Xunta de Galicia

Autorizacións do exercicio de actividade privada ao cesamento de altos cargos

O artigo 45 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, regula as limitacións ao exercicio de actividades posteriores ao cesamento dos altos cargos.

Durante os dous anos seguintes á data do seu cesamento, os altos cargos deberán efectuar, ante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, declaración sobre as actividades que vaian realizar, con carácter previo ao seu inicio.

As resolucións que recoñezan a compatibilidade con actividade privada serán publicadas no Portal de transparencia e Goberno aberto.

En cumprimento do artigo 10.n) e do artigo 45 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno publícanse as resolucións de autorización do exercicio de actividade privada logo do cesamento dos altos cargos.

 

Data de actualización: 6/2/2017
Frecuencia de actualización: continua