CONSELLERÍA DE FACENDA
Biografía do conselleiro

Biografía do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez García

  • whatsapp
...
Valeriano Martínez García, conselleiro de Facenda

Valeriano Martínez García naceu en Aldán, Cangas, en 1961. É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración. Desde 1985 é funcionario do corpo superior de administración xeral da Consellería de Economía e Facenda.

Ata a data exercía como secretario xeral da Presidencia da Xunta de Galicia. Anteriormente, entre outras responsabilidades, foi director xeral de Recursos Humanos do Sergas, director xeral de Transporte e auditor do Consello de Contas de Galicia.