Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 14 de outubro de 2019 Páx. 45200

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2019 pola que se convocan probas selectivas para o acceso á escala técnica superior de administración, subgrupo A1, polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como polos estatutos desta universidade, e en execución do previsto nas resolucións do 30 de setembro de 2016 (DOG do 18 de outubro) e do 18 de decembro de 2017 (DOG do 27 de decembro), polas que se aproban as ofertas públicas de emprego para os anos 2016 e 2017, resolve convocar probas selectivas para o acceso á escala técnica superior de administración da USC, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

Todos os actos de relación entre as/os aspirantes e a USC derivados desta convocatoria realizaranse exclusivamente por medios electrónicos, ao abeiro do artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir oito (8) prazas na escala técnica superior de administración da USC, subgrupo A1, polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

1.2. O número total de vacantes reservadas á quenda de promoción interna ascende a catro (4) prazas.

1.3. O número total de vacantes reservadas á quenda de acceso libre ascende a catro (4) prazas.

1.4. Os procesos de selección de promoción interna e de acceso libre realizaranse conxuntamente. As prazas vacantes que non se cubran por promoción interna acumularanse ás de acceso libre.

1.5. As persoas aspirantes só poderán participar nunha das quendas de acceso.

1.6. As prazas convocadas terán o seu destino nas localidades de Santiago de Compostela e Lugo.

1.7. O sistema de selección das persoas aspirantes será o de concurso-oposición e incluirá a realización dun curso selectivo. No que se refire ás probas e valoracións axustaranse ao que se especifica no anexo I. As persoas aspirantes que superen o concurso-oposición serán nomeadas funcionarias en prácticas e deberán realizar o curso selectivo.

1.8. O programa que rexerá para a fase de oposición é o que figura no anexo II.

1.9. Na realización destas probas selectivas aplicaranse as seguintes normas e os seus desenvolvementos regulamentarios: Real decreto 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público; Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; os estatutos da USC, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, da Xunta de Galicia, e as bases desta convocatoria.

2. Requisitos das persoas aspirantes.

2.1. Para seren admitidas á realización das probas selectivas, as persoas aspirantes deberán posuír no día de remate do prazo de presentación de solicitudes e manter ata a data de toma de posesión os seguintes requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún Estado membro da Unión Europea ou país estranxeiro nos termos previstos no artigo 57 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

b) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión de titulación universitaria oficial de: grao, doutor, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título.

d) Será requisito indispensable para o ingreso ter acreditada a aptitude médica para o desempeño. Para estes efectos, a persoa aspirante declara ao facer a solicitude de participación no proceso selectivo que nesa data posúe a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto e que non padece enfermidade física nin psíquica que lle impida realizar o traballo propio da escala a que se pretende incorporar.

e) Non estar separado/a do servizo de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio da función pública, nin sancionado/a coa suspensión do dereito de concorrer a probas selectivas.

f) Aboar as taxas por dereitos de exame, agás o previsto no punto 3.10.1 desta convocatoria para as persoas con discapacidade, para os membros de familias numerosas e para demandantes de emprego.

2.2. As persoas aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán posuír ademais os seguintes requisitos:

a) Pertencer como persoal funcionario de carreira á escala de xestión, subgrupo A2, en servizo activo, con destino definitivo ou en adscrición provisional na USC.

b) Ter prestados servizos efectivos durante polo menos dous anos, como funcionario/a da escala de xestión, subgrupo A2.

3. Solicitudes.

3.1. As persoas que desexen participar nesta probas selectivas deberán presentar a súa solicitude e a documentación que a acompañe, así como aboar a taxa correspondente, unicamente por medios electrónicos, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes puntos.

Para isto, as/os aspirantes deberán completar o formulario que figura no catálogo de procedementos da sede electrónica da USC https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/seleccionPersoalFuncionario.htm, empregando os medios de identificación e sinatura que se indican no punto 3.9.

As persoas aspirantes deberán facer constar na solicitude a quenda pola que se inscriben, promoción interna ou acceso libre, segundo corresponda.

3.2. O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

3.3. A solicitude presentarase xunto coa seguinte documentación:

Fotocopia do certificado de coñecemento de lingua galega (Celga 4 ou do certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou do certificado de validación das materias de lingua galega, de acordo co previsto na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega). As persoas aspirantes que non presenten esta acreditación deberán realizar a proba de lingua galega prevista no anexo I.

Quen teña a condición de persoal funcionario de carreira da Universidade de Santiago de Compostela estará exento/a de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o anterior nomeamento e deben presentar unicamente a documentación para este procedemento que non se atope debidamente acreditada no expediente.

As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar:

– Fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo.

– Declaración ou promesa da persoa aspirante de que non está separada de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

– De conformidade co disposto na base 6.5 da convocatoria, as persoas aspirantes que estean exentas de realizar a proba previa de acreditación do coñecemento do castelán, xuntarán para tal efecto fotocopia compulsada dos diplomas de español como lingua estranxeira (nivel B2 ou nivel C2) ou equivalente. De non achegar esta certificación, non poderán ser declaradas exentas e deberán realizar a proba a que se refire a base 6.5.

3.4. A documentación xustificativa dos méritos que se valoran na fase de concurso será achegada coa solicitude e non serán valorados méritos que non se atopen suficientemente acreditados documentalmente nin os presentados fóra do prazo establecido para a presentación de solicitudes. A acreditación farase da seguinte maneira:

3.4.1. Certificado acreditativo dos servizos prestados, en que conste o corpo ou a escala e os períodos en que se prestaron, expedida pola unidade de persoal da Administración pública correspondente. Así mesmo, deberase indicar na epígrafe correspondente da solicitude, se os servizos foron prestados na USC ou noutras administracións públicas.

3.4.2. O certificado acreditativo indicado no punto anterior expedirase de oficio e engadirase á solicitude para as persoas aspirantes que presten ou prestaran servizos na USC.

3.5. Os méritos da fase de concurso valoraranse con referencia á data do peche do prazo de presentación de solicitudes.

3.6. En calquera momento, a Universidade poderá requirir das persoas aspirantes os orixinais ou copias debidamente compulsadas dos documentos que se correspondan coas simples presentadas.

3.7. Co fin de garantir a participación en condicións de igualdade, aquelas persoas cun grao de discapacidade igual ou superior o 33 % indicarán na súa solicitude as necesidades de adaptacións específicas e o seu motivo.

3.8. No formulario de solicitude as/os aspirantes deben asinar a declaración responsable que figura no documento, pola cal manifestan estar en posesión dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria e comprométense a achegar a documentación que nela se indica.

3.9. Este procedemento desenvolverase de forma electrónica polo que, se a persoa aspirante desexa recibir avisos das notificacións que a USC poña á súa disposición, é imprescindible que indique na epígrafe de medios de aviso de notificación do formulario o teléfono e enderezo electrónico válidos. As notificacións electrónicas realizaranse por comparecencia en sede electrónica. Para poderen acceder a elas, as/os aspirantes deben posuír un destes medios de identificación electrónica válidos:

– No caso de persoal da USC: credenciais corporativas.

– No caso de persoal alleo á USC: certificados persoais clase 2CA, certificados incluídos no DNI electrónico ou claves concertadas do sistema Cl@ve.

3.10. Os dereitos de exame serán de 41,56 euros. Para realizar o seu ingreso, empregarase un dos seguintes medios accesibles desde o formulario de inscrición.

– Aboamento con tarxeta bancaria a través da pasarela de pagamento do formulario.

– Aboamento presencial nunha oficina de Abanca presentando a folla de liquidación que se deberá imprimir, unha vez realizada a inscrición no proceso selectivo, e non será precisa comunicación posterior do pagamento por parte da persoa interesada.

3.10.1. Estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame aquelas persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e tamén as que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50 % da taxa os membros de familias numerosas de categoría xeral e as persoas que figurasen como demandantes de emprego desde polo menos seis meses antes da data de publicación desta convocatoria, e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Todas as circunstancias que supoñen unha bonificación total ou parcial das taxas por dereitos de exame deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, achegando copia da cualificación do grao de discapacidade ou do carné de familia numerosa segundo corresponda. As relativas á condición de demandante de emprego, así como a de non percibir prestación ou subsidio por desemprego, deberanse acreditar con cadanseu certificado expedido polo Servizo Público de Emprego.

3.10.2. Serán excluídas todas aquelas persoas aspirantes que non aboen os dereitos de exame dentro do prazo habilitado para a presentación de solicitudes, e non se concederá ningún prazo adicional para o seu aboamento.

3.10.3. Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas. Para tal efecto, o reintegro realizarase de oficio, para o que terán que facer constar a entidade bancaria e o número de conta no recadro que figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncian á devolución dos dereitos de exame.

4. Admisión de persoas aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor ditará resolución que declare aprobada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas. Nesta resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, indicarase o lugar no cal se atopa exposta ao público a listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as causas que motivasen a exclusión e o prazo para reparalas.

4.2. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da citada resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaran a exclusión.

4.3. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm, para o que o/a aspirante deberá empregar os medios de identificación e sinatura que se indican no punto 3.9 desta convocatoria.

4.4. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

4.5. Na resolución que aprobe a listaxe definitiva, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, indicarase o día, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio. Esta resolución esgotará a vía administrativa e poderase interpor contra ela recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou recurso potestativo de reposición diante do reitor no prazo dun mes, de acordo co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4.6. O feito de figurar na listaxe de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza ás persoas interesadas a posesión de todos os requisitos exixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 8.

5. Tribunal cualificador.

5.1. O tribunal cualificador destas probas terá a categoría primeira segundo o previsto no artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo, e será nomeado por resolución reitoral que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5.2. Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na Reitoría da USC.

5.3. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo ao reitor da Universidade, cando concorran neles as circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou se realizasen tarefas de preparación de persoas aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O/a presidente/a solicitará dos membros do tribunal declaración escrita expresa de non estaren incursos nas circunstancias previstas no dito artigo.

Así mesmo, as persoas aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorra algunha das circunstancias antes citadas.

5.4. Antes do inicio das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomean os novos membros do tribunal que vaian substituír a quen teña perdida a súa condición por algunha das causas previstas na base 5.3.

5.5. Logo da convocatoria do/da presidente/a constituirase o tribunal de acordo co previsto no artigo 17.1 da Lei 40/2015, coa asistencia, tanto presencial como a distancia, da maioría absoluta dos seus membros titulares ou suplentes. Na dita sesión, o tribunal acordará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.6. A partir da súa constitución, o tribunal para actuar validamente requirirá a asistencia presencial ou a distancia do/da presidente/a e secretario/a, e da metade polo menos dos seus membros.

5.7. Dentro da fase de oposición, o tribunal resolverá todas as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deberá facer nos casos non previstos.

5.8. O órgano convocante, por proposta do tribunal, poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores/as especialistas para as probas correspondentes aos exercicios que coide pertinentes, limitándose a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. O persoal asesor deberá posuír titulación de igual ou superior nivel que a exixida nesta convocatoria. O seu nomeamento farase público e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación, igual que aos restantes membros do tribunal.

Así mesmo, o tribunal poderá dispor a incorporación con carácter temporal doutras/os funcionarias/os para colaborar no desenvolvemento do proceso selectivo, tal e como se prevé no artigo 12.4 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

5.9. O tribunal adoptará as medidas precisas para que as persoas aspirantes a que se refire o punto 3.7 participen en condicións de igualdade. Para tal efecto, o órgano de selección poderá requirir un informe e, se é o caso, a colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou de asuntos sociais. Para os efectos de valorar a procedencia da concesión das adaptacións solicitadas, requirirase da persoa aspirante o correspondente certificado ou información adicional. A adaptación non se outorgará de forma automática, senón unicamente naqueles casos en que a discapacidade garde relación directa coa proba que se vaia realizar.

5.10. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes. O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes que consignen nas follas de exame o seu nome, trazos, marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

5.11. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de persoas aspirantes que prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

Malia o anterior, e co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, cando se produza renuncia dunha persoa seleccionada antes da toma de posesión, ou non acredite os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano convocante poderá requirir do órgano de selección unha relación complementaria das persoas aprobadas que sigan por puntuación ás persoas propostas, para o seu posible nomeamento como persoal funcionario.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación das persoas aspirantes iniciarase alfabeticamente pola primeira da letra Q de conformidade co establecido na Resolución do 24 de xaneiro de 2019, da Consellería de Facenda.

6.2. As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio en único chamamento e serán excluídas da oposición as que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e considerados polo tribunal.

As mulleres embarazadas que teñan unha previsión de parto coincidente coas datas de realización de calquera dos exercicios derivada do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal achegando á comunicación o correspondente informe médico oficial.

A comunicación suporá o consentimento da interesada para permitir o acceso aos datos médicos necesarios relacionados coa situación. O tribunal, baseándose na información recibida, acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas medidas conxuntamente. Contra este acordo non cabe recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan noutro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

6.3. Os sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaranse nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html, ou por calquera outro medio que se considere conveniente para asegurar a súa máxima divulgación, con doce horas, polo menos, de antelación ao comezo deste, se se trata do mesmo exercicio, ou de vinte e catro horas, se se trata dun novo.

6.4. Para os efectos de cómputo de prazos desta convocatoria, o mes de agosto declárase inhábil.

6.5. Persoas aspirantes de nacionalidade estranxeira.

Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, as persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar o coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, na cal se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua.

O contido desta proba axustarase ao disposto no artigo 3 do Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro (BOE do 8 de novembro), para acreditar o nivel de competencia lingüística do diploma de español correspondente ao nivel intermedio. A proba cualificarase de apto ou non apto e será necesario obter a valoración de apto para pasar a realizar os exercicios da fase de oposición.

Quedan eximidas de realizar esta proba as persoas aspirantes que acrediten conforme se indica na base 3 que están en posesión do diploma de español como lingua estranxeira, nivel B2 ou nivel C2 ou equivalente, e as/os nacionais de países cuxo idioma oficial sexa o español.

6.6. O tribunal poderá requirir, en calquera momento do proceso selectivo, a acreditación da identidade das persoas admitidas. Así mesmo, se tiver coñecemento de que algunha das persoas aspirantes non cumpre calquera dos requisitos exixidos na convocatoria, deberá propoñer a súa exclusión ao reitor da USC, logo de audiencia da persoa interesada.

Contra a exclusión da persoa aspirante, poderase interpor recurso ante a mesma autoridade indicada no parágrafo anterior, no prazo dun mes contado a partir da notificación da exclusión.

7. Listaxe de persoas aprobadas.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública, no lugar ou lugares da súa realización, no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm, na páxina web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html e naqueles outros que coide oportunos, a relación de persoas aspirantes, pola quenda de promoción interna e de acceso libre, que acadasen o mínimo establecido para superalo, con indicación da puntuación obtida.

7.2. As persoas aspirantes disporán de tres (3) días hábiles, contados a partir do día seguinte á realización de cada exercicio, para presentar reclamacións ás preguntas formuladas polo tribunal no correspondente exercicio.

7.3. Así mesmo, as persoas aspirantes disporán de sete (7) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das puntuacións do exercicio correspondente, para presentar reclamacións ás cualificacións.

7.4. A listaxe coa valoración de méritos da fase de concurso publicarase unha vez realizado o derradeiro exercicio da fase de oposición. Contra esta publicación, as/os aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no taboleiro electrónico, a través do rexistro de entrada electrónico da USC https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm, para o que o/a aspirante debe empregar os medios de identificación e sinatura que se indicaron no punto 3.9.

7.5. A cualificación final realizarase de acordo co previsto no anexo I desta convocatoria.

7.6. O tribunal fará publica, para cada quenda de acceso, a relación definitiva de persoas aspirantes que, segundo a orde de puntuación acadada por cada unha delas fosen seleccionadas, na cal constarán as cualificacións obtidas en cada unha das fases: oposición e concurso, e que en ningún caso poderá conter un número de aspirantes superior ao das prazas convocadas. Esta relación será elevada ao reitor para efectuar o nomeamento de funcionarios/as en prácticas.

8. Presentación de documentación e nomeamento de persoal funcionario en prácticas.

8.1. No prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que se fixese pública a relación definitiva de persoas aprobadas, as persoas aspirantes que figuren nela deberán presentar no Servizo de Planificación e Programación de PAS (Casa da Balconada, Rúa Nova, 6, Santiago de Compostela) a seguinte documentación, para realizar o nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia de persoal funcionario en prácticas da escala técnica superior de administración da USC:

a) Fotocopia compulsada do DNI ou documento que acredite a súa nacionalidade.

b) Fotocopia compulsada do título exixido.

c) Fotocopia compulsada do Celga.

d) Fotocopia compulsada do certificado do grao de discapacidade.

e) Declaración xurada de non teren sido separadas mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública e de non acharse inhabilitadas para o exercicio das funcións públicas, nin realizar actividade ou actividades suxeitas a incompatibilidades. As persoas aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar que non están sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

f) A acreditación do requisito exixido na base 2.1.d) farase mediante a presentación de certificado médico oficial ou informe de saúde emitido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

8.2. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos expresados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións exixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

8.3. Quen, dentro do prazo fixado, e salvo o caso de forza maior, non presentase a documentación ou do seu exame se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser nomeada/o funcionaria/o en prácticas e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

8.4. Durante o período no que o persoal funcionario realice as prácticas, seralle de aplicación a situación xurídica prevista no artigo 16 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

9. Adxudicación de destino.

9.1. As persoas seleccionadas deberán solicitar por orde de preferencia as prazas vacantes que previamente se lle oferten. Poderanse ofertar prazas de nivel superior ao nivel mínimo do subgrupo, no caso de que non haxa suficientes vacantes deste nivel.

9.2. Unha vez rematado o curso selectivo, as persoas seleccionadas pola quenda de promoción interna terán preferencia para a elección de praza sobre as da quenda de acceso libre e poderán optar entre permanecer no posto que veñen desempeñando como titulares, se o posto que ocupan está definido na relación de postos de traballo tamén para o subgrupo A1, ou por unha das prazas vacantes que se oferten.

9.3. A adxudicación de destinos efectuarase de acordo coas peticións das persoas interesadas, seguindo ao orde de puntuación final obtida.

9.4. O persoal con discapacidade igual ou superior ao 33 % poderá pedir a adaptación do posto de traballo correspondente. Á solicitude deberá xuntárselle un informe expedido polo órgano competente na materia que acredite a procedencia da adaptación e a compatibilidade co desempeño das funcións que teña atribuídas o posto.

10. Nomeamento de persoal funcionario de carreira.

10.1. Concluído o proceso selectivo, as persoas aspirantes que o superasen serán nomeadas funcionarias de carreira mediante resolución reitoral que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

10.2. A toma de posesión das persoas seleccionadas efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

11. Listaxes de espera.

11.1. Elaboraranse listaxes de espera, tanto para promoción interna como para acceso libre, coas persoas aspirantes que superen algún exercicio da fase de oposición, distinto do de galego. Para estes efectos e co fin de determinar a súa opción, as persoas aspirantes indicarán o/os campus de preferencia na epígrafe correspondente da solicitude.

12. Norma derradeira.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2019

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación das prazas: escala técnica superior de administración da USC

O sistema selectivo será o de concurso-oposición e constará das fases, probas e cualificacións que a continuación se indican:

I. Fase de oposición: consistirá na realización dos exercicios que a continuación se indican para as quendas de promoción interna e de acceso libre, agás as exencións previstas na descrición do primeiro e segundo exercicio.

Todos os exercicios terán carácter obrigatorio e eliminatorio, agás o quinto que será obrigatorio e non eliminatorio.

As persoas aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio co DNI ou outro documento que, a xuízo do tribunal, permita acreditar fidedignamente a súa identidade.

Primeiro exercicio: estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acreditasen documentalmente xunto coa solicitude estar en posesión do certificado Celga 4 ou do certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega, de acordo co previsto na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega.

Este exercicio terá a seguinte estrutura:

Primeira proba. Comprensión escrita ou comprensión oral e expresión escrita.

As persoas aspirantes deberán redactar un texto seguindo unhas indicacións que se lle facilitarán por escrito. A elaboración do texto deberá basearse na comprensión dun texto escrito ou na comprensión dun fragmento de audio ou audio-vídeo.

A duración máxima desta proba será de noventa minutos.

Segunda proba. Comprensión escrita ou comprensión oral e expresión oral.

As persoas aspirantes deberán ler un texto ou escoitar un fragmento de audio ou audio-vídeo e, a seguir, nunha entrevista co examinador, pediráselles que resuman o input e que manteñan un diálogo ao respecto do input recibido, de modo que poida ser avaliada a súa produción oral.

A duración máxima desta proba será de quince minutos por persoa aspirante.

Para superar este exercicio será necesario acadar o resultado de apto.

Segundo exercicio: estarán exentas de realizar este exercicio as persoas que se presenten pola quenda de promoción interna.

A proba consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de 120 preguntas tipo test, máis 5 de reserva con catro respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só unha será a correcta, correspondentes ao programa que figura como anexo II desta convocatoria.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será de 120 minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, será necesario para superalo obter un mínimo de 5 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima. Cada pregunta respondida incorrectamente detraerá ¼ de pregunta respondida correctamente.

Para a realización desta proba os/as aspirantes deberán presentarse provistos do correspondente lapis do número 2 e de goma de borrar.

Terceiro exercicio: consistirá en desenvolver por escrito dous temas, a escoller entre cinco (un tema por cada bloque) sacados ao chou dos seguintes bloques do programa: dereito administrativo, xestión financeira, recursos humanos, organización e xestión universitaria e xestión da investigación.

Para a realización deste exercicio as persoas aspirantes disporán dun máximo de catro horas.

O tribunal convocará aos/ás aspirantes para ler o exercicio en sesión pública e cualificará valorando os coñecementos, a capacidade de síntese, a claridade e orde de ideas. Finalizada a intervención, o tribunal poderá dialogar co/coa opositor/a, durante un máximo de quince minutos, sobre aspectos dos exercicios realizados.

A puntuación deste exercicio será de 0 a 20 puntos e será necesario para superalo obter un mínimo de 5 puntos en cada tema.

Cuarto exercicio: consistirá na resolución de dous supostos prácticos a elixir entre cinco propostos polo tribunal relacionados co programa. Deste exercicio exclúese o bloque I, Organización do Estado e Unión Europea.

Para o desenvolvemento deste exercicio poderase utilizar o material lexislativo sen comentar, en soporte papel que se considere necesario.

O tribunal valorará o rigor analítico, os coñecementos xerais e específicos incorporados á análise, e a capacidade de relacionalos.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será de cinco horas.

Posteriormente, o tribunal convocará aos/ás aspirantes para ler o exercicio en sesión pública e cualificará e valorará os coñecementos, a capacidade de síntese, a claridade e orde de ideas. Finalizada a intervención, o tribunal poderá dialogar co/coa opositor/a, durante un máximo de quince minutos, sobre aspectos dos supostos realizados.

A valoración deste exercicio será de 0 a 35 puntos, e será necesario para superalo obter un mínimo de 17,5 puntos.

Quinto exercicio: obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá na tradución por escrito, sen dicionario, para o castelán ou galego, dun documento relacionado co temario da convocatoria redactado nunha das seguintes linguas comunitarias: inglés, francés, alemán, italiano ou portugués. O texto para traducir será o mesmo en todas as linguas.

As persoas aspirantes deberán facer constar na epígrafe correspondente da solicitude o idioma que escollen.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora e a súa valoración será de 0 a 5 puntos.

II. Fase de concurso: consistirá na valoración ás persoas aspirantes que superen a fase de oposición dos seguintes méritos referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes:

Quenda de promoción interna: máximo 30 puntos.

a) Antigüidade: máximo 9 puntos.

– Por cada ano completo de servizos prestados: 0,50 puntos.

– Por cada mes completo de servizos prestados que reste: 0,042 puntos.

b) Nivel de complemento de destino: máximo 20 puntos.

Valorarase o nivel de complemento de destino correspondente ao posto de traballo que se desempeñe con carácter definitivo na data de remate do prazo de presentación de solicitudes, de acordo coa seguinte puntuación:

Nivel

Puntos

30

20

28

19

26

18

25

17

24

16

23

15

22

14

21

13

No caso de non ter posto definitivo, puntuarase o grao persoal consolidado, e non tendo grao consolidado atenderase ao mínimo correspondente á escala á que pertenza a persoa funcionaria.

c) Exercicio de dereitos de conciliación nos cinco anos anteriores á data de peche do prazo de presentación de solicitudes: máximo 1 punto.

– Licenza por maternidade: 0,2 puntos/licenza.

– Permiso de paternidade: 0,2 puntos/permiso.

– Redución de xornada do artigo 106 da Lei de emprego público de Galicia: 0,2 puntos. Para estes efectos só se computará unha redución por ano.

– Excedencia para o coidado de fillas, fillos e familiares: 0,04 puntos/mes.

Quenda de acceso libre: máximo 30 puntos.

Valoraranse os servizos prestados da seguinte forma:

– Na escala técnica superior de administración da USC: 0,150 puntos por mes.

– Noutras administracións públicas en corpos ou escalas que teñan atribuídas as mesmas funcións que as da escala técnica superior de administración da USC: 0,050 puntos por mes.

A cualificación final do concurso-oposición virá determinada pola suma aritmética das puntuacións correspondentes á fase de oposición máis a obtida na fase de concurso de méritos, na forma establecida no anexo I.

Os empates nas puntuacións resolveranse a favor da persoa aspirante que obtivese unha maior puntuación na fase de oposición, e se isto non fose suficiente, pola maior puntuación obtida no cuarto exercicio, no terceiro exercicio e na fase de concurso, por esta orde ata que se resolva o empate.

Para a valoración da experiencia acreditada noutras administracións públicas prevista na fase de concurso e para a baremación das listaxes de espera, as dúbidas que xurdan resolveranse por unha comisión composta por dúas persoas en representación da Xerencia e dúas pola Xunta de Persoal. Esta comisión intervirá por petición do tribunal ou da unidade encargada da baremación das listaxes e poderá solicitar información complementaria ás persoas aspirantes en relación coas funcións e tarefas nos corpos ou escalas en cuestión, co fin de adoptar os acordos que procedan.

III. Curso selectivo.

As persoas aspirantes propostas polo tribunal serán nomeadas en prácticas e deberán realizar un curso selectivo obrigatorio e eliminatorio, organizado pola Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela e que terá como finalidade primordial, a adquisición de coñecementos tanto teóricos como prácticos e a preparación específica das/dos aspirantes para o exercicio das súas funcións.

A Xerencia determinará o calendario, a guía didáctica e o sistema de avaliación que regule o curso selectivo, e daralle publicidade con anterioridade á súa celebración.

O carácter selectivo do curso implica as seguintes actividades de carácter obrigatorio:

– A asistencia e participación ás sesións presenciais. A falta de asistencia superior a 12 horas suporá a non superación do curso.

– A realización dos traballos ou prácticas que se determinen para cada un dos módulos, así como a participación e realización das actividades que indiquen as persoas coordinadoras e/ou titoras de cada materia. O contido darase a coñecer ao inicio de cada módulo, e indicarase o prazo de entrega desas probas que se determinen.

– A avaliación será realizada polo tribunal logo do informe vinculante do profesorado do curso, que actuarán como asesores especialistas. Estes asesores de cada módulo elevarán a proposta de cualificación acadada pola persoa aspirante ao tribunal, que o/a declarará apto/a ou non apto/a.

Será necesario obter unha cualificación de apto/a en cada módulo para superar o curso selectivo.

As persoas aspirantes que non superen o curso selectivo perderán o dereito ao seu nomeamento como funcionarios/as de carreira, mediante resolución reitoral motivada, por proposta do órgano responsable da avaliación do curso selectivo.

No caso de non poder realizar o curso selectivo ou período de prácticas por causa de forza maior debidamente xustificada e apreciada pola universidade, poderá efectualo con posterioridade, intercalándose no lugar correspondente a puntuación obtida.

O curso selectivo terá unha duración de 112 horas e tratará sobre as seguintes materias:

Módulo 1. Principios e valores na Administración. Código ético e de conduta.

Módulo 2. Organización universitaria: goberno, xestión e competencias.

Módulo 3. Xestión de recursos humanos.

Módulo 4. Procedemento administrativo xeral e especial.

Módulo 5. Contratación pública.

Módulo 6. Xestión financeira nas universidades.

Módulo 7. Xestión da investigación e da innovación nas universidades.

Módulo 8. Liderado, habilidades directivas e profesionais.

Modulo 9. Análise estratéxica e toma de decisións.

ANEXO II

Denominación das prazas: escala técnica superior de administración da USC

Programa

Bloque I. Organización do Estado e Unión Europea.

1. A Constitución española de 1978. Título preliminar. Dos dereitos e deberes fundamentais. A xefatura do Estado: a Coroa. As Cortes Xerais. O Goberno e a Administración. As relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais. O procedemento de elaboración e aprobación das leis.

2. A regulación constitucional da xustiza. O Poder Xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial: composición, organización e competencias. O Tribunal Supremo. Os tribunais superiores de xustiza, especial referencia ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O Ministerio Fiscal.

3. A organización territorial do Estado. A Administración local. As comunidades autónomas, a súa estrutura. O sistema de distribución de competencias na Constitución. A lexislación básica do Estado. Leis marco, de transferencia e de harmonización. Os conflitos de competencia. Os estatutos de autonomía.

4. Órganos de control da Administración: o Tribunal de Contas e o Consello de Contas. A Administración consultiva: o Consello do Estado e o Consello Consultivo de Galicia.

5. Tribunal Constitucional. Organización. Presupostos materiais e procedementos dos recursos ante o Tribunal Constitucional. A defensa dos dereitos e liberdades dos/das cidadáns/ás: Defensor del Pueblo e Valedor do Pobo.

6. Estatuto de autonomía de Galicia. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. As competencias da Comunidade Autónoma e o seu réxime xurídico. A Administración pública galega. A reforma do estatuto.

7. Tratado de funcionamento da Unión Europea: institucións comunitarias.

8. O dereito comunitario. Tipoloxía das fontes. Aplicación e eficacia do dereito comunitario nos países membros. O orzamento da Unión Europea e as súas fontes de financiamento.

9. As liberdades básicas do sistema comunitario. Libre circulación de mercadorías e política comercial común. Libre circulación de traballadores e política social e de emprego. Liberdade de establecemento e libre prestación de servizos. Libre circulación de capitais.

10. A política rexional comunitaria. A cohesión económica e social: os fondos estruturais e os seus obxectivos prioritarios. Os demais instrumentos financeiros.

Bloque II. Dereito administrativo.

1. A Administración pública española. Os principios constitucionais. As fontes do dereito administrativo: concepto e clases. A Constitución e as leis: clases. Disposicións normativas con forza de lei. O regulamento: concepto, natureza e clases; límites á potestade regulamentaria. Outras fontes do dereito administrativo.

2. A Lei de réxime xurídico do sector público. Disposicións xerais. Os órganos das administracións públicas.

3. Os principios da potestade sancionadora na administración pública. A responsabilidade patrimonial das administracións públicas.

4. Organización e funcionamento do sector público institucional.

5. Principios xerais das relacións interadministrativas entre administracións públicas. A colaboración e cooperación entre administracións públicas. Relacións electrónicas entre administracións. Os convenios.

6. O procedemento administrativo común das administracións públicas. Os interesados no procedemento: a capacidade de obrar e o concepto de interesado. Identificación e sinatura dos interesados. Da actividade das administracións públicas: normas xerais de actuación. Termos e prazos.

7. Os actos administrativos: requisitos. Eficacia dos actos. Nulidade e anulabilidade.

8. As disposicións sobre o procedemento administrativo común: garantías do procedemento. Iniciación, ordenación e instrución do procedemento. Finalización do procedemento. A tramitación simplificada do procedemento administrativo común. Execución.

9. A revisión dos actos en vía administrativa: revisión de oficio. Os recursos administrativos.

10. A iniciativa lexislativa e a potestade para ditar regulamentos e outras disposicións.

11. A Administración electrónica no sector público e na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

12. A Lei orgánica de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: Disposicións xerais. Principios de protección de datos. Dereitos das persoas. Responsable e encargado do tratamento de datos. Autoridades de protección de datos. Garantía dos dereitos dixitais.

13. A transparencia e o bo goberno en Galicia: obxecto, principios e ámbito de aplicación. O dereito ao acceso á información pública, exercicio e limitacións. Réxime sancionador.

14. A xurisdición contencioso-administrativa. Concepto de Administración pública para efectos do recurso contencioso-administrativo. Os órganos da orde contencioso-administrativa e as súas respectivas competencias. Capacidade procesual, lexitimación, representación e defensa.

15. Procedemento contencioso-administrativo: procedemento ordinario e procedemento abreviado. Recursos de súplica, apelación, casación e revisión. Execución de sentenzas.

16. A Lei de contratos do sector público. Obxecto e ámbito de aplicación. Contratos do sector público. Disposicións xerais sobre a contratación do sector público.

17. Elementos do contrato: partes, obxecto, orzamento base de licitación, valor estimado, prezo do contrato e a súa revisión. Garantías exixibles na contratación do sector público. Actuacións previas á contratación. Adxudicación dos contratos. Efectos, cumprimento e extinción dos contratos administrativos. Racionalización técnica da contratación.

18. Dos distintos contratos das administracións públicas e doutros entes do sector público. Contratos de obras, de concesión de obras, de concesión de servizos e de subministracións. Organización administrativa para a xestión da contratación.

Bloque III. Xestión financeira.

1. Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Principios xerais. Contido da Facenda da Comunidade. Do control interno e da contabilidade. O Consello de Contas.

2. Orzamento da Comunidade Autónoma: contido e aprobación, execución e liquidación. Créditos orzamentarios e as súas modificacións. A Lei de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

3. Orzamento: clasificación económica ingresos e gastos. Fases de execución do orzamento de gastos. Fases de execución do orzamento de ingresos. Gastos plurianuais: definición e xestión orzamentaria.

4. Réxime económico e financeiro das universidades públicas. Ingresos públicos das universidades. As taxas e prezos públicos e as súas exencións e bonificacións. Estrutura do Plan galego de financiamento universitario 2016-2020.

5. Estatutos USC: do réxime económico e da programación plurianual. Orzamentos da USC.

6. Normativa básica sobre subvencións. A regulación e xestión das subvencións na Comunidade Autónoma de Galicia.

7. Plan xeral de contabilidade pública. Marco conceptual da contabilidade pública: requisitos de información das contas anuais, principios contables, elementos das contas anuais. Contabilidade analítica, modelo CANOA para universidades: descrición básica do funcionamento do modelo.

Bloque IV. Recursos humanos.

1. Texto refundido do Estatuto básico do empregado público como norma básica: obxecto e ámbito de aplicación. A Lei do emprego público de Galicia: obxecto, principios e ámbito de aplicación.

2. Clases de persoal ao servizo das administracións públicas. A planificación e estruturación dos recursos humanos nas administracións públicas: plans de ordenación de recursos humanos; ofertas de emprego público. As relacións de postos de traballo.

3. Acceso á función pública. Convocatorias e procedementos selectivos. Órganos de selección. Mobilidade do persoal funcionario das diversas administracións públicas. Modalidades da carreira profesional dos empregados públicos. Sistemas e procedementos de provisión de postos de traballo.

4. Situacións administrativas do persoal funcionario. Perda da condición de funcionario de carreira.

5. Dereitos, obrigas e código de conduta dos empregados públicos. Réxime disciplinario. Incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

6. As fontes do dereito laboral: xerarquía. O texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores. Os convenios colectivos: concepto e natureza.

7. Contrato de traballo na administración pública. Concepto. Natureza. Suxeitos. Forma. Contido e réxime xurídico. Modalidades do contrato de traballo: persoal laboral fixo, indefinido e temporal. Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo. O despedimento.

8. Convenio colectivo do persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

9. Persoal docente e investigador funcionario. O sistema de acreditación nacional e concursos de acceso.

10. Persoal docente e investigador laboral: clases. A regulación da contratación do persoal docente universitario na Comunidade Autónoma de Galicia. O Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

11. Réxime xurídico do profesorado universitario. A liberdade de cátedra. Funcións do persoal docente e investigador. Sistemas de licenzas e excedencias xerais e específicas. Participación do persoal docente na realización de contratos de investigación do artigo 83 da LOU e na creación de empresas de base tecnolóxica. O réxime de incompatibilidades do profesorado universitario.

12. A regulación dos recursos humanos de investigación na Lei da ciencia a tecnoloxía e a innovación. O Regulamento de selección do persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i.

13. Relacións laborais na Administración pública: órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ao servizo das administración públicas. O proceso de negociación colectiva. A folga.

14. A regulación da prevención de riscos laborais nas administracións públicas: a Lei de prevención de riscos laborais. Actuacións das administracións públicas: competencias. Dereitos e obrigas dos traballadores e empresarios en materia de prevención. Os servizos de prevención de riscos. Participación dos traballadores.

15. A Lei xeral da Seguridade Social: réxime xeral, afiliación. Altas e baixas, procedemento e efectos. Cotización: concepto e natureza xurídica da cota. Continxencias e situacións protexidas.

16. A acción protectora da seguridade social. Prestacións: incapacidade temporal, invalidez, xubilación, morte e supervivencia. A protección do desemprego.

17. A regulación da igualdade efectiva de mulleres e homes na lexislación estatal e autonómica. Políticas públicas para igualdade efectiva de mulleres e homes.

Bloque V. Organización e xestión universitaria.

1. Os sistemas universitarios español e galego: configuración institucional. A Lei de universidades. Natureza xurídica das universidades públicas. A Lei do sistema universitario de Galicia.

2. As universidades e a administración educativa: competencias do Estado e das Comunidades Autónomas. A coordinación universitaria: A Conferencia Xeral de Política Universitaria. O Rexistro de universidades, centros e títulos.

3. Os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela.

4. A ordenación das ensinanzas universitarias oficiais: grao, máster e doutoramento. Regulamento sobre dobres titulacións e simultaneidade de ensinanzas oficiais na USC. O sistema europeo de créditos (ECTS).

5. A regulación das ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. Acceso e admisión ás ensinanzas universitarias oficias de grao nas universidades públicas. Características, deseño e contido da avaliación do bacharelato para o acceso á universidade.

7. Estatuto do estudantado universitario. Réxime da avaliación do rendemento académico do estudantado e da revisión de cualificacións na USC. A Normativa de permanencia na USC. Transferencia e recoñecemento de créditos.

8. A expedición de títulos. O suplemento europeo ao título (SET). A homologación e validación de títulos estranxeiros de educación superior.

9. A avaliación e a acreditación dos centros e das universidades. A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG). O ciclo de verificación, seguimento, modificación e acreditación dos títulos universitarios oficiais.

10. Os intercambios interuniversitarios de estudantes. O Servizo español para a internacionalización da educación (SEPIE). O Regulamento de intercambios interuniversitarios de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela.

Bloque VI. Xestión da investigación.

1. A Lei da ciencia a tecnoloxía e a innovación: obxecto e obxectivos xerais. O fomento e coordinación da investigación científica e técnica na Administración xeral do Estado.

2. Regulamento da Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades de investigación ao abeiro do establecido no artigo 83 da Lei 6/2001, de universidades.

3. O Regulamento de funcionamento do catálogo de investigadores e grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela.

4. Regulamento de protección, explotación e participación de resultados de investigación xerados na Universidade de Santiago de Compostela.

5. Espazo Europeo de Investigación. Programa de investigación e innovación da Unión Europea. Horizonte H2020. Estrutura xeral. Mecanismos de participación. Modalidades de financiamento.

6. O Plan estatal de investigación científica, técnica e de innovación.

7. O Plan galego de I+D+i: finalidade, programas e instrumentos.

8. A estratexia HRS4R. A Carta europea do investigador e o código de conduta para a contratación de investigadores.

9. A normativa de creación de empresas de base tecnolóxica, de investigación ou de innovación da USC.

Nota: as referencias normativas deste temario poden verse afectadas polas modificacións que se produzan ata a data do exame, e nese caso entenderanse referidas á lexislación en vigor.