.10.2019 ao 20.11.2019

25.11.2019
ás 12.00 h

FC19169

Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero

Do 24.10.2019 ao 14.11.2019

19.11.2019
ás 13.00 h

ás 11.00 h

FC19170

Sexting, sextorsión, violencia de xénero dixital

Do 10.10.2019 ao 30.10.2019

4.11.2019

Do 31.10.2019 ao 21.11.2019

25.11.2019
ás 9.00 h

FX19036

Atención integral en violencia de xénero

29

21

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos/as dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, psicólogos/as e traballadores/as sociais que presten servizos na Administración de xustiza de Galicia.

Presencial

A Coruña

4, 5, 6, 7, 11, 12 e 13 novembro de 16.30 a 19.30 h

13.11.2019
ás 18.30 h

FX19036

Atención integral en violencia de xénero

22

21

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos/as dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, psicólogos/as e traballadores/as sociais que presten servizos na Administración de xustiza de Galicia.

Presencial

Ferrol

21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 de outubro de 16.30 a 19.30 h

30.10.2019
ás 18.30 h

FX19036

Atención integral en violencia de xénero

29

21

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos/as dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, psicólogos/as e traballadores/as sociais que presten servizos na Administración de xustiza de Galicia.

Presencial

Lugo

7, 9, 14, 16, 18, 21 e 23 de outubro de 16.30 a 19.30 h

23.10.2019
ás 18.30 h

FX19036

Atención integral en violencia de xénero

29

21

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos/as dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, psicólogos/as e traballadores/as sociais que presten servizos na Administración de xustiza de Galicia.

Presencial

Ourense

28 e 30 de outubro de 16.30 a 20.00 h

4, 6, 13 e 18 de novembro de 16.30 a 20.00 h

18.11.2019
ás 19.00 h

FX19036

Atención integral en violencia de xénero

29

21

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos/as dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, psicólogos/as e traballadores/as sociais que presten servizos na Administración de xustiza de Galicia.

Presencial

Pontevedra

18, 19, 20, 21, 25, 26 e 27 de novembro de 16.30 a 19.30 h

27.11.2019
ás 18.30 h

FX19036

Atención integral en violencia de xénero

29

21

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos/as dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, psicólogos/as e traballadores/as sociais que presten servizos na Administración de xustiza de Galicia.

Presencial

Santiago de Compostela

7, 8, 9, 10, 14, 15 e 16 de outubro de 16.30 a 19.30 h

16.10.2019
ás 18.30 h

FX19036

Atención integral en violencia de xénero

29

21

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos/as dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, psicólogos/as e traballadores/as sociais que presten servizos na Administración de xustiza de Galicia.

Presencial

Vigo

18, 19, 20, 21, 25, 26 e 27 de novembro de16.30 a 19.30 h

27.11.2019
ás 18.30 h

FX19037

Violencia de xénero desde a perspectiva socioasistencial

30

20

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos/as dos corpos de médicos/as forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, psicólogos/as, traballadores/as sociais e educadores/as que presten servizos na Administración de xustiza de Galicia.

Presencial

Santiago de Compostela

21, 22, 23 e 28 de outubro de 16.30 a 20.00 h

29 e 30 de outubro de 16.30 a 19.30 h

30.10.2019
ás 18.30 h