Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 14 de outubro de 2019 Páx. 45190

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2019 pola que se modifica a distribución entre créditos orzamentarios da Resolución do 6 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do programa de fomento do parque de vivenda en alugamento do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con carácter plurianual (código de procedemento VI432C).

Con data do 19 de xuño de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 6 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do programa de fomento do parque de vivenda en alugamento do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con carácter plurianual (código de procedemento VI432C).

O ordinal trixésimo terceiro da citada resolución dispón, no seu parágrafo 1, que as axudas previstas nesa convocatoria se farán efectivas con cargo ás aplicacións orzamentarias 07.83.451B.760.0, 07.83.451B.770.0 e 07.83.451B.781.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, coa seguinte repartición plurianual:

Aplicación

Importe 2019 (€)

Importe 2020 (€)

Importe 2021 (€)

07.83.451B.760.0

Proxecto 2019 00004-FFE

750.000

400.000

618.000

07.83.451B.770.0

Proxecto 2019 00003-FCA

Proxecto 2019 00004-FFE

500.000

810.000

400.000

400.000

500.000

700.000

07.83.451B. 781.0

Proxecto 2019 00004

300.000

200.000

200.000

Total

2.360.000

1.400.000

2.018.400

O artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establece que cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes fixado no ordinal trixésimo cuarto da Resolución do 6 de xuño de 2019 resulta que o grao de execución na anualidade de 2019 vai ser inferior ao previsto inicialmente e, por outra parte, na aplicación orzamentaria 07.83.451B.760.0 existe un remanente que convén asignar a outras tipoloxías de beneficiarios, co fin de optimizar os recursos dispoñibles para esta convocatoria e cubrir o maior número posible de actuacións subvencionables, baixo a perspectiva da eficiencia na asignación dos recursos públicos.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Modificar a distribución entre créditos orzamentarios destinados ás axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 6 de xuño de 2019, como a seguir se indica:

Aplicación

Anualidade

Crédito inicial

Redistribución

Crédito definitivo

07.83.451B.760.0

Proxecto 2019 00004-FFE

2019

750.000

-750.000

0

2020

400.000

-330.000

70.000

2021

618.000

-595.000

23.000

07.83.451B.770.0

Proxecto 2019 00003-FCA

2019

500.000

-446.821,55

53.178,45

2020

400.000

0

400.000

2021

500.000

0

500.000

07.83.451B.770.0

Proxecto 2019 00004-FFE

2019

810.000

-810.000

0

2020

400.000

+330.000

730.000

2021

700.000

+595.000

1.295.000

07.83.451B. 781.0

Proxecto 2019 00004

2019

300.000

-300.000

0

2020

200.000

0

200.000

2021

200.000

0

200.000

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2019

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo