Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 27 de abril de 2020 Páx. 18734

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2020 pola que se ordena a publicación do Acordo do Pleno do Consello de Contas de Galicia, do 6 de marzo de 2020, polo que se convoca o I Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz.

Dando cumprimento ao disposto na base 2 do Acordo do Pleno do 23 de setembro de 2019 polo que se crea o Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz e se establecen as bases reguladoras para a súa concesión (DOG núm. 215, do 12 de novembro),

RESOLVO:

Ordenar a publicación do Acordo do Pleno do Consello de Contas de Galicia, do 6 de marzo de 2020, polo que se convoca o I Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz, como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2020

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

Acordo do Pleno do Consello de Contas de Galicia, do 6 de marzo de 2020, polo que se convoca o I Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz

O Consello de Contas de Galicia como órgano de control externo con competencias en materia de prevención da corrupción ten grande interese en promover a investigación en materias relacionadas con esta competencia e en coñecer aquelas iniciativas de carácter científico que poidan contribuír á análise dos temas propios das súas funcións de colaborar coas administracións públicas na implantación de sistemas de prevención e de manuais de xestión de riscos de corrupción; de comprobar os sistemas de prevención que se poñan en marcha; de asesorar sobre os instrumentos normativos máis axeitados para previr a corrupción, e de fomentar na sociedade civil e, particularmente, no ámbito empresarial a transparencia e o comportamento ético nas súas relacións co sector público.

Unha das formas de contribuír a este obxectivo consiste en empregar instrumentos que incentiven a elaboración de traballos relacionados coa prevención da corrupción no sector público, nas súas diversas vertentes, como son os premios de investigación.

O Pleno do Consello de Contas de Galicia, en sesión celebrada o 23 de setembro de 2019, creou o Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz, para promover a investigación en materias relacionadas coa prevención da corrupción nas administracións publicas e aprobou as bases reguladoras para a súa concesión, que foron obxecto de publicación mediante Resolución do conselleiro maior, do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 215, do 12 de novembro).

En virtude do disposto na base 2, o Pleno do Consello de Contas de Galicia, na súa sesión do 6 de marzo de 2020, acorda a convocatoria do premio correspondente á edición de 2020, que se rexerá polas seguintes disposicións:

Primeira. Convocatoria.

Convócase o I Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz correspondente á edición de 2020, de acordo coa base 2 do Acordo do Pleno do Consello de Contas, do 23 de setembro de 2019, polo que se crea o Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz e se establecen as bases reguladoras para a súa concesión, publicado mediante Resolución do conselleiro maior, do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 215, do 12 de novembro).

Segunda. Requisitos e procedemento

Os requisitos e procedemento de concesión do premio serán os recollidos no Acordo do Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019 no cal se establecen as bases reguladoras para a súa concesión.

Terceira. Participantes

De acordo coa base 4 do Acordo do Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019, poderán concorrer ao premio os autores ou coautores de traballos de investigación, que teñan o seu domicilio en calquera dos Estados membros da Unión Europea, que poderán ter a condición de persoa física ou grupo de investigación, composto por persoas físicas, baixo a coordinación dun dos seus integrantes, que actuará como representante do grupo e responsable do traballo para os efectos oportunos.

Non poderán concorrer ao premio:

a) Aquelas persoas que tivesen a condición de membro ou persoal do Consello de Contas de Galicia nos dous anos anteriores á convocatoria do premio.

b) Aquelas persoas que obtivesen o primeiro premio nas dúas edicións anteriores á convocatoria do premio.

c) Aquelas persoas que formasen parte do xurado nas dúas edicións anteriores á convocatoria do premio.

Cuarta. Prazo de presentación

En cumprimento da base 5 do Acordo do Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019, establécese que o prazo de presentación das solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de outubro de 2020.

Quinta. Designación do xurado

De conformidade co disposto na base 9 do Acordo do Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019 e en cumprimento do acordo do Pleno do Consello de Contas do 6 de marzo de 2020, o xurado estará composto por:

Presidente: José Antonio Redondo López

Vogais:

– Antonio Arias Rodríguez

– María Concepción Campos Acuña

– María Inmaculada Valeije Álvarez

Secretario: Ulpiano Leandro Villanueva Rodríguez

Sexta. Prazo da decisión do xurado

De conformidade co establecido na base 11 do Acordo do Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019, o prazo para a emisión da decisión do xurado finalizará o 30 de novembro de 2020.

Sétimo. Dotación económica

A dotación económica do I Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz é de 4.500 euros, distribuídos da seguinte forma:

a) Primeiro premio: 3.000 euros.

b) Segundo premio: 1.500 euros.

c) Accésits: no caso de ser declarados desertos o primeiro e segundo premios, poderanse conceder ata tres accésits de 1.000 euros cada un.

A dita contía imputarase á partida orzamentaria 02.01.111C.481.01 do orzamento do Consello de Contas para o exercicio 2020.

Oitava. Modelo de solicitude e impreso de participación

Publícanse o modelo de solicitude e o impreso de participación que figuran como anexos I e II do Acordo do Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019.

Novena. Entrada en vigor

A presente convocatoria entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO I

Modelo solicitude

Solicitude de participación no I Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz

En virtude do recollido nas bases reguladoras do Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz aprobadas polo Pleno do Consello de Contas na súa sesión do 23 de setembro de 2019 e publicadas mediante a Resolución do conselleiro maior, do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 215, do 12 de novembro), e de acordo coa Resolución do conselleiro maior pola que se publica a convocatoria do I Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz, aprobada polo Pleno do Consello de Contas na súa sesión do 6 de marzo de 2020, e tendo en conta que a participación nela non debe conter ningún elemento que permita identificar o/a autor/a ou autores/as dos traballos,

SOLICÍTASE:

Que o traballo titulado.................................................................................................................................. presentado baixo o pseudónimo de ..............................................................................., sexa admitido a concorrencia no I Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz.

Xúntase a seguinte documentación:

– Un exemplar do traballo en formato papel (se non se presenta en formato dixital).

– O resumo do traballo en formato papel (se non se presenta en formato dixital).

– Soporte dixital que contén o traballo e o resumo.

– Un sobre cerrado que contén o anexo II, copia compulsada do DNI ou equivalente que acredita a identidade.

� PRESTO O MEU CONSENTIMENTO para o tratameno dos meus datos de carácter persoal cos efectos previstos a continuación.

– Os datos de carácter persoal que consten na solicitude de participación no premio serán tratados polo Consello de Contas de Galicia coa finalidade de xestión e resolución da convocatoria, debido ao seu interese público.

– Os datos de carácter persoal serán conservados durante a tramitación do procedemento de concesión do premio e das reclamacións que se poidan formular, sendo de aplicación a normativa de arquivo e xestión documental da Comunidade Autónoma de Galicia. Os datos dos que resultaran premiados nas modalidades que leven de seu unha prestación económica conservaranse de acordo co disposto na normativa tributaria estatal e autonómica.

–Os datos de carácter persoal dos premiados poderán publicarse na páxina web do Consello de Contas e, se for o caso, nas redes sociais e nos medios de comunicación.

– Os participantes na convocatoria do premio poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos seus datos, de limitación e oposición ao seu tratamento, e a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos, cando proceda, ante o Consello de Contas de Galicia, rúa Domingo Fontán, 7, 15702 Santiago de Compostela, ou no enderezo electrónico dpd@ccontasgalicia.es

Conselleiro maior

Consello de Contas de Galicia

Rúa Domingo Fontán, 7

15702 Santiago de Compostela

ANEXO II

Impreso de participación

A) Solicitude de participación no I Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz.

A.1. Datos do traballo.

Título

Pseudónimo

A.2. Datos da persoa autora ou, se for o caso, responsable do grupo investigador.

Apelidos e nome

NIF/pasaporte

Enderezo

Concello

Provincia

País

Código postal

Teléfono

Enderezo electrónico

A.3. Exclusivamente para o caso de que se trate dun grupo investigador, sen personalidade xurídica propia, especificar os datos dos seus compoñentes, incluído/a o seu responsable indicado no punto A.2.

Apelidos e nome ou razón social

NIF/pasaporte

% Premio que se aplicará (1)

A.4. Exclusivamente para cando a persoa autora ou responsable sexa persoa física.

Profesión

Organismo/empresa

Posto de traballo

(1) Especificar a porcentaxe do premio que se vai aplicar a cada un dos membros do grupo investigador.

B) Autorizacións e solicitude.

B.1. Autorización expresa de comunicación telemática.

� AUTORIZA, como medio de comunicación preferente, o enderezo de correo electrónico

B.2. Documentación non achegada por atoparse en poder do Consello de Contas de Galicia con anterioridade a esta solicitude (cubrir só no caso de que proceda).

Descrición do documento

Descrición do procedemento onde se participaba

Data de
presentación

B.3. Declaración, lugar, data e sinatura.

O(s)/a(s) que asinan abaixo (2) en calidade de (3)................................................ realiza/n declaración responsable de que son certos cantos datos figuran na presente solicitude, de que o traballo presentado é orixinal, non foi premiado con anterioridade á publicación da convocatoria e non se atopa publicado nin se publicará ata que non se coñeza a resolución de concesión do premio mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, acepta/n na súa totalidade as bases reguladoras e, se for o caso, autoriza/n a Secretaría Xeral do Consello de Contas de Galicia para solicitar os documentos non presentados e relacionados no punto B2 deste impreso. Finalmente, se o traballo resulta premiado, comprométese a achegar a documentación que corresponda descrita na base 6.3.

En ................................................. o .......... de ................................... de ............

Asinado: .........................................................................

(2) No caso de ser un grupo de investigación, deberan asinar todos os seus membros.

(3) A/s persoa/s autora/s ou representante legal.

B.4. Autorización expresa para publicación e difusión dos traballos premiados.

� AUTORIZA a publicación e difusión polo Consello de Contas dos traballos premiados