Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 8 de outubro de 2019 Páx. 44574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 26 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, do acordo de ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Os Queimós no concello de Guitiriz (expediente 01/2018 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles ás persoas interesadas o acordo de ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Os Queimós, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 26 de setembro de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 01/2018 AT.

Denominación: LMT, CT e RBT Os Queimós.

Acordo de ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación.

Predio

Propietario

Pol.

Parc.

46

Herdeiros de Jesús García Díaz

111

260