Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 25 de setembro de 2019 Páx. 42345

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 19 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (código de procedemento ED431G).

A Estratexia Europa 2020 (EE2020) fixa o marco xeral de actuación cara ao cal deben enfocarse os esforzos da política de cohesión europea, que financian os fondos estruturais e de investimento europeos, entre eles, o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). A EE2020 fixa tres modelos de crecemento e desenvolvemento nos que se basea, pola súa vez, en varios criterios de intervención para lograr os devanditos tipos de crecemento: desenvolvemento intelixente: favorecer unha economía baseada no coñecemento e a innovación; desenvolvemento sustentable: promoción dunha economía máis eficiente no uso dos recursos, máis ecolóxica e competitiva; e desenvolvemento integrador: fomento dunha economía con altas taxas de emprego que permita o desenvolvemento da cohesión social territorial. A EE2020 fixa cinco obxectivos para seren cumpridos a nivel europeo, con fitos específicos para cada país.

Trátase duns obxectivos que se asocian directamente aos obxectivos temáticos (OT) que aparecen recollidos no artigo 9 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello (en diante, Regulamento (UE) nº 1303/2013).

A presente convocatoria está cofinanciada con fondos Feder do programa operativo de Galicia 2014-2020, nunha porcentaxe do 80 %:

Obxectivo temático 1. Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.

Prioridade de investimento 2. Fomento do investimento por parte das empresas en innovación e investigación, desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento, e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes.

Obxectivo específico 3. Fomento e xeración de coñecemento de fronteira e de coñecemento orientado aos retos da sociedade, desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes.

Liña de actuación 25. Medidas de mellora e apoio aos centros de investigación singulares do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Actividade 29. Apoio aos centros de investigación singulares do SUG.

Esta actuación permite financiar a investigación de excelencia nos centros de investigación do SUG reforzando a súa capacidade de investigación e posicionamento internacional. Na Estratexia de especialización intelixente (RIS 3) deseñada para Galicia proponse a concentración dos recursos de coñecemento dispoñibles no contexto rexional para poder competir nun contexto global.

Con respecto a isto, os diferentes plans de investigación da Xunta de Galicia, así como os seus instrumentos financeiros, veñen recoñecendo a importancia dunha investigación interdisciplinar de excelencia e de alto impacto, que xorde como consecuencia da agregación das capacidades das persoas en diferentes grupos de investigación, entendidos como estruturas organizativas ben definidas, co obxecto de asumir novos retos e aumentar a capacidade competitiva. Para consolidar estes grupos a Xunta de Galicia dispón de ferramentas normativas e financeiras ben estruturadas, cun longo período de vixencia, que contribúen a darlle estabilidade e fortaleza ao sistema de investigación universitaria.

Agora ben, aínda que o grupo pode ser o núcleo fundamental dun sistema de investigación universitario estruturado, é preciso fomentar a colaboración cooperativa entre eles para poder afrontar retos máis complexos nunha contorna eminentemente competitiva. Para tal fin, en diferentes anualidades, convocáronse axudas para unha liña de actuación específica que pretendía fomentar as estratexias de cooperación «supragrupo» de investigación, que permitise mellorar tanto a calidade das súas actuacións en I+D como a capacidade para asumir estes novos retos, mediante a creación de agrupacións estratéxicas que debían de constituír a cerna na que se cimentasen futuras políticas de apoio. Algunhas destas agrupacións estratéxicas evolucionaron e consolidáronse ao abeiro da Orde do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), que foi a que asentou as bases do programa de centros de investigación do SUG.

Chegados a este punto, resulta obrigado realizar unha nova convocatoria que permita estabilizar o programa de axudas, que valorice o traballo desenvolvido polas unidades de investigación cunha traxectoria máis dilatada e que posibilite a realización de proxectos estratéxicos de investigación e a acreditación e recoñecemento de novas estruturas de investigación coa denominación de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, segundo o procedemento que para tal efecto se establece nesta orde.

O recoñecemento e apoio a estas estruturas de investigación integradas nas universidades galegas permite o fortalecemento institucional e a potenciación destas organizacións que destacan polas súas capacidades científicas e a súa contribución á xeración e difusión de coñecemento. A actuación ten a finalidade de impulsar a calidade e o impacto da investigación realizada en Galicia e potenciar o efecto tractor que estas unidades exercitan sobre o conxunto do sistema.

Así, a finalidade desta convocatoria é dobre: por unha banda realiza unha avaliación que permite recoñecer a capacidade tractora das unidades de investigación e, por outra, outorga axudas para o desenvolvemento dun programa de investigación co obxectivo de fortalecer as súas capacidades e liderado. As axudas concédense en función dunha serie de criterios que, de forma obxectiva, valoran a calidade científico-técnica, capacidade e características destas unidades e dos seus proxectos estratéxicos de investigación en consonancia cos retos estratéxicos contidos no RIS3 Galicia, e tamén co esquema da Unión Europea reflectido no Programa marco de investigación, desenvolvemento e innovación Horizonte 2020, co fin de procurar, nun prazo medio e longo, a obtención de retornos sociais.

O obxectivo é reforzar a súa capacidade para implementar programas de investigación e de recursos humanos no ámbito da súa propia estrutura, que reforcen a súa posición de liderado internacional nas correspondentes áreas científicas de especialización.

Tras a experiencia da anterior convocatoria do ano 2016, esta orde introduce modificacións e novidades para unha maior eficacia das axudas que se conceden e un maior recoñecemento e proxección das unidades de investigación, favorecendo a súa flexibilidade e autonomía no seo do contexto do Sistema universitario de Galicia. Así, os principios informadores desta convocatoria baséanse nos seguintes fundamentos:

– O proxecto científico da unidade de investigación basearase non nunha mera agregación de persoas e capacidades, senón nunha misión, visión, valores e estratexia claramente definidas e na que cada persoa achega algo significativo na consecución duns obxectivos globais.

– Fortalecemento da gobernanza das unidades: baseado no reforzo dos seus órganos directivos, do liderado científico e da mellora e profesionalización das súas ferramentas de xestión.

– Monitorización externa da súa actividade mediante a rendición de contas ante os órganos directivos e da súa actividade científica ante un comité asesor externo ou Scientific Advisory Board que, de acordo cos estándares internacionais, supervise e oriente a traxectoria da unidade.

– Incentivar o apoio das institucións matrices que albergan as unidades de tal xeito que sexan as propias universidades as que comprometan accións efectivas, ben definidas e medibles, para un mellor funcionamento estrutural.

– Traballo colaborativo en rede, introducindo conceptos e ferramentas como a Rede de Centros de Investigación do SUG que supoñen a matriz de accións combinadas que permitan optimizar recursos e aumentar de xeito exponencial as capacidades e oportunidades dos centros.

Por outra banda, hai unha serie de novidades que xorden, en boa medida, das suxestións da comisión asesora do programa e da avaliación externa que se ten feito sobre este. Entre elas cómpre destacar a proposta de reforzar a imaxe do programa, da súa proxección exterior e unificar a denominación das unidades para simplificar a súa identificación no panorama nacional e internacional. Tamén a de dotar de maior flexibilidade as unidades, tanto na súa composición interna permitindo organizacións de traballo máis áxiles que os grupos de investigación, como na súa capacidade de autonomía no seo da universidade matriz. Nestes e outros aspectos, e co obxecto de facilitar unha acción de mellora continua, posibilitarase unha adecuada interacción entre a Secretaría Xeral de Universidades, o consello asesor do programa, os comités asesores externos e os consellos reitores das diferentes unidades.

Complementariamente, esta convocatoria continúa a afondar nas políticas activas encamiñadas cara a reducir o desequilibrio entre mulleres e homes dedicados á investigación no sistema galego de I+D+i, en cumprimento do compromiso de eliminación de discriminacións entre mulleres e homes que recolle o artigo 1 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Por iso, as axudas que se regulan nesta convocatoria terán en consideración a perspectiva e igualdade de xénero nas propostas presentadas mediante a presentación e implementación dun plan de xestión da diversidade de xénero na súa composición.

Nesta liña tómase en consideración o principio establecido no artigo 7 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 promovendo activamente a integración da perspectiva de xénero nas operacións obxecto de cofinanciamento, especialmente en todos aqueles aspectos relativos ás accións de formación e retención de talento investigador.

Esta convocatoria é coherente coa normativa comunitaria e coas directrices elaboradas pola Comisión Europea sobre as opcións de custos simplificados, que teñen por obxecto a simplificación da xestión administrativa e das obrigas de xustificación impostas ás entidades beneficiarias, e a redución da posibilidade de erro e a carga administrativa aos promotores do proxecto. Esta convocatoria acolle na súa regulación a posibilidade recollida no artigo 68 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 distinguindo entre custos directos, suxeitos ao réxime común de xustificación por medio de documentos xustificativos do gasto e pagamento, e custos indirectos, suxeitos ao réxime de custos simplificados a través dun tanto por cento alzado.

Atendendo a estas consideracións xerais e en virtude das súas competencias, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional procede a establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora dos centros de investigación do SUG e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019.

Na súa virtude, e no uso das atribucións que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

A presente orde establece as condicións, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, das axudas para a estruturación e mellora de unidades de investigación supragrupais, para acreditalas como centros de investigación do SUG, entendidas como estruturas organizativas de investigación que integran recursos, capacidades e obxectivos para mellorar a súa eficiencia, código de procedemento ED431G.

Estas axudas pretenden dous obxectivos:

a) A acreditación de unidades de investigación como «centros de investigación do SUG» segundo as súas capacidades e o resultado do proceso de avaliación en concorrencia competitiva que se desenvolva ao abeiro desta convocatoria.

b) O financiamento dos seus proxectos estratéxicos de investigación, durante o período 2019-2022, para fortalecer as súas capacidades científicas; potenciar o liderado internacional da investigación feita en Galicia; impulsar a agregación de capacidades científico-técnicas, incluíndo a colaboración con outros centros, unidades e co tecido empresarial; mellorar a xeración de resultados de alto impacto científico, social e económico; contribuír á formación, atracción e incorporación de talento; incrementar a masa crítica de persoal investigador; e actuar como axentes tractores no Sistema galego de I+D+i.

Artigo 2. Definicións

Para efectos desta convocatoria terán a consideración de:

Unidade de investigación: organización científica, de carácter supragrupal, que participa nesta convocatoria para a súa acreditación e financiamento como centro de investigación do SUG.

Centro de investigación do SUG: cada unha das unidades de investigación que, no ámbito desta convocatoria, supere os procesos de avaliación e obteña a acreditación e financiamento.

Consello reitor: órgano colexiado directivo de cada un dos centros que se acrediten no marco desta convocatoria.

Director/a científico/a: persoa que ten ao seu cargo a dirección científica da unidade de investigación cunha dedicación total durante todo o período da axuda.

Investigador/a líder: aquela persoa cunha traxectoria investigadora consolidada, capacidade propia de captación de recursos e que se constitúe como responsable dunha das liñas ou programas que desenvolverá o centro no período.

Proxecto estratéxico de investigación: carteira de actividades de investigación da unidade de investigación no período 2019-2022, incluíndo as accións de soporte para dotar a unidade da capacidade técnica, relacional e de xestión necesarias para conseguir os obxectivos estratéxicos de excelencia científica e impacto internacional na investigación fixados para este período.

Comité asesor externo (CAE) ou Scientific Advisory Board (SAB): órgano colexiado independente que monitora, supervisa e asesora a traxectoria da Unidade de Investigación.

Comisión asesora do programa (CAP): órgano colexiado, creado ao abeiro da Orde do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e que se modifica, segundo o que establece o artigo 17 desta orde, con funcións de asesoramento, orientación e proxección exterior das accións do programa.

Rede de centros de investigación do SUG: entendida como foro de reflexión, expresión e achega de ideas entre a Secretaría Xeral de Universidades e os centros acreditados nestas axudas.

Artigo 3. Beneficiarios/as

Poderán ser beneficiarias das axudas desta orde as universidades do SUG e destinaranas aos centros de investigación do SUG que obteñan a acreditación como tales nesta convocatoria.

Artigo 4. Requisitos

As solicitudes que presenten as universidades deberán cumprir na data de peche da convocatoria os seguintes requisitos:

1. Que a proposta presentada estea conformada por unha unidade supragrupal cuxa composición nuclear se atope nalgún dos seguintes casos:

a) Que obtivese financiamento como centro de investigación singular ou agrupación estratéxica consolidada na convocatoria realizada ao abeiro da Orde do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder); e tivese superado o procedemento de avaliación final definido na Instrución 5/2019, do 21 de maio, da Secretaría Xeral de Universidades para iniciar o procedemento de avaliación dos centros singulares de investigación e agrupacións estratéxicas consolidadas (convocatoria do ano 2016), de acordo co disposto na Orde do 11 de agosto de 2016.

b) Que obtivese unha axuda no programa estatal de Centros Severo Ochoa ou María de Maeztu, e que estea vixente na data de peche desta convocatoria.

2. Que a unidade estea permanentemente constituída por un mínimo de 10 investigadores/as líderes de acordo co definido no artigo 2 desta convocatoria. No caso de que algunhas das persoas propostas cause baixa, deberá substituírse por outra de análoga traxectoria ou ben valorar se a unidade pode continuar co seu desempeño na nova composición. As unidades deberán comunicar estas modificacións á Secretaría Xeral de Universidades que resolverá ao respecto destes cambios na composición.

3. Que as dependencias da unidade de investigación estean perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas no seo das propias universidades e localizadas en Galicia.

4. Que presenten os seus proxectos estratéxicos de investigación con base en hipóteses que poderán ser reformuladas durante a vixencia da axuda, sempre co acordo favorable da Secretaría Xeral de Universidades, e que incluirán os contidos que se detallan no artigo 8 desta orde.

Artigo 5. Contía e duración

As axudas serán de aplicación por un período de 4 anualidades de acordo co resultado da avaliación seguindo o procedemento e criterios definidos no artigo 12 desta orde.

Nas anualidades de 2020, 2021 e 2022 a contía mínima da axuda que se concederá será de 400.000 €, dos que polo menos 320.000 € serán fondos Feder, e a máxima de 1.000.000 € dos que polo menos 800.000 € serán fondos Feder. Na anualidade de 2019 aplicarase o mesmo criterio en función da puntuación obtida tendo en conta que a cantidade mínima será de 5.000 € e a máxima de 10.000 €.

Segundo o previsto no artigo 21.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, a achega pública fíxase como un importe certo e sen referencia a unha porcentaxe ou fracción do custo total polo que non se aboará máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. Enténdese que queda por conta do beneficiario a diferenza do financiamento necesario para a total execución da actividade subvencionada, se é o caso.

Artigo 6. Conceptos subvencionables

Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles realizados desde o 1 de decembro de 2019 sempre que respondan á natureza da actividade subvencionada e que resulten necesarios para o desenvolvemento das actuacións para as que foron concedidas. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Os gastos subvencionables desagregaranse nas seguintes partidas:

a) Gastos subvencionables con Feder.

1º. Custos directos: os custos directos son aqueles que están directamente relacionados coa actividade subvencionada e cuxo nexo coa actividade sexa coherente. Consideraranse custos directos subvencionables os seguintes:

1º.1. Sempre que cumpra co establecido no artigo 6 da Orde HPF/1979/2016, do 29 de decembro, o custo de contratación de persoal propio e de nova contratación (persoal investigador, técnico e auxiliar de investigación e xestores de ciencia). Admítese o custo derivado do cofinanciamento de programas competitivos de recursos humanos que así o exixan, tales como os programas estatais Juan de la Cierva e Ramón y Cajal, sempre que sexan compatibles co financiamento Feder. Non se subvencionarán os custos de persoal que xa estean cubertos polas dotacións previstas na Lei de orzamentos xerais do Estado ou nas leis de orzamentos da Comunidade Autónoma. A contratación poderá ser a tempo completo ou parcial.

Queda excluído o persoal que desempeñe funcións administrativas. Tampouco poderá admitirse os custos de persoas que aínda vencelladas ao proxecto non o estean mediante unha relación contractual.

1º.2. Custos de equipamento inventariable de nova adquisición, na medida e durante o período en que se utilicen para as actividades obxecto desta convocatoria.

Se a vida útil do equipamento se esgota ao termo do período de duración da axuda, considerarase como gasto o custo de adquisición. Se a vida útil do equipamento excede a duración da axuda só serán imputables os custos de amortización que correspondan, a amortización deberá calcularse de conformidade coa normativa contable nacional pública e privada, e os custos de depreciación referirase exclusivamente ao período de elixibilidade da operación.

Para que este custo sexa considerado como gasto, deberá detallarse na solicitude o procedemento de cálculo seguido para determinar os custos de amortización, tendo en conta o tempo concreto de imputación ás actividades.

De acordo co establecido no artigo 8 Orde HPF/1979/2016, do 29 de decembro, para ser subvencionable o custo de adquisición debe estar xustificado por documentos de valor probatorio equivalente ás facturas.

Dentro deste punto considerarase:

– A instalación do equipamento, sempre que sexa estritamente necesaria para a súa posta en funcionamento.

– As licenzas e renovacións de licenzas de software se son de uso específico para as actividades específicas e non de uso xeral.

Neste punto non se considerarán os seguintes gastos:

– Instalacións de edificios (electricidade, climatización, redes de telecomunicacións...), e as que non sexan estritamente necesarias para o funcionamento do equipamento científico e técnico.

– Equipamento para espazos ou usos alleos ás actividades subvencionadas, como zonas de administración ou xestión, salas de reunións, despachos, mobiliario de oficina...

– Licenzas de software xeral.

– Os custos de deseño, actualización e mantemento das páxinas web dos centros.

1º.3. Custo en material funxible sempre que teña carácter científico-técnico, quedando expresamente excluído o material de oficina e calquera outro material que non estea especificamente relacionado co proxecto de investigación. Cando se trate de material informático só se admitirá para aqueles centros de investigación do SUG cuxa actividade estea directamente relacionada coas tecnoloxías da información e comunicación (TIC) e se xustifique que resulta necesario para levar a cabo un proxecto de investigación.

1º.4. Os custos de viaxe, axudas de custo e aloxamento do persoal adscrito ao proxecto para a actividade obxecto da axuda, sempre que a contía non exceda o 20 % da axuda debidamente xustificada anualmente. Este punto abarcará unicamente: gastos de viaxe (por exemplo billetes, quilometraxe do vehículo, peaxes e gastos de aparcadoiro), custos de comida e de aloxamento nas contías máximas sinaladas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razóns de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia (actualizado pola Resolución do 29 de decembro de 2005; DOG núm. 250, do 30 de decembro) para un grupo I. Non se considerarán neste punto o persoal colaborador externo do centro.

1º.5. Consultoría e asesoramento externo para a presentación de proxectos no marco do Programa Horizonte 2020, así como contratación de servizos externos entendidos como actividades prestadas por terceiros de forma puntual, tales como análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias, consultorías, asistencias técnicas e servizos equivalentes para a execución das actividades investigadoras propias dos proxectos estratéxicos de investigación. Non se considerarán gastos de consultoría e asesoramento aqueles que non respondan directamente a necesidades específicas de carácter científico-técnico do proxecto de investigación, tales como gastos relacionados coa xestión administrativa, contable e traducións. Se a actividade que se vai realizar forma parte da propia investigación deberá ser considerada como subcontratación. Estes servizos deberán ser necesarios para o desenvolvemento das actividades e estar debidamente xustificados na solicitude ou na memoria xustificativa do gasto.

1º.6. Gastos derivados das reunións do comité asesor externo (CAE), incluíndo gastos de viaxe, asistencia a reunións e elaboración de informes. Establécese como límite para este tipo de gastos o importe de 15.000 € por anualidade.

2º. Custos indirectos ou gastos xerais: os custos indirectos son aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente coa actividade subvencionada por ter carácter estrutural, pero resultan necesarios para a súa realización, nos que se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), gastos de supervisión e control de calidade, subministracións (tales como auga, electricidade, calefacción, teléfono), seguros, seguridade ou gastos de limpeza.

En aplicación da opción prevista no artigo 68.1.b) do Regulamento (UE) nº 1303/2013, e normas número 5 e 13 da Orde HPF/1979/2016, do 29 de decembro, o custo imputable por este concepto será o importe resultante de aplicar unha porcentaxe de ata o 15 % aos custos de persoal imputados ás actividades e dependencias das unidades de investigación destinatarias da axuda.

Aos gastos recollidos na epígrafe a) seralles de aplicación o previsto na Orde HPF/1979/2016, do 29 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

b) Gastos subvencionables con cargo a fondo propio.

1º. Gastos derivados da elaboración dun informe de auditoría da xustificación económica por cada centro que obteña financiamento en cada unha das anualidades nas que a axuda estea activa. O custo por este concepto non poderá exceder os 1.200 € por anualidade.

2º. Gastos de material funxible non recollidos na epígrafe a) punto 1º.3 deste artigo.

3º. Contratación de servizos externos relacionados coa actividade do centro tales como: informes técnicos, consultivos, tradución e corrección de textos científicos, publicación dos resultados de investigación en aberto (non son de aplicación nesta epígrafe os gastos de autoedición ou similares) e gastos asociados na publicación das memorias de actividades relacionadas co proxecto estratéxico.

4º. Actividades de divulgación e difusión, e material asociado, das actividades propias do centro ou que nel se desenvolvan.

5º. Formación científica que se desenvolva no marco do proxecto estratéxico do centro.

A Secretaría Xeral de Universidades poderá ditar instrucións específicas co fin de aclarar os conceptos subvencionables, así como a súa xustificación económica.

Artigo 7. Formalización e presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED431G (anexo II), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Artigo 8. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:

1. Memoria descritiva da unidade de investigación. Este documento desenvolverá os seguintes aspectos e incorporará a seguinte documentación:

a) Descrición da organización e a súa gobernanza:

– Resumo executivo: presentación xeral da unidade; indicación dos principais logros obtidos no período 2016-2019 en relación á consolidación da unidade a nivel estratéxico, de goberno, organizativo e científico; obxectivos prioritarios cara ao novo período de financiamento (2019-2022).

– Marco estratéxico: misión, visión e valores da unidade recollidos no plan estratéxico en vigor. Vixencia do plan estratéxico actual no que destacan os aspectos de maior relevancia no caso dos centros que actualizaron os seus plans. Posicionamento estratéxico da unidade en relación a entidades de referencia no seu ámbito científico.

– Gobernanza, organización e xestión: traxectoria científica e profesional da persoa que lidere a dirección científica da unidade; descrición do modelo de goberno e dos mecanismos de vinculación coa universidade; indicación das normativas ou procedementos desenvolvidos para formalizar o funcionamento dos mecanismos de goberno; organigrama e descrición da estrutura organizativa; descrición das unidades técnicas de apoio á xestión da investigación e das fórmulas utilizadas para dotarse de capacidades de xestión (acceso aos servizos da universidade, provedores externos, etc).

– Descrición e marco de aplicación da política de transparencia da unidade e da universidade matriz.

– Seguimento continuo e avaliación interna e externa; descrición dos mecanismos utilizados para o seguimento e monitorización interna da actividade, dos resultados obtidos e as medidas adoptadas en consecuencia. En relación ao comité asesor externo (CAE): composición e funcións asignadas, dinámica de funcionamento para a avaliación externa do centro, avaliacións realizadas e efectos destas na estratexia, organización ou actividade do centro.

b) Capacidades:

– Persoas: atendendo á estrutura organizativa descrita, relacionaranse as persoas que forman parte do equipo directivo, científico, técnico e de xestión e administración. Proporcionarase información que permita valorar a calidade e adecuación do equipo. Nun anexo incluirase un currículo abreviado da persoa que liderará a dirección da unidade no período de, cando menos, os 10 investigadores/as líderes e dos máximos responsables das unidades técnicas e de xestión, de acordo co modelo organizativo.

– Recursos tecnolóxicos: relación e breve descrición das instalacións, equipamentos e medios máis relevantes, destacando os de carácter singular no contexto do SUG ou no ámbito nacional. Indicación doutras infraestruturas singulares relevantes para a actividade do centro ás que se ten acceso.

– Colaboracións: indicarase o tipo de alianzas estratéxicas (estables e orientadas a fortalecer o potencial científico da unidade) que mantén a unidade.

2. Traxectoria no período 2016-2019. Este documento conterá unha memoria das actividades desenvolvidas e dos resultados conseguidos no período 2016–2019. Desenvolveranse os seguintes aspectos e incorporará a seguinte documentación:

a) Investigación:

– Breve resumo das accións desenvolvidas e dos fitos acadados.

– Produción científica: indicaranse as contribucións científicas no período que se incluirán nunha táboa resumo co número total de publicacións, o número das publicadas en revistas das de maior impacto na súa área temática incluídas no 25 % (primeiro cuartil) e no 10 % (primeiro decil). Con respecto aos datos incluídos na táboa, explicarase o procedemento de cálculo e a fonte de información. Esta información completarase cunha relación comentada das vinte contribucións máis relevantes (artigos, revisións, monografías, capítulos de libros...). Complementariamente especificaranse os repositorios de acceso público empregados habitualmente pola unidade.

– Proxectos: incluirase unha táboa resumo con información cuantitativa relativa ao número de proxectos e recursos captados sobre á carteira de proxectos de investigación desenvolvidos e/ou activos no período e unha breve descrición dos dez proxectos considerados máis relevantes a nivel estatal e internacional respectivamente.

– Outros elementos neste ámbito que se consideren especialmente relevantes.

b) Valorización e transferencia:

– Breve explicación da estratexia de transferencia que está seguindo a unidade, actividade desenvolvida para impulsar a transferencia e resultados obtidos.

– Produción tecnolóxica, incluirase unha táboa resumo coa composición da carteira de patentes e outros títulos de propiedade industrial e intelectual solicitados e concedidos no período; incluirase a relación dos dez máis relevantes comentados.

– Actividade de valorización e transferencia: incluiranse táboas resumo coa información cuantitativa relativa ao número de proxectos e recursos captados sobre a composición da carteira de proxectos de valorización desenvolvidos no período, os contratos e convenios para a realización de actividades de I+D e os contratos de explotación da propiedade intelectual e industrial. Esta información completarase engadindo para cada caso as dez referencias máis relevantes comentadas.

– Spin-off creadas a partir de resultados da investigación: indicarase o número e a relación de empresas creadas no período, así como dos proxectos de creación de empresa en marcha. A información completarase ampliando a información sobre as principais referencias de spin-off en relación á composición, ano de creación e indicadores de actividade.

– Outros elementos neste ámbito que se consideren especialmente relevantes.

c) Formación, atracción e desenvolvemento de talento:

– Breve explicación da evolución na composición e estrutura da unidade ao longo do período e das actuacións máis destacadas e os resultados obtidos con relación a formación, atracción e desenvolvemento de talento. Incluiranse táboas resumo con información cuantitativa sobre as incorporacións de investigadores/as pre e posdoutorais, e persoal técnico e de xestión; detallando o programa de financiamento. Con relación á formación doutoral incluirase unha táboa resumo sobre as teses lidas e referenciaranse as dez consideradas máis relevantes comentadas.

– Actuación en materia de diversidade de xénero: explicación das actuacións e resultados obtidos en materia de xestión da diversidade de xénero.

– Outros elementos neste ámbito que se consideren especialmente relevantes.

d) Investigación e innovación responsable. Outreach.

– Descrición das actuacións e logros acadados en materia de investigación e innovación responsable e outreach conectando e proxectando a actividade da unidade á sociedade. En materia de comunicación indicarase se se conta cun plan, explicarase brevemente a estratexia, concretaranse as principais accións desenvolvidas e os resultados das métricas utilizadas destacando como repercutiron na actividade da unidade.

e) Indicadores:

Cubriranse, de acordo co modelo dispoñible, táboas resumo con indicadores en materia de capacidades, actividade investigadora, valorización e transferencia, talento, RRI e financiamento. No caso do financiamento indicarase o custo estrutural anual, o orzamento efectivamente dispoñible e os recursos captados en cada un dos anos do período, proporcionarase información por tipo de fonte de financiamento (contribución da universidade, financiamento público competitivo internacional, nacional e autonómico, financiamento público non competitivo a través de convenios, financiamento privado competitivo e non competitiva a través de contratos).

3. Proxecto estratéxico de investigación 2019-2022.

O proxecto estratéxico de investigación entendido, tal e como se define no artigo 2 desta convocatoria, como a carteira de actividades de investigación da unidade de investigación no período 2019-2022, incluíndo as accións de soporte para dotar a unidade da capacidade técnica, relacional e de xestión necesarias para conseguir os obxectivos estratéxicos de excelencia científica e impacto internacional na investigación fixados para o período. Fárase énfase na integración do proxecto científico: a coherencia e interrelación das áreas e grupos de investigación de cara ao desenvolvemento da misión, visión e valores do centro.

O documento desenvolverá os seguintes aspectos:

a) Marco estratéxico: obxectivos estratéxicos para o período 2019-2022, contexto científico-técnico, contorna de I+D+i e aliñamento coa RIS3. Ademais, tomando en consideración o descrito nas seccións de presentación e resultados, incluirase unha análise diagnóstica na que recolla debilidades e fortalezas da unidade e ameazas e oportunidades provenientes da contorna. Explicitarase a coherencia e a adecuación do proxecto estratéxico 2019-2022 coa traxectoria anterior.

b) Plans de acción e resultados esperados.

– Investigación: segundo o modelo de organización científica da unidade, para cada unha das prioridades, áreas ou ámbitos científicos indicaranse os obxectivos científicos e o plan previsto para acadalos incluíndo: actividade científica, equipo de traballo involucrado, recursos tecnolóxicos, colaboracións e resultados esperados en termos cualitativos. Farase fincapé naqueles aspectos que representen a introdución de cambios ou novidades con respecto ao descrito nos puntos de descrición e capacidades (novo modelo de organización científica, novos investigadores e investigadoras, novos medios, novas alianzas…).

– Valorización e transferencia: indicaranse os obxectivos en materia de valorización e transferencia para o período, as accións previstas, as capacidades necesarias e a carteira de proxectos e operacións.

– Formación, e atracción e desenvolvemento de talento: describiranse os obxectivos, medidas e accións previstas en materia de recursos humanos de investigación, así como para o persoal técnico e de xestión. Incluirase nesta sección un plan de xestión da diversidade de xénero.

– RRI (investigación e innovación responsable) e outreach: describiranse os obxectivos, medidas e accións nesta materia con especial incidencia ás relativas á difusión, divulgación e implicación e achegamento á sociedade.

– Internacionalización: expoñeranse os obxectivos en materia de posicionamento internacional e explicaranse as medidas e accións recollidas para fomentar e fortalecer a dimensión internacional.

c) Viabilidade:

– Técnica: xustificación de como contribúe o proxecto ao logro dos retos estratéxicos, identificación de riscos de carácter técnico que poidan comprometer o desenvolvemento do proxecto.

– Económica: incluirase un orzamento detallado por partidas de gasto para o desenvolvemento do proxecto estratéxico de investigación no período, acompañado dunha táboa resumo da estimación do orzamento anual e recursos captados no período por tipo de fonte de financiamento: contribución da universidade, convocatorias competitivas, convenios e contratos, etc.

d) Indicadores:

Incluirase unha táboa de indicadores segundo o modelo facilitado, indicando para cada un dos anos do período os resultados esperados en relación ás dimensións consideradas no proxecto estratéxico de investigación.

4. Apoio institucional:

Descrición das medidas e accións adoptadas, ou que serán adoptadas no período da axuda, pola universidade que amosen o compromiso institucional para proporcionar soporte científico, económico e técnico á unidade. Indicarase a posición que a unidade de investigación ten na estratexia da propia universidade e se se prevén medidas especiais para proporcionar ou incentivar un maior grao de autonomía á unidade.

5. Declaración das axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin de todas as administracións públicas ou polos seus organismos ou sociedades (que se inclúe no anexo II).

6. Certificación da universidade solicitante de todo o persoal adscrito á unidade supragrupal (desagregado nominalmente e indicando a súa categoría profesional).

7. Certificación da universidade solicitante da persoa que ocupará a dirección científica da unidade durante a vixencia da axuda.

8. Certificación da universidade coa descrición textual e expresión gráfica dos espazos asignados á unidade, con indicación expresa de se son de uso exclusivo ou de uso compartido (indicando neste último caso de maneira aproximada a porcentaxe deste uso compartido para cada espazo).

Toda a documentación indicada irá asinada pola autoridade que representa legalmente á universidade correspondente. A memoria descritiva, a traxectoria no período 2016-2019 e o proxecto estratéxico de investigación, sinalados nos puntos 1, 2 e 3, irán asinados pola persoa encargada da dirección científica da unidade de investigación que executará a axuda, esta documentación que acompaña á solicitude deberá cubrirse segundo os modelos dispoñibles na internet no enderezo http://www.edu.xunta.gal.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa representante.

b) Certificado acreditativo de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

c) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

d) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento coa Axencia Tributaria de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos formularios de inicio e achegar os ditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as entidades solicitantes deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Instrución do procedemento

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Secretaría Xeral de Universidades, que comprobará que todas as solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde e exporá a lista de solicitudes admitidas e excluídas sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, na internet no enderezo http://www.edu.xunta.gal (na epígrafe da Secretaría Xeral de Universidades).

Esta lista estará exposta por un período de 10 días naturais e durante este prazo as universidades solicitantes poderán formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas da exclusión, considerarase que a universidade solicitante desiste da súa petición nos termos establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do disposto no punto anterior, poderá requirirse a universidade solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución dos procedementos.

Unha vez transcorrido o prazo para as emendas ou alegacións, a persoa titular da Secretaría Xeral de Universidades ditará unha resolución pola que se aproban as listas definitivas das solicitudes admitidas e excluídas, que se publicarán na internet no enderezo http://www.edu.xunta.gal. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Non axustarse aos termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que se poidan acordar outro tipo de actuacións.

A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

Artigo 12. Avaliación e selección

1. A selección dos centros destinatarios das axudas realizarase a partir da suma das valoracións feitas por un panel de avaliadores e avaliadoras e pola Comisión de Selección. O panel poderá asignar ata un máximo de 200 puntos a cada solicitude.

2. Para a composición do panel de avaliadores e avaliadoras, que estará formado por expertos/as de fóra do SUG, poderase contar coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), e abarcarán, non só as principais áreas científicas de coñecemento e actividade das unidades de investigación que se avalíen, senón tamén aspectos estratéxicos, organizativos e funcionais.

3. Os criterios de avaliación das solicitudes presentadas, nos que se terán en consideración os aspectos de calidade máis que os de cantidade, aparecen recollidos no anexo I desta orde. Para garantir que as propostas financiadas teñan un nivel de calidade suficiente, só poderán recibir as axudas establecidas nesta convocatoria aquelas solicitudes que obteñan unha puntuación total igual ou superior a 140 puntos nesta fase.

4. Durante o proceso de avaliación o panel de avaliadores poderá requirir unha sesión presencial coas persoas directoras científicas das unidades e/ou co responsable da universidade solicitante para unha mellor compresión das propostas presentadas se así se considerase necesario. Para tal fin as persoas responsables poderán ser convocadas á dita sesión coas debidas garantías procedementais.

5. Para os efectos de escalabilidade das axudas, o equipo avaliador agrupará as propostas que acaden, cando menos, os 140 puntos en catro categorías segundo a calidade científica global da proposta. As categorías que se establecen son:

Categoría A (excelente).

Categoría B (moi boa).

Categoría C (boa).

Categoría D (adecuada).

6. Respectando o establecido no artigo 5 desta orde, a proposta que poida obter financiamento coa menor puntuación recibirá cando menos 400.000 euros e a que obteña maior puntuación 1.000.000 euros nas anualidades de 2020, 2021 e 2022. O resto das propostas recibirán a cantidade que resulte da aplicación dunha distribución lineal entre a puntuación máxima e a mínima da totalidade das propostas que superaron os 140 puntos. Na anualidade 2019 aplicarase o mesmo criterio en función da puntuación obtida tendo en conta que a cantidade mínima será de 5.000 euros e a máxima de 10.000 euros.

7. A valoración farase chegar á Comisión de Selección, que elaborará para o órgano instrutor un informe que inclúa o informe de avaliación do panel, e unha prelación das solicitudes en función da dispoñibilidade de recursos e os obxectivos que se perseguen con esta axuda ordenadas por puntuación decrecente e unha proposta de asignación de acordo coa previsión orzamentaria da convocatoria.

8. En función deste informe o órgano instrutor elaborará, sen prexuízo do disposto no artigo 25, a proposta de resolución que incluirá, para cada entidade beneficiaria, a relación de cada centro seleccionado co importe da axuda concedida.

A Comisión de Selección estará constituída por sete membros:

a) A persoa titular da Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria da Secretaría Xeral de Universidades ou persoa na que delegue, que actuará como presidente ou presidenta da comisión.

b) Serán vogais da comisión:

1. A persoa titular da Subdirección Xeral de Universidades da Secretaría Xeral de Universidades, ou persoa en que delegue.

2. Un/unha xefe/a de servizo da Secretaría Xeral de Universidades.

3. Tres persoas de recoñecido prestixio nas principais ramas de coñecemento das solicitudes presentadas a esta convocatoria, e/ou en ámbitos de estruturas de xestión da investigación, nomeadas pola presidencia da Comisión de Selección.

4. Un/unha xefe/a de servizo da Secretaría Xeral de Universidades, que actuará como secretario/a da comisión.

Artigo 13. Resolución de concesión das axudas

1. A competencia para resolver estas axudas correspóndelle á persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. O órgano instrutor elevará a proposta de resolución, que incluirá, para cada entidade beneficiaria, a relación de unidades seleccionadas co importe da axuda concedida.

2. A resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (http://edu.xunta.gal), pola cal se entenderán notificadas para todos os efectos as entidades solicitantes, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Unha vez concedida a subvención, esta deberá ser aceptada pola entidade beneficiaria no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, coas condicións específicas que recolle esta orde e as que, se for o caso, se inclúan na resolución. Con data límite do 15 de decembro de 2019 presentarase unha reelaboración do proxecto estratéxico e o seu orzamento para adaptalos á contía da axuda recibida, que deberá axustarse en todo caso aos importes percibidos segundo a resolución de concesión, respectando a cantidade concedida con cargo a fondos Feder e a fondos propios libres da Comunidade Autónoma, na que se detallen e axusten as diferentes partidas de gasto para unha adecuada execución.

A aceptación da axuda implica que pasarán a formar parte da lista de operacións onde figurarán os nomes dos beneficiarios, as operacións, a cantidade de fondos públicos asignada, que se publicará co contido previsto no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, así como na Base de datos nacional de subvencións.

A aceptación da axuda supón a declaración de que a entidade beneficiaria ten capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para cumprir as condicións que se establecen na convocatoria.

A resolución publicarase no prazo máximo de 5 meses, contados desde a publicación da orde de convocatoria. A non resolución en prazo faculta as persoas interesadas para entender desestimadas as súas solicitudes.

A resolución expresa ou presunta que poña fin á vía administrativa poderá ser impugnada polas persoas interesadas mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

En todo caso, deberá notificarse a cada entidade beneficiaria un documento que estableza as condicións da axuda para a operación. A resolución de concesión das axudas comprenderá a identificación da entidade beneficiaria, contía da subvención e obrigas que correspondan á universidade beneficiaria, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección da operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA).

Artigo 14. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude.

Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. Neste caso, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 15. Acreditación das unidades

As unidades de investigación seleccionadas recibirán a acreditación de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia. Esta acreditación estará vixente como máximo durante o tempo de duración da axuda.

A acreditación será nominativa para cada unha das unidades, sen que alcance ao conxunto da entidade á que pertence.

Poderá producirse a perda da acreditación nos seguintes casos:

1. A finalización anticipada do período de execución da axuda como consecuencia da concorrencia dalgunha das causas de reintegro total previstas nesta orde ou na lexislación vixente, ou por renuncia voluntaria da entidade beneficiaria.

2. No caso de que se detecte un incumprimento total dos obxectivos ou da actividade para a que se concedeu a axuda a través dos procedementos de seguimento e comprobación da xustificación.

3. A substitución da persoa que lidera a dirección da unidade sen contar con resolución expresa aprobatoria da Secretaría Xeral de Universidades, así como a vacante da dirección durante un período superior a un ano.

4. Unha perda de masa crítica (especialmente dos/das investigadores/as líderes) que, de acordo cos procedementos de avaliación e mecanismos de control e seguimento establecidos nesta orde, imposibilitase a correcta execución do proxecto estratéxico de investigación.

5. A escisión do centro acreditado.

6. Cambios na determinación do centro que non fosen autorizados mediante resolución da Secretaría Xeral de Universidades.

As unidades poderán dar publicidade á acreditación durante o seu período de vixencia.

Artigo 16. Obrigas das entidades beneficiarias

Sen prexuízo das demais obrigacións que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, as entidades beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigadas a:

1. Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención, e acreditalo ante o órgano concedente, así como o cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión ou documento no que se establecen as condicións de axuda.

2. Adaptar os consellos reitores, nos casos en que sexa necesario, para que nestes órganos colexiados figure con voz e voto unha persoa, cando menos, en representación da Secretaría Xeral de Universidades. Establécese un período máximo dun ano para que a incorporación sexa efectiva.

3. Adaptar a composición e funcionamento dos comités asesores externos (CAE ou SAB) aos estándares internacionais que adoitan rexer neste tipo de órganos colexiados.

4. Manter a persoa que lidera a dirección científica da unidade durante o período da axuda. Se por causa xustificada esta persoa tivese que ser substituída, comunicarase á Secretaría Xeral de Universidades quen, á vista dos informes preceptivos do CAE do centro e do CAP resolverá ao respecto.

5. Empregar a normativa de imaxe que estea vixente para este tipo de unidades durante o período da axuda.

6. Xustificar ante a consellería, de acordo co previsto nestas bases de convocatoria e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e goce da subvención.

7. Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.

8. Facilitar á administración, despois de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

9. Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión, ás comprobacións do artigo 125.5 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello e, de ser o caso, dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

10. Comunicarlle á consellería a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

11. Solicitarlle á consellería autorización para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobadas que estean suxeitas á autorización previa. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento financiable suporá a non admisión das cantidades desviadas.

12. Darlle publicidade ás axudas recibidas nos contratos de servizos, así como en calquera outro convenio ou contrato relacionado coa execución da actuación, incluída a subcontratación, e en axudas, publicacións, relatorios, equipamentos, material inventariable e actividades de difusión de resultados financiadas con elas, mencionando expresamente a súa orixe e o cofinanciamento con fondos estruturais da Unión Europea. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na páxina web do centro, da unidade e/ou da universidade, e mantela actualizada. Na web deberán figurar, como mínimo, os obxectivos e actuacións da actividade subvencionada. Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da consellería e a frase «Subvencionado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional», así como «Cofinanciado con cargo aos fondos Feder».

13. Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013, a entidade beneficiaria deberá, durante a realización da operación:

a) Recoñecer o apoio de Feder á operación mostrando en todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo o emblema da Unión, así como unha referencia á Unión Europea, e unha referencia ao fondo que dá apoio á operación. Deberá incorporarse o lema asociado ao fondo «Unha maneira de facer Europa».

b) Informar o público do apoio obtido de Feder durante a realización da operación, facendo unha breve descrición na súa web, de maneira proporcionada ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión.

c) Colocar, nun lugar ben visible para o público, por exemplo á entrada das dependencias do centro ou agrupación, un cartel ou placa permanente de tamaño mínimo A3. O cartel ou a placa incorporarán o emblema da Unión e indicarán o nome e o obxectivo principal da operación. Elaboraranse de acordo coas características técnicas adoptadas pola Comisión no Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

d) No caso de persoal de nova contratación, farase mención expresa no contrato ao cofinanciamento Feder no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo específico 1.2.3), ao nome da unidade de investigación e á presente convocatoria.

Para o resto de persoal dedicado ás actividades da unidade de investigación, a entidade beneficiaria deberá comunicar por escrito ao traballador ou traballadora que parte do seu salario está a ser cofinanciado con fondos Feder nos mesmos termos, e incluirá unha mención expresa ao nome da unidade de investigación, á presente convocatoria e á porcentaxe de imputación do seu tempo ás actividades subvencionadas pola presente convocatoria.

14. Manter un sistema de contabilidade separado ou código contable axeitado que permita unha pista de auditoría apropiada, en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta convocatoria, así como conservar a documentación xustificativa relativa aos gastos financiados, cando menos, un período de 3 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas na que estean incluídos os gastos da operación, ou no caso de operacións cun gasto subvencionable igual ou superior a 1.000.000 € de 2 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída. A documentación xustificativa relativa aos gastos financiados que deberá conservar é a seguinte:

1º) Un resumo de execución económica no que conste o concepto de gasto, o provedor, o importe (IVE excluído) e a data de cada un dos xustificantes presentados agrupados por tipoloxía de gastos.

2º) Documentación xustificativa do gasto: copia dos documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas dos provedores ou documentos de valor probatorio equivalente, con validez no tráfico xurídico mercantil ou eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 48 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o regulamento da citada lei. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado e incluír os datos da universidade beneficiaria, do contrario non se considerará subvencionable.

3º) Documentación xustificativa do pagamento: copia de transferencias bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios, sempre que conten co selo do banco, CSV ou outro método que garanta a verificabilidade da autenticidade do documento. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor.

Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, o número e a satisfacción do importe total da factura (IVE incluído), así como o concepto suficientemente descritivo a que se refiren. No caso de que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, deberá ir acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre gasto e pagamento.

No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas, achegarase unha relación detallada delas en que se poida apreciar que o pagamento se corresponde coas devanditas facturas. No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas á actividade subvencionada, será necesario achegar o correspondente extracto bancario acompañado da orde de pagamento da empresa selada polo banco coa relación detallada das facturas.

En ningún caso se admitirán pagamentos xustificados mediante recibos do provedor nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

4º) No caso de investimentos en activos intanxibles, deberá realizarse unha acta de conformidade que acredite a comprobación material do investimento.

5º) No suposto de que o importe do IVE non sexa recuperable, poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso deberase presentar un certificado relativo á situación da entidade co respecto ao IVE.

6º) Para a xustificación do custo de persoal deberá conservarse a seguinte documentación:

– Certificación dos custos de persoal emitida polo responsable da entidade, consistente nunha relación detallada por meses do persoal dedicado ás actividades, que deberá incluír os seguintes datos: DNI, nome, apelidos, posto na entidade, retribución bruta e líquida mensual, data de pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo á entidade, data de pagamento da Seguridade Social e custo total imputado (retribucións e Seguridade Social), segundo a dedicación de cada traballador ou traballadora ás actividades financiadas.

– Xustificación da comunicación por escrito ao traballador ou traballadora de que parte do seu salario está cofinanciado con fondos Feder, seguindo as instrucións de información e publicidade da Secretaría Xeral de Universidades.

– Declaración asinada polo/a responsable da entidade cos importes mensuais de retencións do IRPF dos traballadores e traballadoras dedicados ás actividades, acompañada dos modelos 111 e dos seus correspondentes xustificantes bancarios.

– Copia das nóminas do persoal dedicado ás actividades e copia dos xustificantes bancarios do seu pagamento. Nos xustificantes de pagamento das nóminas deberán vir detallados os seus receptores, así como as cantidades percibidas por cada un deles. Cando a documentación xustificativa deste gasto conste dun xustificante bancario da remesa total mensual, deberá achegarse a lista da orde de transferencia en que se detallen os distintos traballadores e traballadoras incluídos, que deberá estar selada pola entidade bancaria.

– Boletíns de cotización á Seguridade Social e os seus xustificantes de pagamento.

– Informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social para cada un dos traballadores e traballadoras.

– No caso de persoal de nova contratación deberá achegarse copia do contrato de traballo en que poida verificarse a contratación para o desenvolvemento das actividades subvencionadas.

7º) Dado que as universidades beneficiarias teñen a condición de poder adxudicador, de acordo co disposto no artigo 3.3.d) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, deberanse someter á disciplina de contratación pública para adquirir os bens ou servizos subvencionables.

8º) Declaración asinada polo/a representante legal da entidade en que se detalle o cadro de amortización de cada equipamento incluído no seu orzamento, calculado sobre a base de boas prácticas contables, así como un informe técnico sobre o período de amortización. En todo caso, esta documentación deberá acompañarse dos estados contables da entidade e dos correspondentes documentos xustificativos do gasto e pagamento da compra. A consellería poderá comprobar a veracidade destes datos accedendo en calquera momento aos documentos contables da entidade.

9º) No caso de subcontratacións deberá disporse da seguinte documentación:

– Orixinal ou copia compulsada da factura emitida pola entidade subcontratada na que se especifique claramente o título das actividades financiadas.

– Xustificantes de pagamento da/das factura/s da subcontratación.

– Memoria realizada polo subcontratista das súas actividades na unidade de investigación.

10º) Certificación dos custos de viaxe emitida polo/a responsable da entidade, na que conste o nome da persoa que realiza a viaxe, o lugar de destino, as datas e o motivo da viaxe en relación coas actividades desenvolvidas polo centro ou a agrupación. Os custos da viaxe estarán desagregados por conceptos de gasto: transporte (avión, taxi, autobús, coche particular…), aloxamento (nº de noites) e mantemento (por días). Esta certificación deberá estar acompañada das correspondentes facturas e xustificantes de pagamento, así como da copia dos billetes/tarxetas de embarque do medio utilizado.

11º) Calquera outra documentación xustificativa relativa aos gastos financiados.

15. A entidade beneficiaria deberá introducir os datos e documentos dos que sexa responsable, así como todas as posibles actualizacións no sistema de intercambio electrónico de datos, de acordo coas especificacións determinadas nesta convocatoria en cumprimento do artigo 122.3 do Regulamento 1303/2013 e no artigo 10.1 do Regulamento 1011/2014.

16. A entidade beneficiaria deberá informar sobre o nivel de logro dos indicadores de produtividade ao mesmo tempo que xustifica os gastos.

17. Calquera outra obriga imposta de maneira expresa as entidades beneficiarias na resolución de concesión ou no documento no que se establecen as condicións da axuda.

Artigo 17. Seguimento e coordinación

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional levará a cabo un seguimento continuo do programa de axudas e avaliará o rendemento das unidades de investigación acreditadas e financiadas.

1. Para tal fin modifícase a comisión asesora do programa (CAP), creada no artigo 17 da Orde do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), e que estará constituída polas seguintes persoas:

a) Serán vogais da comisión un máximo de 15 persoas de recoñecido prestixio e independencia nas principais ramas de coñecemento sobre as cales actúen os centros e/ou en ámbitos de estruturas de xestión da investigación, nomeadas pola persoa titular da Secretaría Xeral de Universidades. Os vogais da comisión elixirán de entre eles a un que exercerá a función de portavoz.

b) Un/unha xefe/a de servizo da Secretaría Xeral de Universidades, que actuará como secretario/a da comisión.

2. Serán funcións desta comisión asesora do programa:

a) Analizar e avaliar as actuacións levadas a cabo dentro do Programa de centros de investigación de Galicia tomando como base a análise dos principais indicadores fixados, basicamente centrados nos seguintes retos:

Captación, formación e retención de talento.

Investigación de referencia competitiva.

Captación de fondos nacionais e internacionais.

b) Elaborar, á vista das avaliacións realizadas, recomendacións para mellorar os indicadores, baseándose nas fortalezas e oportunidades identificadas, exercendo de órgano responsable da metaavaliación do sistema.

c) Propoñer iniciativas encamiñadas á mellora do modelo.

d) Propoñer, eventualmente, novos indicadores que permitan avaliar e mellorar o impacto dos centros.

e) Propoñer as actuacións ou estratexias que considere adecuadas en función da evolución do impacto dos centros de investigación de Galicia.

f) Fixar criterios para a realización de avaliacións por equipos ad hoc relacionados coas disciplinas científicas dos distintos centros.

g) Levar a cabo, directamente ou co apoio de analistas externos, os traballos adecuados para fundamentar as súas propostas.

3. As entidades beneficiarias das axudas, as direccións científicas dos centros e os consellos reitores posibilitarán e facilitarán as interaccións constantes entre os CAE, o CAP e a SXU para un mellor seguimento das accións dos programas e cara a establecer as necesarias sinerxías cooperativas.

4. En paralelo, e por impulso da Secretaría Xeral de Universidades, crearase a Rede de centros de investigación do SUG como foro de reflexión, expresión e achega de ideas entre a SXU e os centros acreditados nestas axudas que supón o instrumento de traballo para a definición, impulso e posta en marcha de accións combinadas que permitan optimizar recursos e aumentar de xeito significativo as capacidades e oportunidades dos centros. Constituirase como órgano colexiado, sen funcións executivas, e nel terán participación a propia Secretaría Xeral, que liderará a presidencia e a secretaría, e todos os centros acreditados.

Artigo 18. Modificacións dos proxectos estratéxicos

A execución dos proxectos estratéxicos de investigación debe realizarse de acordo cos termos establecidos na resolución da subvención e consonte os documentos presentados.

En ocasións pode ocorrer que sexa necesario introducir algunhas modificacións durante a execución para garantir o correcto desenvolvemento do proxecto. A este respecto cómpre distinguir entre modificacións non substanciais e substanciais:

1. Modificacións non substanciais.

As modificacións non substanciais poden ser consideradas como «desviacións» sempre que sexan comunicadas. Esta comunicación debe incluír unha xustificación de tales cambios menores, unha explicación sobre as súas consecuencias para a execución do proxecto e a solución proposta para facer fronte a eles e para evitar desviacións similares no futuro. Considéranse modificacións non substanciais:

a) Cambio nos datos de contacto.

b) Cambios no calendario de execución das actividades.

c) Modificación orzamentaria de ata un 10 % por partida. É dicir, poderanse incrementar e reducir partidas orzamentarias, sempre que ningunha delas se vexa alterada en máis dun 10 %, e sempre que se respecte o orzamento máximo do proxecto.

2. Modificacións substanciais.

Considéranse cambios substanciais aqueles que afectan:

a) As actividades principais do proxecto (p.e.: cancelación de actividades ou inclusión de actividades non previstas inicialmente).

b) A perda de masa crítica de investigadores líderes, de acordo co establecido nos artigos 4.2 e 15.4 da convocatoria, que non conte coa resolución favorable da Secretaría Xeral de Universidades.

c) Os obxectivos e indicadores do proxecto.

d) O orzamento, por riba do límite do 15 % por partida orzamentaria. Durante a vida do proxecto, a entidade beneficiaria poderá solicitar en cada anualidade unha única redistribución de orzamento por riba do límite do 15 % por partida orzamentaria.

e) A duración do proxecto.

3. Se a entidade beneficiaria necesitase efectuar unha modificación substancial deberá informar a Secretaría Xeral de Universidades con polo menos 20 días naturais de antelación á data de inicio de todas as accións para as que se solicita modificación, mediante unha solicitude formal asinada e selada polo responsable da entidade ou persoa designada para ese efecto. Este documento debe recoller, polo menos, a seguinte información:

a) Código de proxecto.

b) Entidade.

c) Motivo e necesidade da modificación solicitada.

d) Partes do proxecto afectadas, debidamente actualizadas.

A Secretaría Xeral de Universidades estudará esta solicitude e comunicará a súa resolución nun prazo de 30 días. Poderá solicitarse información adicional.

En ningún caso as modificacións suporán un incremento do orzamento total do proxecto aprobado.

Artigo 19. Avaliación do rendemento

Antes do remate da axuda, realizarase unha avaliación do cumprimento dos obxectivos da unidade de investigación así como da calidade e viabilidade do plan estratéxico.

Complementariamente, aquelas unidades que obtendo a axuda tivesen unha cualificación D terán que someterse a unha avaliación intermedia do rendemento antes da última anualidade, sendo preciso obter unha cualificación positiva nesta fase para acceder á última anualidade da axuda.

Para este fin, a Secretaría Xeral de Universidades poderá emitir instrucións para unha mellor definición destes procedementos se o considera oportuno. Nas avaliacións teranse en conta, entre outros criterios, os indicadores que figuran na memoria descritiva da solicitude. De non superar estas avaliacións, aplicarase o establecido no artigo 25 (incumprimentos, renuncias, reintegros e sancións) desta orde.

Artigo 20. Libramento da subvención

1. A subvención será librada á universidade solicitante á que pertenza a unidade de investigación, conforme a resolución de concesión e de acordo coa normativa vixente.

2. Para proceder ao libramento dos fondos na anualidade 2019 será preciso que a entidade beneficiaria expida, na data límite do 15 de decembro, a seguinte documentación:

a) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para que foi concedida, de acordo co artigo 27 da Lei 12/2014, do 30 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

b) A adaptación do proxecto estratéxico e do orzamento á contía da axuda recibida.

3. Para proceder ao libramento dos fondos nas anualidades de 2020, 2021 e 2022 será preciso que a entidade beneficiaria expida, na data límite do 30 de novembro de cada anualidade, a seguinte documentación:

a) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para que foi concedida, de acordo co artigo 27 da Lei 12/2014, do 30 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

b) Memoria explicativa do logro dos obxectivos do proxecto estratéxico de investigación. Esta memoria explicativa irá asinada polo/a director/a científico/a correspondente.

c) Certificación das variacións na composición do centro durante a anualidade que se xustifica.

d) Informe de auditor/a inscrito/a como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre os conceptos, período de realización e pagamento dos gastos presentados nesa anualidade. O informe de auditoría axustarase ao disposto na Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos/das auditores/as de contas na realización dos traballos de revisión das contas xustificativas de subvencións.

e) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

4. No suposto de que a entidade solicitante se opoña á consulta por parte do órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, deberá achegar a documentación acreditativa de estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma.

5. Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado perante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

6. Poderán realizarse pagamentos anticipados que supoñan entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención e ata un máximo do 50 % da subvención concedida para cada anualidade. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada, logo de solicitude debidamente xustificada da entidade beneficiaria, que deberá realizarse nos tres primeiros meses de cada anualidade.

Poderán realizarse pagamentos parciais a conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente que xunto cos pagamentos anticipados en ningún caso poderán superar o 100 % da axuda concedida.

Nas anualidades de 2019, 2020 e 2021 os investimentos e pagamentos que se efectúen desde o 1 de decembro da anualidade corrente poderán presentarse como xustificante da anualidade seguinte para o cobramento, agás o previsto no punto 2 deste artigo. Nas anualidades de 2020 e 2021, no caso dos custos de contratación de persoal investigador ou auxiliar, os pagamentos das nóminas, seguridade social e IRPF dos meses de outubro e novembro de cada anualidade poderán presentarse como xustificantes para o cobramento da anualidade seguinte.

Considerarase gasto realizado aquel que efectivamente se pagase con anterioridade á finalización do prazo de xustificación. Exceptúanse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior para axustarse aos calendarios de recadación, como os ingresos a conta do IRPF ou as cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación.

Artigo 21. Modificación da resolución de concesión de axudas

Poderase modificar a resolución de concesión da axuda, tal como se especifíca no artigo 17 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando se alteren as condicións habidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, pola obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais. Por iso, cando a entidade beneficiaria reciba outros fondos cos mesmos obxectivos que os establecidos nesta convocatoria, deberá comunicarllo á Secretaría Xeral de Universidades.

Poderase acordar a modificación da resolución de concesión por instancia da entidade beneficiaria, sempre que esta presente a solicitude de modificación con anterioridade á data de finalización do prazo de xustificación desa anualidade e se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación da actividade subvencionable estea comprendida dentro da finalidade e dos requisitos das bases reguladoras.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de concorrer na concesión inicial, non supoñerían a denegación da subvención.

d) Que non sexan tidos en conta requisitos ou circunstancias que debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución tivesen lugar con posterioridade a ela.

A solicitude de modificación debe formularse polo representante da entidade beneficiaria e deberá motivar os cambios que se propoñen e debe xustificar a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

En ningún caso se admitirán cambios con data anterior á entrada en rexistro da solicitude de modificación.

O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado despois da instrución do correspondente expediente en que se lle dará audiencia ao interesado. A autorización de modificación deberá realizarse de forma expresa e notificaráselle ao interesado.

Artigo 22. Réxime de compatibilidade

As axudas concedidas serán compatibles con outras axudas ou subvencións, de acordo co establecido na normativa aplicable, excepto cando o importe das axudas concedidas, illadamente ou en concordancia con outras, supere o custo da actividade subvencionada. Por iso, cando a entidade beneficiaria reciba outros fondos cos mesmos obxectivos que os establecidos nesta convocatoria, deberá comunicalo á Secretaría Xeral de Universidades.

En todo caso serán incompatibles coas axudas outorgadas pola Xunta de Galicia ao abeiro da Orde do 4 de xullo de 2018 (DOG núm. 134, do 13 de xullo) de agrupacións estratéxicas.

Unha operación poderá recibir axuda de un ou varios fondos EIE ou dun ou varios programas e doutros instrumentos da Unión, a condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pagamento correspondente a un dos fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro fondo ou instrumento da Unión, a axuda do mesmo fondo no marco dun programa distinto. O importe do gasto que deberá consignarse nunha solicitude de pagamento dun fondo EIE pode ser calculado para cada fondo EIE e para programa ou programas de que se trate a prorrata, con arranxo ao documento no que se establezan as condicións da axuda.

Artigo 23. Control

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

Complementariamente, e con independencia do sinalado no artigo 19, poderá solicitar de todas as entidades beneficiarias das axudas desta convocatoria documentación de seguimento sobre a evolución e actividade das unidades de investigación destinatarias das axudas, ata o remate do ano 2023, coa finalidade de comprobar o impacto das axudas concedidas.

A consellería, polos medios que considere, poderá realizar en calquera momento visitas ás entidades beneficiarias, comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento das actividades, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de orixe dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos, poderá propoñer a suspensión da subvención concedida.

Así mesmo, a consellería poderá convocar anualmente ás entidades beneficiarias a unha entrevista para coñecer a planificación das actividades en curso e valorar a consecución dos obxectivos e resultados do ano anterior.

En particular, a consellería fará un seguimento especial do cumprimento dos compromisos que adquira a entidade beneficiaria de acordo coa documentación que presente segundo o disposto no artigo 8.4 desta convocatoria.

Con carácter previo ao pagamento final da subvención será obrigatorio realizar unha actividade de inspección por parte da consellería. Ademais desta actividade final de inspección, a consellería, no marco do seu plan anual de inspección, poderá realizar as visitas e comprobacións iniciais, intermedias e finais que considere convenientes.

Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión do programa operativo Feder, así como ás verificacións do artigo 125.5 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 24. Antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puideran ser constitutivos de fraude o irregularidade en relación dos proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá polos ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Aministración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto httpp://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidasantifraude/snca-olaf.

Artigo 25. Incumprimento, renuncias, reintegros e sancións

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como os compromisos asumidos nela durante o tempo de duración da axuda. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e os xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

2. Serán causas de reintegro as seguintes:

a) A falsidade, inexactitude ou omisión dos datos fornecidos pola entidade beneficiaria que servisen de base para a concesión da axuda ou ocultamento daqueles datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou da finalidade para o que a axuda foi concedida.

c) O incumprimento da obriga de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultamento nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables ou outros deberes impostos na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento do deber de adoptar as medidas de difusión e publicidade.

e) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso se derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) A obtención de financiamento de distintas orixes ou concorrencia de subvencións por encima do custo das actividades subvencionadas.

g) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

h) A perda da acreditación da unidade segundo o descrito no artigo 15 da convocatoria.

3. O incumprimento total dos fins para os que se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do investimento financiable ou da obriga de xustificación, será causa de perda do dereito ao cobramento ou do reintegro total da subvención.

4. O incumprimento parcial dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención ou ao reintegro parcial da subvención. Son causa de reintegro parcial os seguintes supostos:

a) Non comunicar a obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas suporá a perda dun 5 % da subvención concedida, unha vez recalculada e descontada o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

b) Non darlle publicidade ao financiamento do proxecto segundo a normativa comunitaria suporá a perda dun 2 % da subvención concedida.

c) Non comunicar a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención suporá unha perda do 5 % da subvención concedida.

d) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen perxuízo das normas xerais da contabilidade, que permitirá seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, suporá a perda dun 2 % da subvención concedida.

No caso de condicións que constitúan obrigas que o beneficiario debe acreditar na fase de xustificación (obrigas de publicidade, comunicación doutras axudas, etc.), estas deberán xustificarse en todo caso para poder proceder ao pago da subvención, polo que a gradación fixada neste apartado só resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecten en controis posteriores ao pagamento, algún incumprimento relativo a esas obrigas.

5. Tratándose de condicións referentes á contía do proxecto o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao investimento deixado de practicar ou practicada indebidamente, minorándose a subvención proporcionalmente a condición de que se respecten os requisitos mínimos establecidos na convocatoria.

6. Por afectar as condicións que se tiveron en conta no momento de conceder a subvención, se se incumprisen as tarefas, compromisos, obxectivos ou condicións do proxecto, dando lugar a un informe final negativo, o incumprimento valorarase en función de este e suporá a aplicación dun factor de corrección da axuda igual á porcentaxe de incumprimento sinalado no informe técnico.

A aplicación do factor de corrección realizarase na última anualidade, e o importe minorado se detraerá desta. No caso de que o importe aprobado para a última anualidade resulte insuficiente para cubrir esta diferenza, requirirase á entidade beneficiaria para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación de expediente de reintegro nos termos recolleitos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

7. Se o incumprimento derivase da inobservancia dalgunha condición ou suposto distinto dos anteriores, o seu alcance será determinado en función do grao e da entidade da condición incumprida.

8. As entidades beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións prevista no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 26. Dotación orzamentaria

As axudas imputaranse á aplicación orzamentaria 10.40.561B.744.0 correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia de cada ano, coa seguinte desagregación:

Tipo de fondo

Código de proxecto

Crédito (en euros)

2019

2020

2021

2022

Total

Feder (S)

2015 00409

Feder (80 %)

-----------

4.800.000 €

4.800.000 €

4.800.000 €

14.400.000 €

FCA (20 %)

-----------

1.200.000 €

1.200.000 €

1.200.000 €

3.600.000 €

Fondo propio (N)

2016 00129

80.000 €

800.000 €

800.000 €

800.000 €

2.480.000 €

Total convocatoria

80.000 €

6.800.000 €

6.800.000 €

6.800.000 €

20.480.000 €

Os importes indicados se imputarán ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2019 e 2020, as anualidades 2021 e 2022 se integrarán no novo plan de financiamento universitario.

Estes créditos poderán redistribuírse entre as diferentes anualidades cando o volume das solicitudes presentadas e avaliadas favorablemente así o requira.

As axudas reguladas nesta convocatoria estarán cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 1 «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación», Prioridade de investimento 1b «O fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes» Obxectivo específico 1.2.3 «Fomento e xeración de coñecemento de fronteira, desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes, tecnoloxías facilitadoras esenciais e coñecemento orientado aos retos da sociedade». Actuación CPSO: 1.2.3.3 «Apoio ás estruturas de investigación do Sistema universitario galego: centros de investigación e agrupacións estratéxicas.

As operacións non se seleccionarán para recibir axuda dos fondos EIE se concluíron materialmente ou se executaron integramente antes de que a entidade beneficiaria presente a autoridade de xestión a solicitude de financiamento conforme o programa, á marxe de que a entidade beneficiaria efectuase todos os pagamentos.

De acordo co disposto no artigo 2.1.1 da Comunicación da Comisión sobre o Marco sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2014/C198/01), publicado no Diario Oficial de la Unión Europea C 198, do 27 de xuño de 2014, non se aplicará o disposto no artigo 107-1 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas previstas nesta orde, que se outorgarán a organismos de investigación para actividades non económicas. As entidades beneficiarias que, ademais de actividades non económicas, realicen tamén actividades económicas, deberán consignar por separado o financiamento, os custos e os ingresos respectivos.

Cando o organismo de investigación realice case exclusivamente actividades non económicas, poderán quedar excluídos na súa totalidade do ámbito de aplicación do artigo 107.1 do Tratado de funcionamento da Unión Europea sempre que as súas actividades económicas sexan puramente accesorias; é dicir, que correspondan a unha actividade que estea relacionada directamente co seu funcionamento ou sexa necesaria para o funcionamento do organismo de investigación ou estea estreitamente vinculada o seu principal uso non económico, e teña un alcance limitado.

Considerarase que isto se produce cando as actividades económicas consumen exactamente os mesmos insumos (como material, equipamento, man de obra e capital fixo) que as actividades non económicas e a capacidade asignada cada ano a estas actividades económicas non supera o 20 % da capacidade anual total da entidade de que se trate.

Artigo 27. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das entidades beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade dos previstos no artigo 3.1 da Lei 1/2016, a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional única. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recollidos neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha dos procedementos incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas e esta circunstancia reflectirase no dito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia. Os datos serán comunicados á Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Facenda coa finalidade de realizar a xestión, seguimento, información, control, coordinación e estudo da execución e avaliación do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 na súa condición de organismo intermedio do programa en virtude das funcións atribuidas pola autoridade de xestión segundo o disposto nos artigos 125, punto 2, artigo 140, puntos 3 a 5, e anexo XIII, punto 3, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e as súas disposicións de desenvolvemento.

Co fin de darlles a publicidade exixida aos procedementos, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito nesta norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/información-xeral-proteccion-datos.

Disposición derradeira primeira. Remisión normativa

As axudas obxecto desta convocatoria réxense polas normas comunitarias aplicables por razón do cofinanciamento pola Unión Europea e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas. En particular, seralles de aplicación a seguinte normativa comunitaria:

Regulamento nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento nº 1808/2006.

Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello.

Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

Supletoriamente seralles de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, a normativa básica da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, así como, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e demais disposicións que resulten de aplicación.

Disposición derradeira segunda. Recursos

Esta orde poderá ser recorrida mediante recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANEXO I

Criterios

Puntuación
máxima

1. Memoria descritiva da unidade de investigación.

A) Descrición da organización e a súa gobernanza.

40

Contidos mínimos:

Resumo executivo.
Marco estratéxico: misión, visión, valores e posicionamento.

Modelo de gobernanza, organización e xestión:

Transparencia.

Mecanismos de seguimento e avaliación interna.

Avaliación externa: comité asesor externo.

B) Capacidades.

20

Contidos mínimos:

Persoas: equipo científico, técnico, de administración e xestión.
Recursos tecnolóxicos: instalacións e equipos singulares.

Colaboracións estables.

Subtotal

60

2. Traxectoria no período 2016-2019.

A) Investigación.

20

Contidos mínimos:

Publicacións.
Proxectos de investigación.

Outros.

B) Valorización e transferencia.

10

Contidos mínimos:

Produción tecnolóxica (patentes, licencias…).
Proxectos de valorización, contratos e convenios de actividades de I+D+i máis destacados
Spin-offs.

Outros.

C) Formación, atracción e desenvolvemento de talento.

20

Contidos mínimos:

Teses de doutoramento.
Incorporación ao centro de investigadores.
Incorporación ao centro de persoal técnico de apoio.
Incorporación ao centro de persoal de xestión.

Actuacións en materia de diversidade de xénero.

Outros.

D) RRI e Outreach

10

E) Indicadores.

Contidos mínimos:

Capacidades, actividade investigadora, valorización e transferencia, talento, RRI e financiamento.

Subtotal

60

3. Proxecto estratéxico de investigación 2019-2022.

A) Marco estratéxico.

10

Contidos mínimos:

Obxectivos estratéxicos 2019-2022.

DAFO.

Aliñamento cos retos estratéxicos RIS3.

Coherencia e adecuación do proxecto estratéxico 2019-2022 con respecto á traxectoria anterior.

B) Plan acción e resultados esperados (2019-2022).

20

Contidos mínimos:

Investigación.
Valorización e transferencia.
Formación, atracción e desenvolvemento de talento.

RRI e outreach.

Internacionalización.

C) Viabilidade técnica e económica.

10

D) Indicadores.

Contidos mínimos:

Capacidades, actividade investigadora, valorización e transferencia, talento, RRI e financiamento.

Subtotal

40

4. Apoio institucional.

Contidos mínimos:

Descrición das accións de reforzo coas que a universidade beneficiaria apoia ou ten previsto apoiar á unidade.

Subtotal

40

Puntuación total máxima

200

missing image file
missing image file
missing image file